"OCI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 818.
-
REXIÓNS
Rexión de Asia Menor, limitada ao S polas montañas Tauro e ao L polo río Éufrates, ao N polo río Halis, e ao O pola rexión dos lagos de Pisidia e Licaonia. Os límites antigos de Capadocia abarcaban numerosos pobos, pero o seu territorio cambiou varias veces de extensión e división. As cidades máis importantes son Cesárea, Sivas (importante centro de comunicacións), Kastamonu (centro industrial) e Ancara (colonia de armenios). No III milenio, os asirios estableceron cidades comerciais, chamadas karum. No II milenio, coa chegada dos hititas, púxose fin aos establecementos asirios e a rexión converteuse no núcleo do estado. Capadocia sufriu a mesma sorte histórica que o resto de Asia Menor e en tempos de Tiberio converteuse en provincia romana. Na época cristiá coñeceu un movemento monástico florecente que deixou un conxunto de celas de anacoretas e de igrexas rupestres que conteñen frescos datados entre os ss IX e XI.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Capadocia ou aos os seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Capadocia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos compostos orgánicos cíclicos, con anel ou aneis formados unicamente por átomos de carbono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido dicarboxílico. Reduce a viscosidade e provoca a disolución das secrecións do tracto respiratorio. En medicina utilízase como mucolítico e expectorante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade industrial constituída en Madrid en 1897 que iniciou a súa actividade coa produción e venda de carburos de calcio na fábrica de Berga (Catalunya). En 1903 instalou en Brens (Cee) unha fábrica de ferroaliaxe e un laboratorio de investigación. Despois dun proceso de expansión xeográfica (ten delegacións e fábricas por toda España) e industrial, estruturouse ao redor de catro divisións: gases comprimidos (gases do aire, anhídrido carbónico, acetileno, etc), gases licuados (gases do aire, anhídrido carbónico, dióxido de carbono, dióxido de xofre, etc), soldadura ou ferroaliaxes e médica. En 1982, Air Produts adquiriu o 15% do capital de Carburos Metálicos polo que se converteu no principal accionista e trasladou a súa sede central a Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División do núcleo da célula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cariocinese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula terminal das ramificacións do carposporófito. No seu interior fórmase unha carpospora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Declaración programática aprobada en 1989 pola Comunidade Europea (agás o Reino Unido), que comprende diversos apartados relativos aos dereitos dos traballadores. Estes apartados son: liberdade de circulación e de acceso, condicións de vida e de traballo, seguridade social, asociación e negociación colectivas, formación profesional, igualdade do home e da muller, información, consulta e participación, e seguridade e hixiene no lugar de traballo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten organización de cenocito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa protoplasmática plurinucleada. Trátase de plasmodio cando os núcleos proveñen da división repetida dun núcleo orixinal e de síncito cando resultan da fusión dos citoplasmas dunhas cantas células independentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1902 froito da confluencia entre os ideais dos medios libertarios coruñeses e os do republicanismo local, particularmente os de ideario federal. Entre os seus animadores cómpre salientar, ademais dos membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, como Xosé Sanjurjo ou Marcial Lores, a futuros edís republicanos, como Eduardo Corral, ou federalistas, como Eduardo López Budén. Aínda que a Germinal sempre se identificou co ideario libertario, tamén formaron parte das súas directivas sindicalistas da CNT, como Xoán No, Benito Couceiro, Manuel Montes ou Xacinto Méndez, e progresistas, como Luís Huici, que presidiu o Centro no ano 1932. Dende 1906 intelectuais como Uxío Carré e Anxo del Castillo fixeron posible a colaboración do Centro coa Universidade Popular; así xurdiu a posibilidade da transmisión de coñecementos ás clases populares coruñesas. Germinal, caracterizada pola convivencia de persoas con diferentes idearios, defendía o respecto aos principios do laicismo, a xustiza,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo, adscrito ao ministerio da Presidencia, que realiza estudios de medición dos estados de opinión da sociedade española, principalmente a través de enquisas. Ten como antecedente o Instituto de la Opinión Pública (IOP), fundado en 1963, e a súa denominación oficial data de 1977.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1905 na que se reagruparon as cinco sociedades obreiras definidas como “apolíticas” xurdidas da entrada da Federación de Trabajadores de Vigo na UGT co reforzo da súa dirección por parte do PSOE local. Alentado polas Sociedades de Pintores y Albañiles, de Carpinteros y Ebanistas, e de Canteiros, duplicou con posterioridade o número de entidades federadas e acadou 1.500 socios no ano 1909. Ao mesmo tempo, iniciou un achegamento ao anarcosindicalismo da man de militantes anarquistas, como Luís Plaza ou Federico Sánchez. Como consecuencia, as Sociedades de Carpinteros e de Mecánicos estiveron representadas por Plaza no Congreso fundacional da CNT de 1910. En marzo de 1911, o Centro impulsou a creación da Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia, á imaxe da Solidaridad Obrera catalana, xunto coa totalidade do anarcosindicalismo coruñés. Para refrendar a influencia libertaria no societarismo vigués apolítico, esta institución delegou a súa presenza no I Congreso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político español de centro creado en 1982 por Adolfo Suárez tras abandonar UCD. Nas eleccións xerais de 1982 obtivo dous escanos no Congreso dos Deputados; nas de 1986, dezanove; nas de 1989, catorce; e nas de 1993, non obtivo ningún escano, feito que provocou a disolución do partido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Asia menor que se corresponde coa actual Kayseri. Núcleo da cultura capadocia, desenvolvida no II milenio a C, converteuse en capital da Capadocia romana. O Emperador Tiberio concedeulle o nome de Cesarea en honor de Augusto. Saqueada polo Emperador sasánida Sānpūr I no s III d C, durante a centuria seguinte foi un dos principais centros cristiáns. Os turcos selxúcidas conquistárona no 1070.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido socialdemócrata checo, o máis antigo da República, pertencente á Internacional Socialista. Fundouse en 1878, cando o territorio checo formaba parte do Imperio Austro-Húngaro. Dende 1918 tivo representantes no goberno ata 1938. Co réxime comunista de 1948 foi obrigado a fusionarse co Partido Comunista, o que determinou o exilio de moitos dos seus membros. O restablecemento do CSSD produciuse en 1989 coa Revolución de Veludo. Durante a década dos noventa acadou progresivamente máis representación ata que en 1998, co 32,3% dos votos, puido formar un goberno minoritario no país. Os seus principais obxectivos foron acadar unha estabilidade económica que permitira cumprir os límites de converxencia económica coa Unión Europea, conseguir unha afluencia de capital estranxeiro, desenvolver medidas de política social, reformar o sistema bancario e exhibir unha campaña de “mans limpas”. O desgaste do goberno de Milos Zeman fixo que o partido comezase a perder apoios, como sucedeu nas eleccións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedad Deportiva Chapela.
-
REPUBLICAS
Antiga república autónoma da República Socialista Federativa Soviética Rusa (RSFSR), URSS, situada ao N do Cáucaso. Constituída en 1936, disolveuse por orde de Stalin en 1944, cando os seus habitantes foron acusados polas autoridades soviéticas de colaboración co nazismo, e restableceuse en 1957, trala rehabilitación promovida por Khruščov. Despois da disolución da URSS en 1991, Chechenia proclamou a súa independencia, polo que os inguxos solicitaron a creación dunha república federal separada da dos chechenos, aprobada polo goberno ruso en marzo de 1992, feito que motivou numerosos conflitos para delimitar as fronteiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca do Lazio, Italia, que corresponde aproximadamente á provincia de Frosinone.