"ILE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
EDTA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido velenoso, lixeiramente viscoso, de sabor doce, soluble en auga e fortemente higroscópico. Obtense por hidrólise do óxido de etileno ou por oxidación catalítica do etileno. Emprégase como líquido anticonxelante, como humectante, na síntese de ésteres e poliésteres e como solvente de pinturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao etileno.
-
-
Gas incoloro e moi inflamable, o máis simple dos hidrocarburos da serie olefínica. Presenta todas as reaccións típicas de adición das olefinas, chamada adición electrofílica, como a haloxenación, a hidrohaloxenación, a hidratación ou a epoxidación, e tamén se polimeriza. Todas estas reaccións constitúen a base da obtención dunha gran variedade de produtos, como, por exemplo, óxido de etileno, estireno, etilbenceno, ácido acético, acetaldehido ou cloruro de vinilo, intermediarios na fabricación de fibras, plásticos, disolventes, deterxentes, aditivos e outra clase de produtos, aínda que a súa principal aplicación é a fabricación de polietileno. Está nos produtos da destilación do carbón e na deshidratación do alcohol, pero industrialmente obtense por un proceso de pirólise, chamado cracking, do gas natural ou das fraccións de destilación lixeira do petróleo. É un dos produtos base máis importantes da industria petroleoquímica. O etileno polimerízase con bastante dificultade,...
-
Éter cíclico do etileno, que constitúe o epóxido máis simple. Obtense industrialmente a partir do etileno por oxidación catalítica en corrente de aire e en presenza de catalizadores a base de prata. O óxido de etileno é un importante produto comercial que se emprega na obtención de anticonxelantes, deterxentes e resinas acrílicas, e tamén como axente fumigante de froita e cereais pola súa actuación contra os fungos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estróxeno semisintético que deriva do estradiol. É unha substancia que se disolve a uns 183°C e que presenta un hemihidrato de punto de fusión 141-146°C. Emprégase en combinación con diferentes proxestáxenos como anticonceptivo, administrado por vía oral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Praza situada en París e formada pola intersección de doce avenidas. No centro sitúase o Arc de Triomphe, que iniciou F. Chalgrin en 1806 pero que non se rematou ata 1836. Trazada no s XVIII por J. R. Perronet, a súa forma definitiva deulla J. Hittorff (1854). Dende 1970 denomínase Place Charles de Gaulle.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Discípulo e sucesor de Euclides de Megara á fronte da escola de Megara, atribúeselle a invención dun certo número de paradoxos da lóxica, entre outros, o do mentireiro, o do cornudo, o do oculto e o do calvo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, fillo de José Ezpeleta Veira de Galdeano. Foi capitán xeneral de Catalunya (1883), gobernador de Cuba (1838-1840), senador e ministro de Mariña (1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Reprodución fiel dun escrito ou dun debuxo por medio de diversos procedementos. Erroneamente, o termo aplicouse ás estampas do s XIX que se obtiñan coa técnica da xilografía; sen embargo, o procedemento manual de realización dun gravado nunca é un facsímile.
-
Imitación, realizada con autorización oficial, dun selo de correos ou calquera outra peza filatélica ou numismática. Para evitar a fraude, débese advertir a súa condición coa impresión da palabra facsímile na reprodución ou confeccionalos cun tamaño distinto ao orixinal.
-
-
-
Procedemento de transmisión a distancia, mediante ondas hertzianas ou liñas telegráficas, de documentos en branco e negro.
-
Documento transmitido por facsímile.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos radicais divalentes isómeros (orto, meta ou para), de fórmula C6H42-, que derivan formalmente do benceno por perda de dous átomos de hidróxeno.
-
GALICIA
Poeta. Exerceu a medicina e foi un dos precursores da poesía en galego. Colaborador en distintas publicacións da época, publicou no xornal El País o poema “Para min non hai consolo” (1858) e foi premiado nos Xogos Florais de Pontevedra en 1861 por “A noite de San Xoán”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista internacional. Formado nos clubs ferroláns do Esteiro e o Arsenal, fichou polo Rácing de Ferrol. Pasou despois ao Real Club Celta de Vigo, no que xogou durante once tempadas. Formou parte da selección española nos Xogos Olímpicos de México 1968, nos que acadou o quinto posto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e enxeñeiro. Foi profesor da Universidade de Turín e da Academia Militar, e dedicouse ao estudo da electrotecnia. Fundou a primeira escola de electrotecnia de Italia (1886), que leva o seu nome. Membro da Accademia delle Scienze de Turín, coñécese polo descubrimento dos campos magnéticos rotativos, de onde deduciu un gran número de aplicacións dos motores eléctricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FEVE.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación galega editada por Feministas Independentes Galegas (FIGA) dende 1983 para cumprir diversos obxectivos: dar visibilidade ás mulleres galegas, ao seu traballo e contribución social, ás facetas artísticas e creadoras, silenciadas nos medios de comunicación e na maioría das publicacións culturais do país; facer unha revista de cultura desde a perspectiva das galegas, pensada, dirixida e elaborada exclusivamente por mulleres; e difundir o pensamento feminista aplicado a múltiples aspectos do coñecemento e da cultura, así como á crítica feminista. Promoveu o movemento poético feminino que se consolidou nos anos 90, fomentou a conciencia da importancia das palabras das mulleres e das achegas inéditas e vangardistas coas que enriquecen o panorama literario, e contribuíu á modificación do canon poético no conxunto da literatura galega. Ademais de beneficiar a creación, tamén alentou a crítica, tanto no referente á análise de obras literararias, plásticas ou cinematográficas, canto ao...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de persoas ou cousas colocadas unha detrás doutra formando unha liña.
-
PERSOEIRO
Humanista italiano. Discípulo de G. Barzizza, ensinou elocuencia en Padova, Vicenza e Venecia. Enfrontado coa familia Medici, refuxiouse na corte de Filipe María Visconti e despois na de Francisco Sforza. En 1481 regresou a Florencia como reitor de grego. Das súas obras destacan Sphortias, Commentationes florentinae de exilio e De morali disciplina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo grego (Φιλέμων) derivado do grego ϕ ιλεω ‘amar’, polo tanto ‘afectuoso, amable’. Filemón e Baucis son protagonistas dunha lenda que se repite en Galicia en diferentes lugares, como tal en Doniños (Ferrol). Eran eles un matrimonio aldeán moi pobre que lle deu acubillo a Zeus e Hermes, disfrazados de viaxeiros e pedindo pousada, dunha vez que andaron pola súa terra. Entón os deuses, incomodados, mandaron un dioivo que asolagou toda a aldea menos a casopa dos que lles deran abeiro. A estes ofrecéronlles o que quixesen e só pediron acabar a súa vellez xuntos. Os deuses transformaron a casa nun templo e a eles nuns carballos ao pé do templo. O tema inspirou a Ovidio nas súas Metamorfoses. En Galicia explícase así a orixe de diferentes lagoas e son Xesús e María os que piden pousada. Filemón foi tamén un cristián a quen san Paulo lle dirixiu unha epístola. Fuxíralle un escravo (Onésimo) e Paulo atopoullo casualmente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epístola de san Paulo, a máis pequena das que se conservan, a un cristián colosense chamado Filemón, que forma parte do Novo Testamento da Biblia. San Paulo escribiuna en cativerio, en Roma ou en Cesarea. Nela informa a Filemón que atopou en Roma a Onésimo, o seu escravo fuxido, e que o bautizou. Conforme á lei romana san Paulo enviouno de regreso co seu amo, pero pediulle a este que o considerara un irmán cristián. Neste texto, a escravitude, un dos fundamentos da estrutura económica do mundo antigo, non se cuestiona de xeito radical, pois impera o respecto á legalidade, aínda que se manifesta a mensaxe de irmandade entre os cristiáns.
-
PERSOEIRO
Político. Xefe das tropas de Lisímaco en Pérgamo e gardián do seu tesouro, aliouse con Seleuco I (282 a C) e, trala morte de ambos (281 a C), consolidou o seu poder baixo a soberanía nominal de Antíoco I. Defendeu Pérgamo fronte aos ataques dos gálatas (278 a C-276 a C) e sucedeuno o seu sobriño Eumenes I.
VER O DETALLE DO TERMO