"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

    1. Que amosa complicidade.

      1. Persoa que auxilia o delito que van perpetrar outros, aos que axuda con actos de preparación ou simultáneos, pero sen tomar parte directa nin necesaria na execución do mesmo.

      2. Quen participa nalgunha cousa sen actuar directamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Líder do grupo progresista do partido conservador, opúxose ao restablecemento das relacións cos EE UU e ao recoñecemento de Panamá. Como presidente da República (1914-1918), sostivo a neutralidade de Colombia durante a Primeira Guerra Mundial e resolveu as antigas disputas fronteirizas con Ecuador (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antiga Conimbriga.

    2. Natural ou habitante da antiga cidade de Conimbriga.

    3. Aplícase a cada un dos cursos (Cursus philosophicus conimbricensis ou Cursus conimbricensis) que impartiron os mestres de filosofía da Compañía de Xesús na Universidade de Coimbra a partir de 1555. Inspirados nas ensinanzas de Pedro Fonseca, elaboraron comentarios á obra de Aristóteles, relativos sobre todo á física e, en menor medida, á moral, pois a metafísica xa se consideraba explicada nos estudios de Fonseca. O curso consta de oito volumes publicados entre 1591 e 1607 que, en moitos casos, inclúen o texto grego e a súa tradución ao latín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral fundada en 1981. A partir de 1986 comezou unha nova andaina da man da súa directora Margarita Guerra e tivo como principal obxectivo a mellora da técnica vocal. O seu repertorio abrangue máis de duascentas obras de polifonía profana e relixiosa, coros de ópera e zarzuela, folclore e cantigas galegas. Pertencente á Federación Coral Galega (FECOGA), participou nas programacións culturais do Concello de Vilagarcía, da Deputación Provincial de Pontevedra, de FECOGA e da Federación de Círculos y Casinos de Galicia, e ofreceu concertos en toda Galicia. Obtivo o primeiro Premio do I Certame Coral de Noia (1989) e o Premio de Interpretación da I Mostra de Panxoliñas Xacobeo ‘93. Participou en varias edicións do Festival de Ópera da Coruña, interpretando coros de óperas (Marina, La Traviata, Fausto, etc) da autoría de, entre outros, Donizetti, Arrieta, Verdi, Massenet, Gounod e Pucini, acompañada da Sinfónica de Galicia e da Orquestra do Norte de Portugal,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e cosmógrafo veneciano. Franciscano, en 1685 foi nomeado en Venecia cosmógrafo da República e fundou a sociedade xeográfica Accademia degli Argonauti. En Francia construíu para Luís XIV dous grandes globos que aínda se conservan na biblioteca de París. As súas obras principais son Atlante Veneto (1690), unha enciclopedia inacabada que titulou Biblioteca universale sacro-profana (1709), Corso geografico (1649) e Cronologia universale (1707).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cortiza das árbores ou aos seus derivados.

    2. sobreira.

    3. Madeira da sobreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela da catedral de Santiago de Compostela. Orixinariamente foi un mosteiro fundado polo bispo Sisnando en honor de santo Estevo, confirmado por Ordoño II (912). As posesións do mosteiro estendéronse ata o lugar de Pinario e no s X a advocación cambiou pola de san Martiño. Trala razzia de Almanzor, o arcebispo Pedro de Mezonzo reconstruíu o cenobio e levantouse unha igrexa de tipo asturiano, de planta basilical, con tres naves e unha gran capela rectangular á que posteriormente se lle engadiron outras dúas de distintas proporcións. As naves laterais tiñan un peche recto e tres tramos separados por piares rectangulares. A finais do s XI, ao construírse a catedral románica, os tramos máis occidentais das naves suprimíronse para edificar a capela de San Nicolao no transepto catedralicio. No s XIII, en época do arcebispo Xoán Arias, sufriu unha nova remodelación que lle outorgou o seu aspecto actual: os piares que separaban as naves substituíronse por columnas con capiteis vexetais que recordan...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cricétidos.

