"Ife" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 256.

  • Que ten pelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén pirita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten pistilo ou pistilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva ou contén platino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten plumas.

    2. Anorak enchido de plumas ou penuxe, xeralmente de ganso, ou doutro material térmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciclope, na mitoloxía grega, fillo de Posidón e da ninfa Toosa. Aparece na Odisea (libro IX) como un pastor xigante, bestial e feroz, que devora os compañeiros de Ulises, quen o deixaron cego para fuxir. Por contra, nos Idilios de Teócrito, converteuse no namorado da nereida Galatea. Esta variante do mito inspirou a Fábula de Polifemo y Galatea (1611), de Góngora, e Polyphème (1901) de A. Samain, ademais do oratorio profano Acis and Galatea (1720), de Haendel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, fillo de Élato e de Hipe. Participou no combate dos lapitas cos centauros e na expedición dos argonautas. Morreu na guerra contra os cálibes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos enzimas responsables do escurecemento oxidativo enzimático das froitas e dos seus derivados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten pole.

    2. Que poliniza, especialmente referido ao animal que transporta o pole.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos poríferos.

    2. Animal do filo dos poríferos.

    3. Filo de animais parazoos pluricelulares, acuáticos e xeralmente mariños, de simetría radial ou ben asimétricos, e sen órganos diferenciados. A cavidade interna está recuberta por coanocitos e comunícase co exterior mediante unha serie de poros a través dos que penetra a corrente de auga, que é expulsada polo ósculo. Posúen un esqueleto interno formado por espículas calcarias ou silícicas e fibras de esponxina. Distínguense tres tipos fundamentais de organización: ascón, sicón e leucón. A superficie externa está constituída por pinacocitos, e a mesoglea inclúe amebocitos, escleroblastos e arqueocitos. Son animais bentónicos e coloniais, que habitan en todos os mares e nunha gran parte das augas continentais, en todo tipo de fondos e desde a superficie da auga ata grandes profundidades. Algunhas especies son colonizadas por algas, hidroideos, anélidos, crustáceos ou moluscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparición dunha xema nun lugar non habitual. Xeralmente, as proliferacións danse nas flores, e orixinan novas flores ou novos brotes.

    2. Produción rápida e repetida dalgunha cousa.

    3. Relación entre o desenvolvemento das centrais nucleares para a produción de enerxía eléctrica e a diseminación da tecnoloxía nuclear para finalidades bélicas a causa dos materiais empregados na fabricación de armas nucleares, o uranio 235 e o plutonio 239, este último un subproduto da combustión do uranio nas centrais nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é capaz de rexenerar un órgano.

    2. Aplícase ás plantas en que se dan proliferacións.

    3. Que produce moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao vaso linfático que transporta o quilo desde o intestino ata o canal torácico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Pernambuco, Brasil (1.421.947 h [2000]). Está situada na costa atlántica, nunha chaira aluvial, na desembocadura dos ríos Capiberibe e Beribe. É un importante porto de mar, cunha gran barreira de coral que dá nome á cidade. Posúe industrias químicas, téxtiles, de calzado, de papel e de tabaco. Fundada en 1526 por colonos portugueses, medrou notablemente coa economía azucreira e sobre todo cando os holandeses ocuparon Pernambuco (1624) e decretaron a liberdade de comercio (1634). Os portugueses reconquistárona en 1654, pero atopouse coa competencia de Olinda, capital interina de Pernambuco. En 1710 estalou a guerra civil, que acabou coa intervención da coroa. Sede de numerosas revoltas durante o s XIX, a decadencia azucreira enfrontouna cos núcleos azucreiros do centro e do S de Brasil. Denominouse tamén Pernambuco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olta dun tecido ou dunha parte diferenciada ao seu estado orixinal ou a unha condición semellante á orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que participa en regueifas ou é amiga de facelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén ou produce resina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Rif ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Rif.

    VER O DETALLE DO TERMO