"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (885?-933). Despois de herdar tres pequenos dominios na zona central de Noruega, iniciou unha serie de campañas militares que culminaron na Batalla de Hafrsfjord (885) trala que unificou todo o país. O seu reinado caracterizouse pola reorganización do sistema tributario e o aumento da inmigración a Islandia. Á súa morte o reino dividiuse entre os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hematosalpinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de saliva sanguinolenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo ferro-proteína, responsable do almacenamento de gran parte do ferro do organismo e que se atopa na maioría dos tecidos, bazo, medula espiñal e, especialmente, fígado. Tamén se pode formar en antigos focos hemorráxicos e nos tecidos en determinados estados patolóxicos, cardiopatías ou diversas enfermidades crónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incremento do depósito de ferro, en forma de hemosiderina, nos tecidos corporais, especialmente no fígado. Prodúcese por un aumento de ferro que provén da destrución dos glóbulos vermellos. Normalmente non ocasiona lesión do órgano. En estados máis avanzados non se pode diferenciar morfoloxicamente da hemocromatose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aspiración de sangue, especialmente por medio de ventosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de sangue no esperma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hemosporidios.

    2. Esporozoo da suborde dos hemosporidios.

    3. Suborde de esporozoos telosporidios, da orde dos cóccidos, que comprende formas parasitas con dous hóspedes. O hóspede provisional é un mosquito no que realizan a fase asexual do ciclo reprodutor; o hóspede definitivo é un vertebrado no que causan enfermidades graves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resposta fisiolóxica a unha lesión vascular, coa finalidade de parar a hemorraxia. Consta dunha fase de vasoconstrición da área danada, outra de adhesión e agregación das plaquetas para a formación do tapón plaquetario, a de coagulación, e a de reparación do tecido danado. Fálase tamén de hemostase cando a acción de parar a hemorraxia se intenta por medios físicos, comprensión directa, indirecta, torniquete ou fármacos. Tamén recibe o nome de hemostasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hemostase.

    2. Aplícase ao medicamento, substancia ou procedemento que se emprega para deter unha hemorraxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Sonora, México, situada á beira do río Sonora (609.829 h [2000]). Importante centro agrícola e comercial, é o segundo produtor de trigo de México. Fundada en 1700 polos xesuítas, a cidade recibiu en 1828 o nome do xeneral insurxente J. Mª. González Hermosillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Ermosinda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor. Desenvolveu un intenso labor de divulgación no campo agrícola. Publicou numerosos estudios sobre a agricultura moderna na revista coruñesa Prácticas Modernas e textos escolares como Agricultura. Escribiu Técnica agrícola e industrial (1906) e Explotación racional de los prados como medio de aumentar la riqueza agrícola y ganadera de Galicia (1902). Outras obras súas son Los árboles, su utilidad, fomento y protección (1911), El castaño, instruciones para su propagación e Árboles interesantes para Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cromosoma que presenta unha medida, unha forma e un comportamento diferentes dos outros cromosomas do xenotipo. É o cromosoma que caracteriza e determina o sexo. OBS: ; Tamén se denomina cromosoma sexual ou alosoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oxiácido que se obtén tratando auga de bromo con óxido mercúrico segundo a reacción Br2 + H2 O ⇋ H+ + Br-+HBrO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade parasitaria que afecta fundamentalmente ao gando bovino e que se caracteriza por unha tumoración da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MOS de alta velocidade. Existe tamén a versión HCMOS, que fai referencia ao MOS complementario (CMOS).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estudia a homosexualidade en todos os seus aspectos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen sente atracción sexual cara a individuos do mesmo sexo.

    2. Que é propio do individuo que sente atracción sexual cara a individuos do mesmo sexo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO