"Oza" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 212.

  • GALICIA

    Concello da comarca de Ferrol, situado ao N da Comunidade Autónoma de Galicia, a 43° 31’ de latitude N e 7° 52’ de lonxitude O. Limita ao N con Cerdido e Ortigueira (comarca de Ortegal), ao L e ao S coas Pontes de García Rodríguez (comarca de Eume) e ao O con San Sadurniño e Moeche (comarca de Ferrol). Abrangue unha superficie de 70,9 km 2 cunha poboación de 1.374 h (2007), distribuída nas parroquias das Enchousas, Recemel, Seixas e As Somozas. A súa capital está no lugar da Igrexa, na parroquia das Somozas, que dista 34 km de Ferrol e 124 km de Santiago de Compostela. Pertence á provincia da Coruña, á diocese de Ferrol-Mondoñedo e ao partido xudicial de Ferrol.
    Xeografía física
    O territorio das Somozas localízase nunha zona de transición entre as serras de Forgoselo e da Faladoira e o val de San Sadurniño. O relevo caracterízase pola sinuosidade do terreo, con elevacións abundantes e continuas; destacan a Pena dos Ladróns (620 m), Vilalbesa (582 m)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Comezou a súa andaina artística na Orquesta del Casino de Donostia, con Fernández Arbós. Formado en Leipzig e Berlín con F. Koch, en 1919 trasladouse a Madrid. Director da Banda Municipal (1936) e da Orquesta Filarmónica de Madrid (1945), compuxo diversas zarzuelas (La del manojo de rosas, 1934; La tabernera del puerto, 1936), obras sinfónicas de cámara e vocais (Maite e Suite Vasca, 1924) e o musical Don Manolito (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Pertencía a unha familia xudía orixinaria da Península Ibérica, de onde tivo que exiliarse. Celoso da súa independencia ideolóxica, marxinouse de todas as confesións relixiosas e dos medios universitarios. Imbuído da esixencia matemático-racionalista, perseguiu todo rastro de arbitrariedade da concepción da realidade e afirmou que nada pode ser necesario, determinante. Esta convicción é a razón fundamental da súa hostilidade a todo o sobrenatural e o libre. Só existe, entón, unha substancia ilimitada que manifesta a súa riqueza ontolóxica en infinitos atributos, cada un dos cales reviste tamén infinitas concrecións ou modos. Das súas obras destacan Tratado sobre Deus, o home e a felicidade (1660) e Tratado político (1675-1677).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Honshū, Xapón, situada ao NO de Toquio (325.809 h [1997]). É un centro de investigación de aeronáutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. En 1918 publicou o seu primeiro libro de poemas, Los heraldos negros, de influencia modernista, ao que seguiron o vangardista Trilce (1922), a novela El Tungsteno (1931) e o póstumo Los poemas humanos (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, III conde de Pallares. Estudou leis en Salamanca, Santiago de Compostela e Madrid, onde se graduou en 1851. Foi membro do Consello de Estado (1893-1904) e do Tribunal Contencioso-Administrativo (1897), deputado polos distritos de Lugo (1857-1858), Mondoñedo (1863-1864) e Vilalba (1871-1872, 1876-1877) e senador por Lugo (1872), vitalicio desde 1877. Fundou El Correo de Lugo (1860) e cofundou e dirixiu El eco de Galicia (1872). Recibiu, entre outros galardóns, as cruces de Carlos III e Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, VIII condestable de Castela, II duque de Frías (1512), IV conde de Haro e cabaleiro do Toisón de Ouro. Durante o conflito das Comunidades de Castela, formou parte do Consello de Rexencia e levou á aristocracia a secundar a causa real. Venceu os comuneiros en Villalar e os franceses en Logroño e Hondarribia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome éuscaro de Sangüesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima e da Comunidad Autónoma de Aragón, situada no centro da depresión do Ebro, na confluencia deste co Gállego e co Huerva (614.905 h [2001]). Urbanisticamente desenvolveuse á dereita do río, ao redor do núcleo antigo. Ten industrias químicas, de maquinaria, de vidro e alimentarias. É un importante centro comercial e cultural. Ten aeroporto internacional. O núcleo inicial da cidade é Caesaraugusta, fundada por Octavio Augusto con veteranos das Guerras Cántabras (23 a C). Ocupada por Musà ibn Nu ṣ air (714), transformouse nunha gran metrópole islámica. Coa descomposición do Califato de Córdoba (1031), converteuse na capital da Taifa de Zaragoza. Cobizada por casteláns e aragoneses, Afonso I de Aragón conquistouna en 1118 e a poboación musulmá trasladouse extra muros da cidade, onde fundou o barrio da mouraría. Converteuse na capital da Coroa de Aragón pero a unión dinástica das coroas de Castela e Aragón transformouna nunha cidade dos Austria. Durante a Guerra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Comunidad Autónoma de Aragón (17.194 km 2; 861.855 h [1991]). A capital é Zaragoza. A poboación concéntrase na capital pero tamén destacan os núcleos de Calatayud (18.019 h [2001]), Ejea de los Caballeros (16.048 h [2001]), Utebo (11.896h [2001]), Tarazona (10.580 h [2001]), Caspe (7.896 h [2001]) e Tauste (7.043 h [2001]). A creación de canais permitiu o desenvolvemento do regadío (hortalizas, froiteiras, remolacha azucreira e millo). Do secaño destaca a vide e a oliveira. A industria céntrase nos arredores da capital e está moi diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado en 1529 polo que Carlos I vendeu aos portugueses os seus dereitos sobre unha ruta das Molucas que partía da Coruña e que supuxo a desaparición da Casa de Contratación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Zaragoza ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Zaragoza.

    VER O DETALLE DO TERMO