"Gad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 472.

  • Que ou quen divulga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa ou cousa que draga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa española de construción fundada en Madrid no ano 1941 por Joaquín Reig Rodríguez e José Junquera. Pertence ao grupo bancario Santander Central Hispano. En principio constituíuse para construír portos e outras obras civís (estradas, presas, aeroportos), e no 1946 entrou no sector da edificación, sobre todo de vivendas e hospitais. Unha parte importante da súa obra realizouse no estranxeiro, especialmente en América Latina, Portugal e Oriente Medio. Formou parte do Grupo Dragados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adición a algunha droga. Esta relación establécese polo uso repetido que o suxeito fai da droga, e pode darse tanto con substancias que gozan dun mercado legal como con outras en que o comercio e a circulación son ilegais. Este consumo abusivo provoca unha serie de cambios no metabolismo e na actividade do cerebro do suxeito, que sente o impulso irresistible de seguir consumindo droga. A dependencia pode ser física, relacionada cos efectos fisiolóxicos da droga; psíquica, relacionada coa actividade de procura da substancia en cuestión para producir pracer; física e psíquica á vez. Adoita ir asociada ao fenómeno da tolerancia, que é a necesidade de consumir cantidades cada vez maiores de droga para obter o mesmo efecto. A falta de administración da droga produce a denominada síndrome de abstinencia. A drogadición, referida sobre todo a drogas ilegais de administración endovenosa, como a heroína, comezou a ser un problema no mundo occidental a finais dos anos cincuenta e comezos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é adicto ou necesita consumir de xeito habitual algunha droga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de drogar.

    2. Acción de drogar ou drogarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, fillo de Xoán Xacobe Durán Loriga. Na Coruña realizou o Palacio de Facenda e o Banco de España. Foi conservador do Palacio Real de Madrid e realizou traballos de investigación sobre os pazos. Colaborou no Anuario Brigantino e no Boletín da Real Academia Galega. Destacan entre os seus artigos “Unos planos inéditos do arquitecto Lois Monteagudo” (1932) e “Los jardines del Pazo de Mariñán” (1949). Escribiu, entre outras obras, Exposición de proyectos no realizados relativos al Palacio de Oriente y sus jardines (1935) e La real abadía de San Julián de Samos: estudio histórico-arqueológico (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illas do Mar Mediterráneo, situadas diante da costa occidental de Sicilia, Italia (4.700 h [1980]). As máis grandes son as de Favignana, Marettimo e Levanzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen embarga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de embriagar ou embriagarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que embriaga, especialmente perfumes ou esencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de empregar ou empregarse.

    2. Traballador a soldo nun servizo público ou administrativo, no comercio ou noutras ocupacións que sexan consideradas como non obreiras. O termo introduciuse para diferenciar os traballadores manuais e os industriais (chamados obreiros) dos que non o son, e equivale á expresión inglesa white collar (‘colo branco’), que alude á vestimenta que adoitaba diferenciar os outros asalariados dos obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oasis da ribeira occidental do Mar Morto, en pleno deserto de Xudea. Os seus palmeirais e as súas viñas son loadas na Biblia, sobre todo no Cántico dos Cantares. Os seus arredores foron pródigos en restos arqueolóxicos e manuscritos. Son famosas, sobre todo, as covas de Qumrān e as construcións dos esenios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio formado por unha cunca, xeralmente de madeira, e un mango longo, que se emprega para regar as hortas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de encabalgar.

    2. Aplícase ao verso que continúa o sentido do verso anterior cando se produce un encabalgamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de encargar ou encargarse.

    2. Aplícase á persoa ou á cousa que ten algo como misión.

    3. Persoa que ten ao seu cargo un negocio en representación do dono.

    4. Axente diplomático inferior ao embaixador, ao ministro plenipotenciario e ao ministro residente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo comunal que se engade a un monte de propiedade particular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer o engado para pescar.

    2. Atraer con engados a alguén para manexalo a vontade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de engadir.

    2. Elemento que se engade para completar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO