"Māra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telescopio construído por   B. V. Schmidt (Naissaar, Estonia 30.3.1879 - Hamburgo 1.12.1935) en 1931, provisto dun espello esférico que evita a aberración esferica, ao mesmo tempo que se obteñen unhas imaxes intensas e claras nun campo relativamente grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Xava Central, Indonesia, situada na costa N, na desembocadura do Kali Baru (1.366.500 h [1996]). Destacan as industrias navais, mecánicas, téxtiles e do tabaco e calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino correspondente a un vello nome da Europa oriental que ordinariamente se relaciona co hebreo thamar ‘palmeira’. Con este nome destacan unha filla do Rei David e unha raíña de Xeorxia (s XII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que evoca Tamaris, forma latina do actual río Tambre. É de orixe prerromana escura, quizais celta. Correspóndese con diferentes topónimos esdrúxulos en -ara, como Braccara (Braga), Láncara, Tállara, Lózara, e con nomes comúns como gándara ou *senara (senra/seara). Trátase dun nome de río convertido en antropónimo como Ulla, ou como en inglés Jordan. Non debe confundirse con Tamara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paz asinada en xullo de 1127 en Támara (Palencia), entre Afonso I de Aragón e o seu fillastro Afonso VII de Castela, grazas á mediación de Gastón de Bearn e Céntulo de Bigorra. Afonso I renunciou ás prazas castelás que posuía polo seu matrimonio con Urraca de Castela e ao título imperial herdado de Afonso VI, ao cambio de recuperar as prazas ocupadas polos casteláns en La Rioja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical formado en 1957. Estaba composto por Prudencio Romo González, Alberto Romo González, Manuel Paz, José Sarmiento, Germán Olariaga, Gerardo Bravo e Enrique Paisal. Iniciáronse como grupo en Vigo e despois comezaron unha serie de concertos por Marrocos, Alxeria e diversos países europeos. Durante a década de 1960 acadaron moita sona como grupo melódico e comezaron a popularizar moitas cancións, algunhas delas en galego. En 1970, grazas ás xestións de Prudencio Romo, entrou a formar parte do grupo o cantante Pucho Boedo. Con esta incorporación o grupo deu o salto definitivo na súa popularidade e actuou en lugares destacados, como a Sala Olimpia de París. Gravaron oito discos con máis de cen cancións e foi o primeiro grupo que gravou un disco totalmente en galego, titulado Na fermosa Galicia. Das cancións máis famosas do grupo, moitas delas compostas por Prudencio Romo, destacan “Venecia sin ti”, “Si te vas de mi”, “Mi tierra gallega”, “A Santiago voy” ou “Airiños, airiños,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tarahumaras ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo tarahumara.

    3. Pobo amerindio que habita na zona montañosa dos estados de Chihuahua, Sonora e Durango (México).

    4. Lingua uto-azteca do phylum amerindio que fala o pobo tarahumara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xacemento prehistórico do norte de Italia, de orixe popular, da época calcolítica, ou eneolítica, e da Idade do Bronce. Son pequenas plataformas que sobresaen da chaira, formadas pola acumulación de vestixios, debido a que existiu un poboado de cabanas durante moito tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía real castelá iniciada por Enrique, conde de Trastámara e fillo bastardo do Rei Afonso XI, ao converterse en rei en 1369. Ademais de Enrique II, pertenceron á casa de Trastámara Xoán I, Enrique III, Xoán II, Enrique IV, Isabel I e Xoana I. Reinou tamén na Coroa de Aragón (1412-1516) con Fernando I, Afonso V, Xoán II e Fernando II. En 1516 extinguiuse ao acceder ás coroas de Castela e Aragón a dinastía dos Habsburgo, con Carlos I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en 1325 a Álvar Núñez Osorio , señor de Cabrera e Ribera, camareiro e mordomo maior de Afonso XI de Castela, pero foille confiscado. Foi concedido de novo en data incerta polo mesmo monarca ao seu fillo bastardo Enrique de Trastámara (o futuro Rei Enrique II), pero o seu irmán, o Rei Pedro I, confiscoullo en 1366 para concederllo a Fernando de Castro y Ponce de León . Enrique II confiscoullo en 1369, aínda que, sen dereito, xa llo concedera en 1366 a Bertran Du Guesclin . En 1371 foi outorgado de novo por Enrique II ao seu sobriño Pedro Enríquez de Castro (?-1400), condestable de Castela e conde de Lemos e Sarria. Sucedeuno o seu fillo Fadrique Enríquez de Castela e de Castro , conde de Lemos e Sarria e duque de Arjona, a quen lle foi confiscado. En 1445 o Rei Xoán II concedeullo a Pedro Álvarez Osorio , conde e señor de Villalobos, separándoo así...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrique II de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Enríquez de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación formada por tres cascos, un ao lado do outro, e unidos por uns soportes ríxidos. Ten unha grande estabilidade e rapidez, o que o fai apto para regatas transoceánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo. De orixe galega, retirouse ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil sen báculo nin mitra, nin escudeiros nin curia eclesiástica, pobre e humilde, pedíndolle a san Franquila unha cela e unha cogula. Viviu unha vida de recollemento e de oración. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Guimarães (Portugal) ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Guimarães (Portugal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB > lang=EN-GB mso-ansi-language: EN-GB > cámara de néboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas e da xerga dos cabaqueiros ou telleiros que corresponde á voz ‘amigo’.

    VER O DETALLE DO TERMO