"Lac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 769.
-
-
Reacción de eliminación dunha ou varias moléculas de dióxido de carbono dun composto orgánico, polo xeral un ácido carboxílico.
-
Reacción enzimática na que se elimina dióxido de carbono mentres se produce simultaneamente unha deshidroxenación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
desconsolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de desconxelar ou desconxelarse.
-
-
Acción e efecto de desenlazar ou desenlazarse.
-
Acontecemento final que resolve a trama dunha obra de teatro, de literatura ou de cine. Na dramaturxia clásica concibíase de forma pechada, como a solución definitiva a todos os interrogantes que se propuñan sobre o destino dos personaxes e da conclusión da acción. Fronte a ela, no teatro moderno, apúntase a posibilidade de desenlaces abertos, que non lles ofrecen solucións aos conflitos presentados, de xeito que a acción e a intriga poderían continuar. Dependendo do xénero no que apareza, pode marcar o paso da felicidade á desgraza (traxedia) ou á inversa (comedia).
-
Resolución dalgunha dificultade ou conflito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Interrupción da fibrilación auricular ou ventricular para o restablecemento do ritmo cardíaco normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de conservación de alimentos que utiliza a mestura de dúas técnicas: en primeiro lugar, a deshidratación parcial do produto por aire quente para reducir aproximadamente o 50% de auga, e posteriormente unha conxelación rápida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desinsacular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar ou romper o lacre de algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desmetilar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que consiste na extracción do sinal modulador da onda portadora modulada.
-
-
Acción e efecto de desolar ou desolarse.
-
Pena ou tristeza moi grande.
-
Destrución de todo o que hai nun lugar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desopilar.
-
-
Acción de destilar.
-
-
Proceso de separación dos compoñentes dunha mestura líquida por vaporización parcial da mesma; a fracción vaporizada condénsase e recupérase como líquido. Este proceso baséase na diferente presión de vapor e, polo tanto, dos puntos de ebulición dos compoñentes da mestura. A mestura quéntase nun alambique ou matraz de destilación ata a temperatura de ebulición dos compoñentes máis volátiles; estes sepáranse do resto da mestura e pasan a través dun refrixerante no que se condensan logo de arrefriaren, mentres que no matraz quedan os compoñentes menos volátiles.
-
destilación azeotrópica
rectificación azeotrópica.
-
destilación de vapor
Destilación de líquidos inmiscibles en auga. Fundaméntase no feito de que a presión de vapor dunha mestura de dous líquidos inmiscibles é igual á suma das presións de vapor dos constituíntes. Se a substancia ten presión de vapor apreciable cara aos 100°C en presenza de auga, a ebulición prodúcese a menos de 100°C e a substancia destílase, asemade, coa auga. Este procedemento emprégase moito na extracción de aceites esenciais.
-
destilación destructiva/seca
Destilación que consiste na descomposición térmica de substancias orgánicas complexas en ausencia de aire para rompelas. Xera unha mestura de produtos volátiles que se condensan e, posteriormente, se recollen. Emprégase na separación de substancias sólidas, como a madeira e o carbón.
-
destilación fraccionada
Destilación na que o vapor producido se condensa en diversas fraccións correspondentes a intervalos determinados de temperatura. Efectúase ao interpoñer entre o caldeiro e o condensador do alambique unha columna de fraccionamento ou de rectificación, e poñer por riba un deflegmador que condensa unha parte dos vapores e retorna o líquido á columna. Este líquido flúe polo caldeiro e, durante o descenso pola columna, vai enriquecéndose cos compoñentes volátiles e cede ao vapor que empurra os compoñentes máis volátiles. Cando se establece un equilibrio, a composición dos vapores que van ao condensador é a que se tería obtido cun gran número de destilacións simples sucesivas.
-
destilación molecular
Destilación en alto baleiro coa superficie condensadora tan preto da superficie do líquido en evaporación que as moléculas do líquido se trasladan á superficie condensadora sen colisións. Nesta técnica empréganse temperaturas máis baixas ca na destilación a presión atmosférica, polo que permite a destilación de substancias sensibles á calor. A oxidación do destilado elimínase ao non existir osíxeno.
-
destilación ó baleiro
Destilación dunha mestura líquida a presión reducida, inferior á atmosférica. Canto máis baixa sexa a presión, menor será a temperatura de destilación da substancia; isto diminúe o risco de degradación das substancias termolábiles presentes na mestura. Emprégase, fundamentalmente, cando se pretenden separar mesturas sensibles á calor ou de alto punto de ebulición. Os químicos Emil Fischer e Carl Harries foron os seus inventores.
-
destilación simple
Destilación en que se vaporiza parcialmente a mestura, se condensan os vapores e se recolle o destilado separadamente do residuo. Emprégase cando interesa unha separación parcial da mestura, ou ben cando a diferenza de volatilidade entre os constituíntes é moi grande, coma no caso de separación dun solvente volátil dun soluto non volátil.
-
-
...
-
-
-
Acción ou efecto de desvincular ou desvincularse.
-
Lexislación complementaria das leis desamortizadoras españolas do s XIX, pola que se puxeron en circulación os bens vinculados á nobreza (morgado) e se abolían os señoríos xurisdicionais. As primeiras vendas de terreos vinculados producíronse en 1798 e 1799, pero non foi ata as Cortes de Cádiz que se decretou a abolición dos señoríos xurisdicionais (6.8.1811). As medidas anuláronse co regreso de Fernando VII, pero durante o Trienio Constitucional, un decreto (11.10.1820) desvinculou os morgados, e unha lei (3.5.1823) confirmou o decreto de abolición dos señoríos de 1811. Durante a rexencia de María Cristina confirmáronse as medidas: lexislación sobre morgados (1836), real orde do 2 de febreiro de 1837 e lei do 26 de agosto do mesmo ano (abolición dos señoríos). A desvinculación non implicaba a expropiación, senón que permitía que se puxeran en venda as propiedades antes vinculadas. Isto deu lugar a importantes transferencias de terras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de dilacerar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que dilacera.
-
-
Facer triscos as carnes dunha persoa ou dun animal.
-
Quitarlle o creto ou a honra a algúen.
-
-
-
Acción e efecto de dilatar ou aprazar unha cousa.
-
Clase de asimilación pola que un fonema exerce a súa influencia articulatoria e acústica sobre outro que non lle é contiguo (lat DĪRĒCTU > dereito, cando o resultado esperable sería direito). A metafonía é un caso particular de dilación, debida á influencia de vogal final (lat ĬLLA > [e]la > [ε]la).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo palacio romano situado en Split (Croacia). Mandouno construír o Emperador Diocleciano e alí residiu dende a súa abdicación ata a súa morte. O conxunto, de planta trapezoidal, estaba rodeado por unha muralla, agás a fronte que dá ao mar, que tiña unha galería de columnas. Posuía tres portas de acceso: a porta de ferro, de ouro e de prata. As vías principais, que partían das portas, formaban unha T e dividían o palacio en tres sectores: os dous situados ao N dedicábanse a xardíns, dependencias e cuarteis, e o situado ao S iniciábase cun peristilo que daba acceso ao templo, ao mausoleo (convertido posteriormente en catedral) e á residencia. Xunto co núcleo histórico de Split foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que dúas realizacións fonemáticas, articulatoriamente semellantes ou comúns, tenden a diferenciarse por medio da substitución ou desaparición dun son. Historicamente hai moitos casos, pero sincronicamente só se rexistran casos na fala vulgar ou dialectal (*somana por semana, *abril por abrir, *loiro por louro).