    2. Mamífero da familia dos cricétidos.

    3. Familia de mamíferos roedores á que pertecen os hámsters e os lémmings.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de roedores ao que pertencen algúns hámsters.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de roedores ao que pertencen algúns hámsters.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás criptofíceas.

    2. Alga da clase das criptofíceas.

    3. Pequena clase, a única da división das criptófitas, de algas unicelulares biflaxeladas, de simetría dorsiventral, sen parede celular, tanto mariñas como de auga doce, que aparecen principalmente no plancto durante a primavera en augas con materia orgánica. Poden vivir en simbiose con radiolarios e coralarios, formando zooxantelas. O xénero característico é Cryptomonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás crisofíceas.

    2. Alga da clase das crisofíceas.

    3. Clase de algas da división das crisófitas, constituída por individuos unicelulares ou pluricelulares de células cun ou dous plastos parietais, dunha cor amarela dourada pola abundancia de xantofilas (sobre todo ficoxantina). Polo xeral son flaxeladas e a miúdo poden formar quistes de natureza silícica. A maioría viven en augas doces non contaminadas, pero algunhas son estritamente mariñas e forman parte do nanoplancto. Engloba unha ducia de ordes, entre as que destacan as das ditiotais, cromulinais, ocromonadais e faeotamnionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten catro cabezas ou puntas.

    2. Músculo situado no plano anterior da coxa constituído por catro feixes musculares: o recto anterior, o vasto externo, o vasto interno e o crural. Estende a perna e flexiona a coxa sobre a pelve e a pelve sobre a coxa. OBS: Tamén se denomina cuadríceps crural ou cuadríceps femoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten catro vértices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ribadeo construída entre os ss XVII e XVIII sobre un castro. Consta de tres naves e unha ábsida, a nave central cóbrese con bóveda de media lúa e as laterais e a ábsida con bóveda de aresta. Cómpre destacar que nas naves laterais a clave está descentrada. A cada lado da ábsida sitúanse dúas sancristías datadas, segundo as inscricións das portas, en 1795 a dereita e en 1782 a esquerda. No interior destacan dous retablos barrocos do s XVIII, un deles cunha imaxe de Cristo de brazos articulados. No exterior, cómpre salientar a fachada principal cun pórtico aberto con tres entradas e espadana dun só corpo con dous vans (1794). Nunha esquina sitúase unha torre cun reloxo de sol de 1795.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos nomeidos ao que pertence o robín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no lugar de Vilasantar, en Curtis. De orixe románica (ss XII-XIII), só se conservan os muros laterais da nave onde se abren catro fiestras abucinadas de medio punto. No interior destaca unha porta rematada nun arco cun lixeiro apuntamento, que cara ao exterior se converte nunha porta alintelada por mor do lucido que cobre o paramento. Os beirís sostéñense por canzorros de proa, de moldura e outros cun cilindro abrazado por elementos xeométricos. No piñón da ábsida hai unha cruz antefixa de entrelazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dacrimicetáceas.

    2. Fungo da familia das dacrimicetáceas.

    3. Familia de fungos á que pertence o xénero Calocera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dacrimicetais.

    2. Fungo da orde das dacrimicetais.

    3. Orde de basidiomicetos de basidiocarpos xelatinosos e basidios unicelulares claviformes. Fórmanse principalmente sobre troncos en descomposición. Os xéneros máis importantes son Dacrymyces, Guepinia e Calocera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. De estilo románico, sufriu diversas reformas nos ss XVI e XIX. Foi doazón de frei Pedro Velasco, abade de Santo Estevo de Ribas de Sil, ao bispo don Miguel e ao seu cabido, segundo as escrituras medievais de 1251 localizadas na catedral de Lugo. Ten planta rectangular e cuberta a dúas augas. No lado S sitúase a capela funeraria dos señores de Maside, cun retablo barroco (s XVIII) de tres fornelas e frontón partido, onde destacan a escultura de santa Ana coa Virxe e o Neno no seu costal dereito, obra de Joaquín Cortiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO