"EAT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 257.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral italiana fundada polo director Giorgio Strehler e por Paolo Grassi en 1947. Os seus espectáculos comprenden unha ampla panorámica da dramaturxia mundial, case sempre baixo a dirección de Strehler, pero tamén de Costa, Enríquez, Lodovici, Eduardo de Filippo, Jacobbi, Chéreau, D’Amato, Vitez e Damiani.
-
PERSOEIRO
Escritora inglesa. Comezou de moi nova a se interesar polos animais que, humanizados, protagonizaron máis tarde as súas narracións para rapaces. Das súas obras, en que mestura humor e fantasía nunha prosa sinxela, destacan The Tale of Peter Rabbit (1900) e The Tailor of Gloucester (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en 1994 por Miguel Borines Fernández e Eduardo A. Rodríguez Cunha. Representaron Macbett (1994), de E. Ionesco, Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995), espectáculo de marionetas, e Sempre Ubú (1996), de J. Jarry.
-
PERSOEIRO
Historiadora da arte estadounidense. Estudou a arte española do Renacemento e o Barroco e a escultura moderna estadounidense. Conservadora de escultura de The Hispanic Society of America de Nova York, catalogou e publicou os seus fondos. Foi académica correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1972) e da Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría (Sevilla). Escribiu Gregorio Fernández (1920), Escultura castellana, Del gótico al Renacimiento (1951), e Juan Martínez Montañés (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio anual que convoca a Deputación da Coruña desde 1991, coa intención de incentivar a creatividade no ámbito do teatro, en lembranza do autor rianxeiro, para autores que presenten obras inéditas e non premiadas, escritas en lingua galega. Dos galardoados, cómpre salientar Roberto Vidal Bolaño, con Doentes (1997) e Días sen gloria (1992); Xavier Lama, con O serodio remordemento do amor (1995); e Gustavo Pernas Cora, con Footing (2001).
-
-
Corda ou cordel con que se ata unha carga á besta que a vai levar.
-
Fileira de cabalos, mulas ou burros unidos mediante rendas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obriga moral a cumprir a pena que corresponde a un pecado, falta ou delito, incluso despois de perdoado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que recrea ou serve para recrear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Circo de Artesanos Asociación fundada na Coruña en 1847 baixo a presidencia de Xurxo Yáñez. Desenvolveu a actividade cultural e política da cidade e constituíu un centro de reunión básico para o pulo dos acontecementos sociais. Destaca a súa biblioteca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Cangas a partir de 1985. Editada pola Asociación Cultural “Entre Bambalinas”, foi dirixida por Antón Lamapereira. De carácter informativo e centrada no mundo teatral, a revista formou parte da Rede de Publicacións do Instituto Internacional do Teatro do Mediterráneo. Incluíu historia do teatro, notas sobre festivais e premios, e reflexións sobre o teatro afeccionado noutros países. A partir do número 6, en setembro de 1989 comezou unha segunda época e, co número 22 pasou de semestral a saír cada tres meses, aínda que con certa irregularidade.
-
GALICIA
Pintora. Formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1963-1968) e graduouse en Artes Aplicadas. A súa produción artística estivo marcada pola preocupación polos problemas da sociedade actual e en determinados momentos realizou unha pintura de compromiso e denuncia social. Traballou os grandes formatos con composicións realizadas a partir de grandes manchas de cor e trazos marcados. O seu estilo inscribiuse dentro da nova figuración e a súa temática neofigurativa reduciuse practicamente á representación de torsos de homes e mulleres. Posteriormente preocupouse polas texturas e os materiais e someteu as figuras humanas a unha maior xeometría. Relizou, entre outras obras, a serie de gravados O Metro (1968) e as obras Labregos (estampa popular galega) (1969), O Orzán (1971), Adán (1985), Crusoe (1997) e Dama de Elche (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido ricinoleico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en Ourense en 1979. Dirixida por M. Vidal, realizou diversos recitais poéticos dedicados a Celso E. Ferreiro, E. Blanco Amor e F. M. Delgado Gurriarán, ademais de distintos espectáculos, como Os baralláns (1980), de Blanco Amor; Hércules e o estábulo de Auxias (1985), de F. Dürrenmatt; e O saco das noces (1985) de A. M. Pires.
-
PERSOEIRO
Tenista. Iniciouse no tenis desde moi nova. Gañou diversos certames deportivos, como o Másters (1988 e 1994) e o Open de EE UU (1990) e a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988). En 1996 retirouse do tenis profesional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro de Nápoles, fundado por Carlos VI de Nápoles (Carlos III de España) en 1737. Incendiado en 1816, foi reconstruído posteriormente. Ten capacidade para preto de 3.000 persoas.
-
GALICIA
Actriz e guionista. Titulada en realización pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, escribiu o guión da curtametraxe de Jorge Coira, A ti como se che di adeus? (1998) e o de Antonio, Jorge y Luis (1998), dirixida por ela mesma. Ten traballado como actriz en diversas series de televisión, como Hermanos de leche e Compañeros, de Antena 3 TV, e, de Telecinco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro profesional ourensá fundada e dirixida desde 1980 por Ánxeles Cuña. Das súas representacións destacan Cama para dous (1995), A esmorga (1996; Premio María Casares 1997 ao mellor actor secundario), Afección (1997), Tics (Premio Mejor Dirección FETEN, 1998; Premio M. Casares 1999 ao mellor actor, escenografía, vestiario e maquillaxe), Os soños de Caín (1999), O lapis do carpinteiro (2000; Premio Mª Casares 2001 ao mellor actor principal, dirección, adaptación, escenografía, iluminación, vestiario, maquillaxe e espectáculo), A illa amarela (2001), Sexismunda (2001; Premio M. Casares 2002 á mellor actriz protagonista, actor secundario, adaptación, iluminación e maquillaxe), A conxura dos necios (2002; Premio M. Casares ao mellor actor secundario e maquillaxe), Así que pasen cinco anos (Premio M. Casares 2004 á mellor dirección, actor secundario, escenografía, vestiario, adaptación e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro de Milán, obra de Giuseppe Piermarini, construído en 1778, tras o incendio do Teatro Ducale de 1776, no lugar da antiga igrexa de Santa Maria alla Scala (s XIV), de onde deriva o seu nome. Inaugurado con Europa riconosciuta, de Salieri, converteuse deseguida no teatro de ópera máis importante de Italia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa dedicada á fabricación de automóbiles de turismo promovida polo Instituto Nacional de Industria (INI) en 1949 e fundada en 1950 co nome de Sociedad Española de Automóviles de Turismo SA, coa participación de FIAT e seis bancos nacionais. En crise a partir de 1978, en 1980 o INI asumiu o control total e puxo en marcha un plan de salvamento. En 1982 asinouse un acordo de cooperación con Volkswagen e en 1986 vendeulle o 51% do capital a Volkswagen, que comezou en 1993 un drástico plan de reconversión e reestruturación industrial. En 1999 Volkswagen ampliou o seu capital ao 99,99% do total e a empresa pasou a denominarse SEAT, S.A. En 2002, dentro da nova organización do Grupo Volkswagen, integrouse no Grupo de Marcas de Audi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización do Tratado do Sueste Asiático