"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • PERSOEIRO

    Tenor. Debutou no Liceu de Barcelona aos once anos de idade (3.1.1958) como Trujamán do Retablo de Maese Pedro, de Falla, e posteriormente participou en La bohème de Puccini e na estrea da ópera Amunt de Manuel Altisent. Entre 1964 e 1966 estudiou canto con Jaume Francesc Puig e Joan Ruax. Estreouse profesionalmente o 8 de xaneiro de 1970 interpretando a Flavio da Norma de Bellini, ao lado de Monserrat Caballé. As súas primeiras actuacións de relevancia tiveron lugar no Liceu (Gennaro de Lucrezia Borgia e Ismaele de Nabuco) e en Donostia (Arturo de Lucia di Lammermoor). Gañou o concurso Giuseppe Verdi de Parma (1971) e debutou nese mesmo teatro en 1972 ao carón de Katia Riciarelli, como Rodolfo de La bohème. Actuou nos principais teatros do mundo, e no Colón de Bos Aires, en San Francisco; no Metropolitan de Nova York e en Múnic, en Viena e no Covent Garden de Londres ou na Scala de Milán. En 1976 interpretou en Salzburgo o Réquiem de Verdi. Cantou ao lado de Monserrat Caballé,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e novelista. Coñecido co pseudónimo de El Caballero Audaz, fundou e dirixiu La novela semanal e obtivo grande éxito como autor de novelas folletinescas e pornográficas. Publicou, entre outras obras, La virgen desnuda (1910), De pecado en pecado (1918) e La sin ventura (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, duque de Montemar. Participou na Guerra de Sucesión loitando no bando borbónico. En 1733 capitaneou a conquista de Nápoles e Sicilia, e derrotou as forzas imperiais en Bitonto, polo que Filipe V lle otorgou o título de duque de Montemar e de Bitonto (1734). De volta a Castela foi nomeado secretario de Guerra (1737-1741). En 1741 marchou a Italia para participar na Guerra de Sucesión contra Austria, pero un desacordo no plan de campaña relegouno do mando e foi, de novo, enviado a España e desterrado temporalmente da corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Catedrático de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela. Foi director do departamento de Dereito Público e Teoría do Estado e vicedecano da facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. É autor de numerosos artigos dedicados ao estudo da autonomía de Galicia. Recibiu o Premio Vittorio Emanuelle II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e crítico teatral e cinematográfico. Licenciado en Dereito en 1951 pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse na Universidad de Madrid coa tese El concepto de accidente de trabajo en el Derecho Social, publicada en 1953. Foi catedrático de Historia Social do Traballo. En 1956 nomeárono secretario xeral da Union Internationale des Miroitiers-Vitriers. Colaborou en diversos programas de Radio Galicia, na sección de crítica teatral e cinematográfica, e en diferentes revistas de carácter xurídico, como Revista de Derecho del Trabajo e Bollettino Informativo dell’Istituto Giuridico Spagnolo in Roma. Publicou, entre outras, El despido justo (1957), Historia social del trabajo (1971) e Introdución al sindicalismo (1971). Foi distinguido coa Encomienda de la Orden Civil de Alfonso X o Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico antropólogo e historiador. Doutorouse en 1971 coa tese Anatomía antropológica antigua del pueblo gallego: siglos I al VII d C e, dende 1973, ensinou anatomía, antropoloxía e historia da medicina na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación centrouse no eido anatómico-antropolóxico: analizou os grupos sanguíneos do sistema ABO, os dermatoglifos palmares e dixitais da poboación galega e participou nas escavacións das necrópoles de Roupar, Adro Vello, San Martiño de Mondoñedo, Moraime, a cova do Rei Cintolo, a vila e necrópole de Medos e o xacemento do monte do Cribo. Ademais, realizou traballos sobre historias clínicas, como o caso do cirurxián Charlín ou o de hidrofobia en Betanzos, biografías de médicos e sobre a historia compostelá e a tradición xacobea. Foi comisario xacobeo de Galicia en 1993. Publicou diversos artigos na prensa e nas revistas especializadas e as obras Santiago de Compostela (1984), El ajedrez del Camino de Santiago: testimonio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Foi profesor en Montpellier, Lyon, Nancy e na Université de la Sorbonne. Traballou no campo da teoría de grupos. Xunto con H. Poincaré desenvolveu o cálculo de formas diferenciais exteriores sobre variedades diferenciables sentou as bases do concepto de fibrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi presidente da Junta de Comercio y Moneda, fundador da Academia de Bellas Artes e director da Real Academia Española desde 1751. Coa chegada de Fernando VI foi nomeado secretario de estado. Chegou a un acordo en 1752 co Imperio para manter o equilibrio político en Italia e asinou