"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso moderno procedente da seita xiíta do Islam, fundado en Persia en 1844 por Mīrzā ‘Alī Mu ḥ ammad de Šīrāz, que se declarou mensaxeiro de Deus e adoptou o título de Bāb. O babismo defende a teoría da revelación progresiva e predica que ningunha verdade é definitiva. Propón unha espiritualización da relixión, unha condición máis elevada para a muller e outras reformas sociais, como a supresión da poligamia, do concubinato e do comercio de escravos. O Bab predicou a chegada dun enviado máis grande que liberaría á humanidade. O éxito da súa predicación tróuxolle a inimizade dos elementos ortodoxos que o acusaron de intentos revolucionarios. Unha vez executado o fundador (1850), o movemento continuou grazas a un pequeno grupo. En 1863 Mīrzā Ḥ usayn ‘Alī (1817-1892) anunciou que el era o enviado predicido por Bāb. Tomou o nome de Bahā’ Alaāh (“Esplendor de Deus”) e o movemento cambiou o nome de babismo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de François Noël Babeuf que proclama a igualdade política, social e económica de todos os homes: a sociedade debe garantir o dereito que todos os homes teñen a satisfacer as súas necesidades e a gozar dos bens da natureza; os bens teñen que estar postos en común; a terra non é de ninguén; os froitos son de todos; os salarios teñen que ser iguais; o goberno ten que controlar a economía para manter a igualdade, confirmada por unha educación común. Herdeiro do comunismo moralista de Kant, este igualitarismo, sintetizado a finais do s XVIII no Manifesto dos Iguais, de formulación e solucións utópicas, representa non obstante o primeiro intento de converter unha filosofía socialista nunha acción política: o primeiro partido comunista operativo, segundo Marx. Esquecido despois da desaparición do fundador, renaceu como neobabuvismo entre 1830 e 1868 como a última axitación dos xacobinos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso do Islam iniciado por Mīrzā Alī Mu ḥ ammad (babismo) e reformado por Mīrzā Alī Ḥ usayn Nūrī, chamado Baha’ Allah. Á morte de Bahā’ Allāh (1892), sucedeuno o seu fillo ‘Abbās, que tomou o nome de Abd al-Bahā’ (‘servo de Bahā’), que escribiu O plano divino, unha chamada a todos os bahaístas a fin de estender as doutrinas do seu pai. Á súa morte (1921), sucedeuno o seu neto. O bahaísmo cre que a revelación divina é un proceso continuo e progresivo; rexeita o sacerdocio e o rito e eleva á categoría de culto toda obra feita con espírito de servicio; rexeita o ascetismo e a mendicidade relixiosa; prescribe a monogamia e desaconsella o divorcio; ensina a unidade do xénero humano e afirma a igualdade de homes e mulleres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema teolóxico de Michel de Bay.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de Bakunin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado patolóxico caracterizado por movementos repentinos e involuntarios. Está causado por unha lesión da zona encefálica do corpo de Luys.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de expansión dos colonos do Brasil que se basea na organización de bandeiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade criminal realizada por bandas armadas, comandadas por un xefe, contra persoas, propiedades, edificios, vehículos, etc. O bandoleirismo constitúe a expresión do malestar económico e social, a miúdo con implicacións políticas, relixiosas e ata étnicas, motivado fundamentalmente pola miseria dos máis humildes. A súa existencia remóntase á Antigüidade (especialmente ao Baixo Imperio) e reaparece cunha enorme virulencia a fins da Idade Media, sobre todo en Francia e en Alemaña, por causa da crise da sociedade feudal. Pero é entre o 1550 e o 1600 cando tivo lugar un verdadeiro paroxismo deste fenómeno, de xeito simultáneo en todos os países mediterráneos, cristiáns ou musulmáns, especialmente no Principat de Catalunya (iniciado por Moreu Cisteller, rematou co lendario Serrallonga cando a revolta do 1640) en Calabria e na Albania dominada polo imperio otomano. A situación persistiu durante o s XVII en España, en Italia e tamén en Francia, e aínda máis en Alemaña, diminuíndo progresivamente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que profesan os baptistas.
