"Martin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
PERSOEIRO
Escritor e guionista. Foi autor de novelas de serie negra e libros infantís. Escribiu guións de cómics e de películas como Estoy en crisis (1982), El caballero del Dragón (1985) e Barcelona Connection (1987), e dirixiu a película Sauna (1989). Para televisión traballou nos guións das series Crónica negra e Pájaro en una tormenta. Destacan as súas obras Aprende y calla (1979), Infern forestal (1987), Flanagan Blues Band (1997) e Los vampiros no creen en Flanagans (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estreou en Viena Il burbero di buon cuore (1786), Una cosa rara, ossia bellezza ed onestà (1786), da que Mozart adaptou un tema para o seu Don Giovanni, e L’arbore di Diana (1787). En Rusia o tsar Paulo I nomeouno conselleiro privado e inspector das compañías de ópera italiana. Está considerado o introdutor do vals na música culta.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e mestre. Coñecido como Paco Martín, está considerado como un dos narradores máis destacados do panorama literario galego. Ademais de diversas actividades relacionadas co mundo da pedagoxía, foi director do departamento de Produción de Material Didáctico para o ensino en galego da Consellería de Educación e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro. Colaborador en diversas publicacións periódicas, dirixiu o suplemento infantil Axóuxere, de La Región (1974-1975), e realizou o traballo de investigación da cultura popular O libro das adiviñas (1975), en que se comparan as composicións en galego con outras procedentes de diversas linguas. Ademais, no apartado didáctico cómpre salientar os libros Lúa Nova 1 e 2 (1978), Con xente miúda 1 e 2 (1985), Galego 1 e 2 (1985) e a unidade didáctica Álvaro Cunqueiro (1991). Da súa abundante produción literaria destacan Muxicas no espello (1971), O libro das adiviñas (1975), No Cadeixo (1976), finalista do Premio Galaxia de Novela;...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado. Secretario do concello da Coruña, escribiu entre 1926 e 1932 na publicación mensual Galicia Industrial y Comercial, que dirixiu desde xaneiro de 1929.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador, probablemente crego de orixe aragonesa. Estivo activo durante o reinado de Afonso X na década de 1270-1280. Consérvanse da súa autoría doce cantigas de amor, unha delas fragmentaria, cinco cantigas morais, un escarnio persoal e un escarnio político, composicións recollidas no Cancioneiro da Ajuda, no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Ao longo de toda a súa obra proclamou a exaltación dos valores da clerecía fronte ao mundo laico. As súas cantigas de amor desenvolven todos os tópicos da lírica occitana e o motivo que presenta a un crego como portador dos máis altos valores espirituais e sociais. Está considerado como un dos mellores cultivadores do sirventés moral, o que reflicte a súa inspiración provenzal e o seu gusto por temas como o Anticristo, o mundo as avessas ou a decadencia trobadoresca. Entre as súas composicións destacan “Atanto querria saber”, “Per quant’ eu vejo” e “Quen viu o mundo qual...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, fillo de Pero Soarez Alvin e medio irmán do trobador Johan Lobeira. Permaneceu activo a finais do XIII e no primeiro cuarto do s XIV. Estivo na corte de don Denís e na de Sancho IV de Castela, e foi vasalo do infante Afonso, futuro Afonso IV. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana recollen sete cantigas de amor da súa autoría, unha delas dialogada, aínda que dunha só se conservan dous versos. Entre estas composicións destacan “Dizer-vos quer’ a gram coyta d’ amor” e “Senhor fremosa, que de coraçon”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pacifista. Coñecida como Conchita ou Connie, manifestouse desde 1981 na praza Lafayette, diante da Casa Branca, para que lle concedesen a patria potestade da súa filla e contra diversas causas como a actividade nuclear.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista e adestrador. Coñecido como Cheché Martín, xogou no R.C. Deportivo de La Coruña, FC Barcelona, C. Atlético de Madrid e Valencia C.F. Obtivo dúas ligas, tres Copas de España e foi dúas veces internacional. Como adestrador dirixiu o R.C. Deportivo de La Coruña (tempadas 1968-1969, 1975-1977), Real Zaragoza, Real Valladolid e Real Murcia C.F.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Joseph García Balboa.