desenlace
desenlace
(< desenlazar)
-
s
m
Acción e efecto de desenlazar ou desenlazarse.
Antónimos: enlace. -
s
m
[ESPECT/LIT]
Acontecemento final que resolve a trama dunha obra de teatro, de literatura ou de cine. Na dramaturxia clásica concibíase de forma pechada, como a solución definitiva a todos os interrogantes que se propuñan sobre o destino dos personaxes e da conclusión da acción. Fronte a ela, no teatro moderno, apúntase a posibilidade de desenlaces abertos, que non lles ofrecen solucións aos conflitos presentados, de xeito que a acción e a intriga poderían continuar. Dependendo do xénero no que apareza, pode marcar o paso da felicidade á desgraza (traxedia) ou á inversa (comedia).
-
s
m
Resolución dalgunha dificultade ou conflito.
Ex: Finalmente, o desenlace foi satisfactorio para todas.
Confrontacións: conclusión, remate, fin, conclusión, fin.