-
-
icio da linguaxe que consiste en pronunciar ou escribir mal as palabras (faltas de ortografía, acentuacións incorrectas, derivacións erróneas, etc), por exemplo, o uso do verbo explosionar (un artefacto) no canto da voz estoupar; ou mesmo pode consistir no emprego dun termo cun significado ou uso que non ten (deformado, inventado, etc), como pode ser a utilización do termo fallo co significado de ‘sentencia’ ou ‘veredito’ dun xurado, etc.
-
Palabra ou expresión tomada ou adaptada dunha lingua estranxeira. Cando o estranxerismo foi asimilado e adaptado ao sistema da lingua, adoita tomar o nome de préstamo lingüístico. O uso do termo barbarismo e a distinción do de préstamo non son claramente satisfactorios dende un punto de vista lingüístico. En calquera caso, trátase de fenómenos que deben ser considerados dentro da óptica máis ampla da interferencia lingüística.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación aguda ou crónica polo hábito ou abuso de barbitúricos. O barbiturismo agudo prodúcese por doses moi fortes de barbitúricos en tentativas de suicidio ou por accidente; pode conducir ao coma e á morte. O barbiturismo crónico, chamado tamén toxicomanía barbitúrica, prodúcese pola inxestión de pequenas doses diarias durante anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo poético dos bardos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oscilación da superficie sólida da Terra rexistrada no sismógrafo. Xeralmente é irregular e dun período inferior ao minuto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración traumática do oído producida por exposición a cambios de presión atmosférica que determinan unha diferenza entre as presións atmosférica e intratimpánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropismo provocado por diferencias de presión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é barroco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principios nos que se centraron os obxectivos do rexionalismo galego. Foron elaboradas por Alfredo Brañas en 1892 coa axuda de Pereiro Romero, Cabeza de León e Álvarez Ínsua, conforme ao patrón das Bases de Manresa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno descrito por H. W. Bates en 1862 que consiste na semellanza do deseño, da coloración ou mesmo da conduta de especies inocuas con respecto a outras especies tóxicas, mesmo velenosas ou perigosas. Isto sérvelle á especie inofensiva para ser confundida polos depredadores coa especie perigosa e, xa que logo, evitar o ataque. Obsérvase, por exemplo, entre os himenópteros velenosos e os dípteros inofensivos, que comparten coloración e deseño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao bautismo.
-
-
Primeiro dos sete sacramentos consistente nun rito de ablución unido a unhas palabras, en virtude do cal o home entra a formar parte da Igrexa de Cristo. Dende os primeiros tempos da Igrexa aparece esta práctica xunto coa consciencia de cumprir un mandamento do Señor. Xa daquela o rito consistía en meterse na auga; en caso de necesidade aceptábase a infusión, acompañada dunha fórmula verbal, que quizais nalgún momento foi “no nome do Señor Xesús”, aínda que logo se converteu na trinitaria “no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo”. Ao bautizado esixíaselle previamente a conversión e a fe persoal, agás aqueles nenos das familias con membros que recibían o bautismo ao mesmo tempo. Na Idade Media, no campo ritual, xeneralizouse o bautismo de nenos. Seguindo as disposicións do Concilio II do Vaticano, no 1982 foi promulgado o novo ritual do bautismo de adultos, que restaurou plenamente o catecumenado e introduciu como novidade un rito especial para os nenos que son bautizados ao chegar...
-
-
bautismo de fogo
Primeira acción bélica dun soldado novel.
-
bautismo de sangue
Primeiras feridas que recibe un guerreiro.
-
bautismo de fogo
-
Ablución que Xoán o Bautista administraba aos que recibían a súa mensaxe de proximidade do Reino de Deus e de conversión; deste xeito entraban na comunidade dos seus adeptos.
-
Certificación, extraída do libro de bautismos, que garante que alguén recibiu ese sacramento.
-
Libro onde se anotan os bautizos administrativos nunha parroquia e que testemuña ese sacramento no marco da xurisdición eclesiástica. Coa creación do Rexistro Civil (1870) as certificacións de bautismo só teñen efectos civís e administrativos.
-