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués, irmán do trobador Garcia Soarez. Desenvolveu a súa obra na corte castelá de Fernando III, onde coñeceu a Pero da Ponte, Afons’ Eanes do Coton e ao xograr Lopo. Activo entre 1230 e 1270, a súa obra é fundamentalmente amorosa, con 22 cantigas de amor, e satírica, con cinco escarnios literarios (catro dirixidos a Lopo e un a Pai Soarez de Taveirós), nove escarnios persoais (un a Afons’ Eanes do Coton), un escarnio moral e un escarnio social. Entre as súas composicións destacan “Ay Paay Soarez, venho-vos rogar”, “Joan Fernandes, que mal vos talharon”, “Lopo jograr, és garganton” e “Pero Rodríguiz, da vossa molher”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Militou na Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e no grupo El Topo Obrero. Deputado no Congreso de los Diputados (1977 e 1979), interveu activamente na elaboración da Constitución española de 1978 e no Estatuto de Autonomía de Catalunya de 1979. En 1982 e 1986 foi elixido deputado por Barcelona no Congreso, onde foi portavoz do grupo parlamentario socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Orientou a súa actividade profesional cara á interpretación e cara á dobraxe para cine e televisión. Membro fundador do grupo de Teatro Troula, traballou nos espectáculos do Centro Dramátigo Galego Woyzeck (1984) e As tres irmáns (1987), así como nos do Teatro do Atlántico, A noite das tríbades (1996, Premio María Casares á mellor interpretación masculina protagonista) e Vellos Tempos (1999). En cine participou nos filmes A lingua das bolboretas (1999) e Trece badaladas (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Regatista. En 1989 incorporouse ao equipo de vela do Real Club Náutico de Vigo, onde en 1996 pasou á clase Vaurien. Obtivo o título de campión ibérico de Vaurien (2001, 2002 e 2003) e subcampión do mundo de Vaurien (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e escritor. Especializado en libros xuvenís e cunha clara orientación moral, da súa produción literaria destacan La vida sale al encuentro (1955), Tierra Brava (1958), El delito es ser mujer (1983), El sexo de los ángeles (1987) e La gestión de un líder (1994). Recibiu o Premio Ciudad de Oviedo por Sexta Galería (1960) e o Premio Pérez Galdós por Réquiem a cinco voces. Tamén foi premiado en dúas ocasións pola Oficina Católica de París á mellor novela estranxeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro das Cortes franquistas, en 1974 e 1975 foi gobernador civil de Barcelona, e, coa chegada da monarquía, foi sucesivamente ministro de Relacións Sindicais (1975-1976), de Gobernación (1976-1977), de Interior (1977-1979) e de Administración Territorial (1980-1981), e vicepresidente do goberno para Asuntos Políticos (1981-1982). Foi, en Unión do Centro Democrático (UCD), senador (1977) e deputado por León (1979 e 1982). En 1989 ingresou no Partido Popular e foi escollido deputado (1989-2000). Entre xaneiro e outubro de 2003 foi comisionado do goberno para as actuacións derivadas da catástrofe do buque Prestige. Presidiu a compañía eléctrica Endesa (1997-2002) e en 2003 foi nomeado conselleiro e membro da comisión executiva de Sogecable SA. Recibiu a Medalla de Ouro de Galicia (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Comezou a publicar en Interviú e La Vanguardia. Participou na fundación de El Jueves (1977) e publicou a tira diaria Quico, el progre no xornal El Periódico, que posteriormente se levou á televisión, onde tamén produciu a serie Historias de la puta mili (Premio Ondas 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco López García.
-
PERSOEIRO
Bioquímico. Traballou no Instituto Nacional de Investigacións Médicas Mill Hill da Royal Society, na Universidade de Cambridge, no Consello Británico de Investigacións Médicas e nos Laboratorios Abbotsbury onde foi director (1959-1970). En colaboración con Richard L. Synge, desenvolveu a cromatografía de reparto e en colaboración con A. T. James, perfeccionou a cromatografía de gases. En 1952 recibiu, xunto con R. L. Synge, o Premio Nobel de Química por desenvolver diversas técnicas de cromatografía gas-líquido, así como o método de cromatografía de reparto, aplicable a todas as áreas da investigación bioquímica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José María Martín Rodríguez.
-
PERSOEIRO
Actor e cantante estadounidense. De nome Dino Paul Crocetti, formou parella artística xunto a Jerry Lewis en películas como At War with the Army (1950) e Artists and Models (1955). Destacan as súas interpretacións en Rio Bravo (1959), Kiss me, Stupid (1964), Rough night in Jericho (1967), Airport (1970) e Cannonball Run II (1984).
VER O DETALLE DO TERMO