o Concordato de 1753 coa Santa Sé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e terceiro duque de San Carlos. Xentilhome de cámara de Fernando VII, acompañouno no seu exilio. Ao seu retorno en 1814 foi nomeado secretario de Estado e director da Real Academia Española, de onde o expulsaron os afrancesados. Posteriormente foi embaixador en Londres e Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Estudiou dereito na Universidad de San Bernardo de Madrid, cidade na que fundou a Federación de Abogados Laboralistas no ano 1958. Membro do PSOE desde 1954, obtivo acta de senador por Ávila nas eleccións de 1977 e foi elixido presidente do Senado tralos sufraxios de 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, humorista e decorador portugués. Pertenceu á segunda xeración do modernismo lusitano. Realizou en 1915 a primeira banda deseñada portuguesa, As aventuras do Quim e do Manecas, que levou posteriormente ao cine. Destacou como caricaturista e decorador de interiores de locais lisboetas, entre os que destacan as paisaxes que pintou para o café Brasileira no Chiado (1925) ou os frisos decorativos do restaurante Coq d’Or (1930). En 1949 recibiu o Premio Domingos Sequeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sebastião José de Carvalho e Melo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada polo Concello de Vigo o 26 de novembro de 1983 co obxectivo   de acoller e educar a nenos pobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Federico de Madrazo. É autor de El juramento de las Cortes de Cádiz en 1810 (1862) e de La rendición de Bailén (1864), obra na que recuperou o esquema compositivo que empregara Velázquez en La rendición de Breda. Compensou os defectos da retórica propios da pintura histórica cunha caracterización dos personaxes plasmada en La leyenda del rey monje, tamén coñecida polo nome de La campana de Huesca (1881), e Santiago en la batalla del Clavijo. Cultivou tamén o retrato e representou, entre outros, a Isabel II, Espartero e Castelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. Entre as obras que realizou para a catedral de Lugo destacan a cruz procesional de prata (1782) e sete candelabros de prata para o altar maior (1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Fundou o primeiro departamento de xeografía aplicada de España e creou a primeira licenciatura de Xeografía, independente da de Historia. Entre 1965 e 1985 foi catedrático de Xeografía na Universidad de Madrid e director do Instituto de Geografía Aplicada do CSIC e da revista Geographica. Investigou os movementos migratorios e naturais da poboación de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Realizou estudios de dereito e medicina. Exerceu como presidente do consello de administración da empresa Investigaciones y Estudios de la Comunicación SA e como director da revista En Punta. Colaborou nos xornais A Hora e Última Hora, e na revista Control de Publicidad y Ventas. Como narrador publicou Páginas (1959), Hay que vivir (1968) e Historia de una obsesión (1973), e como poeta Romances del hombre solo (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, publicista e profesor. Foi profesor de filosofía na Universidad de Madrid, onde influíu na formación de Julián Besteiro. Tamén exerceu no colexio internacional, fundado por Nicolás Salmerón, e na Institución Libre de Enseñanza, na que figura xa na primeira xunta facultativa de 1876. Na ILE ocupou o cargo de director de segundo ensino e dirixiu o Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, no que colaborou con 17 artigos entre 1880 e 1892. Realizou unha análise da situación educacional en Galicia e escribiu, entre outros, os artigos “Institución Libre de la Enseñanza” (1882), publicado en La Ilustración Gallega y Asturiana, e “Una misión pedagógica” (1885), publicado en Revista de España, onde analiza a situación das escolas de párvulos de Pontevedra e da Coruña. Publicou ademais La enseñanza del idioma (1889) e traduciu Los orígenes de la civilización, de Lubbock. Preparou o libro póstumo de Sanz del Río Análisis del pensamiento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Pertenceu á orde dos xesuítas, foi cualificador do Santo Oficio, profesor de matemáticas en Madrid e un dos fundadores da Academia de la Lengua. Escribiu as vidas de san Estanislao de Kostka (1715), de san Luís Gonzaga (1726) e de Dionisio Rickel (1738), os libros Historia de la Compañía de Jesús en el nuevo reyno de Granada (1741) e Los varones ilustres de la Compañía (1734), unha Historia de la Academia e diversas obras científicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e enxeñeiro industrial. Catedrático de Economía na Universidad de Madrid, está considerado como un dos introdutores da econometría en España. Publicou Lecciones de teoría económica (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO