"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

    1. Relativo ou pertencente a Bordeos ou aos seus habitantes.

    2. Habitante ou natural de Bordeos.

    3. Raza bovina, considerada variedade da raza irlandesa, e, como esta, concavilínea, eumétrica e lonxilínea; ten o pelame branco manchado de negro. As vacas son boas leiteiras.

    4. Barrica de capacidade para dezasete cabazos, comprendida entre 200 e 240 litros (xeralmente de 225).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cabalgadura que se engade para subir unha costa ou similar.

    2. Situación que resulta insultante para quen a padece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana de produtos alimentarios e químicos fundada no ano 1899 en Flemington (Nova Jersey), sucesora das empresas de Gail Borden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial. En 1856 presentou as patentes do leite condensado (por concentración parcial e adición de azucre), e en 1858 puxo en funcionamento con éxito a primeira fábrica deste produto. Fundou unha industria de produtos alimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Gironde, na Gascoña, Francia, á beira do río Garonne (213.274 h; 1.009.271 h na aglomeración urbana [1990]). Está baixo un dominio climático oceánico continental, cunha temperatura media anual de 13,6°C e unha grande amplitude térmica (a temperatura media do mes de xaneiro está nos -7°C, mentres que no mes de xullo acada os 34,8°C). En canto aos rexistros de precipitacións, chégase aos 944 mm de media anual, sendo 164 o número de xornadas de chuvia. Centro industrial e comercial, posúe refinerías de petróleo, aceite e azucre, industria metalúrxica e química. O porto, un dos máis importantes de Francia, situado no esteiro do Garonne importa carbón, fosfatos, madeiras tropicais e nórdicas, aceite e azucre, e exporta produtos manufacturados e viños. Co nome xenérico Bordeos coñécense os diversos viños producidos nesta área vitivinícola que é a máis influente e unha das máis prestixiosas do mundo e berce dos tipos de uva tintos máis exitosos e apreciados na actualidade:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Escocia, Gran Bretaña (4 670.km2; 102.600 h [1991]). A capital é Newton St. Boswells (1.086 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción norteamericana realizada en 1935 e dirixida por Archie Mayo. Foi interpretada por Paul Muni, Bette Davis, Eugene Pallette e Margaret Lindsay. Unha muller namorada dun empregado do seu marido, asasina a este. Xulgada polo delito, a súa demencia queda reflectida perante o tribunal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Broncista francés. Viviu en Santiago de Compostela, na parroquia da Corticela. Realizou en 1659 as portas laterais da catedral de Ourense, por encargo do seu cabido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e prehistoriador francés. Profesor de Prehistoria na Universidade de Bordeos e director de Antigüidades Prehistóricas da circunscrición bordelesa. Foi un defensor do método científico en Arqueoloxía e creou a tipoloxía empírica, baseada nas técnicas de talla, para clasificar as industrias líticas do Paleolítico inferior e medio. Escavou nos xacementos de La Micoque, Laugerie Haute e Pech de l’Azè. Publicou, entre outras obras, Limons quaternairies du bassin de la Seine (Limos cuaternarios da conca do Sena, 1953), Typologie du Paléolithique ancien et moyen (Tipoloxia do Paleolítico antigo e moderno, 1961) e Le Paléolithique dans le monde (O Paleolítico no mundo, 1968). Escribiu tamén obras de ciencia ficción baixo o pseudónimo de Francis Carsac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e microbiólogo belga. Discípulo de Metchnikoff en París, foi iniciador e director, durante corenta anos, do Instituto Pasteur de Bruxelas e profesor de Bacterioloxía na Universidade de Bruxelas (1907-1935). É o autor de traballos básicos sobre a inmunidade e as hemólises bacterianas, e dunha descrición dos bacilos causantes da difteria das aves de curral e da tose ferina humana (Bordetella pertussis), xunto con Octave Gengou no 1909. Descubriu a reacción de fixación de complemento. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía no ano 1919. Entre as súas obras destaca Traité de l’immunité dans les maladies infectieuses (Tratado sobre a inmunidade nas enfermidades infecciosas, 1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cocobacilos hemolíticos e Gram-negativos da familia das bruceláceas. As bacterias deste xénero son parasitas e patóxenas para diversos animais, incluso para o ser humano. A B. pertussis é o axente causante da tose ferina e foi descuberta conxuntamente por J. Bordet e O. Gengou no 1909.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Foi o definidor máis brillante do vitalismo da escola de Montpellier, onde exerceu como profesor. É autor de Recherches anatomiques sur la position des glandes et leur action (Investigacións anatómicas sobre a posición das glándulas e o seu funcionamento, 1752).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Líder da á esquerda do Partido Socialista italiano. Malia polemizar con Antonio Gramsci e cos outros teóricos de l’Ordine Nuovo, aliouse con el para conseguir a escisión de Livorno (1919) e a fundación do Partido Comunista italiano, onde desempeñou o cargo de primeiro secretario (1921-1923). En 1930, acusado de trotskista, foi expulsado do partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta dinamarqués. Postumamente, publicóuselle Poëtiske Skrifter (1735).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liñaxe natural de Sarria. As súas armas levan, en campo de sinople, un bordo entre leiras.

    2. Extremo onde remata un obxecto.

    3. Costado dun barco, dende a auga ata a borda.

      1. Liña que delimita o contorno dos útiles líticos sobre soporte natural ou dos produtos da talla retocados (lámina ou lasca).

      2. bordo abatido

        Bordo dunha industria lítica de sílex modificado por retoque abrupto, de tal xeito que o seu gume queda cegado. Pode atoparse en lascas (coitelos de dorso), láminas (gravettes) ou laminiñas (laminiñas de dorso).

      1. Liña pechada que delimita unha figura, signo ou imaxe na súa representación gráfica nun ordenador. Habitualmente, as súas características poden ser modificadas, por exemplo ampliando ou diminuíndo o seu grosor, cambiándolle de cor ou facéndoo discontinuo.

      2. bordo suave

        Nunha imaxe gráfica, un límite entre dúas zonas que é difuso e algo borroso.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extremo onde remata un obxecto.

    2. Costado dun barco, dende a auga ata a borda.

      1. Liña que delimita o contorno dos útiles líticos sobre soporte natural ou dos produtos da talla retocados (lámina ou lasca).

      2. bordo abatido

        Bordo dunha industria lítica de sílex modificado por retoque abrupto, de tal xeito que o seu gume queda cegado. Pode atoparse en lascas (coitelos de dorso), láminas (gravettes) ou laminiñas (laminiñas de dorso).

      1. Liña pechada que delimita unha figura, signo ou imaxe na súa representación gráfica nun ordenador. Habitualmente, as súas características poden ser modificadas, por exemplo ampliando ou diminuíndo o seu grosor, cambiándolle de cor ou facéndoo discontinuo.

      2. bordo suave

        Nunha imaxe gráfica, un límite entre dúas zonas que é difuso e algo borroso.

      1. Peza fundamental que bordea o campo do escudo, tendo de anchura a sexta parte do mesmo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe natural de Sarria. As súas armas levan, en campo de sinople, un bordo entre leiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un ou diversos bordóns.

    2. Peza, xeralmente a cruz, na que as súas extremidades rematan en forma de bordón de peregrino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bastón ou caxata de peregrino, de forma cilíndrica, que lle serve de apoio mentres camiña. Posúe unha altura superior á dunha persoa e componse de dous ornamentos: o primeiro, sobre os tres cuartos da vara, a xeito de traveseiro e o segundo no extremo superior, a xeito de pomo.

      1. Apéndice estrófico que se engade en ocasións á seguidilla, que pasa a denominarse seguidilla composta. Componse de tres versos: o primeiro e o terceiro pentasílabos con rima asonante e o segundo heptasílabo sen rima.

      2. Retrouso que se repite nunha canción ou nunha composición poética.

    2. Corda da zanfona que emite unha nota sostida e moi grave, que fai ás veces de ronco da gaita. Está feita de tripa, cunha cobertura metálica que se recobre de algodón na parte na que a corda friciona na roda, que á súa vez debe estar impregnada de resina. Na zanfona o bordón emite a nota da tonalidade dominante.

    3. Moldura semicircular e convexa.

    VER O DETALLE DO TERMO