"PLA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

    1. Poñer plano ou nivelar un terreo eliminando as súas irregularidades.

    2. Explicar ou expoñer algo pouco claro con moitos detalles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fragmento de planta de dimensións variables, que se sementa nun medio de cultivo estéril, provisto de todas as substancias minerais, elementos nutritivos e hormonas necesarias para o desenvolvemento da planta enteira ou dalgúns órganos particulares. Emprégase esta denominación nas modernas técnicas de multiplicación e saneamento de plantas por cultivo in vitro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transferir unha mostra celular, tisular ou orgánica obtida dun ser vivo a un medio de cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido vivo separado do seu órgano propio e transferido a un medio artificial de crecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi plano ou de moi pouco grosor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, irmán de Bieito Xerome Feijoo. Autor de dúas glosas, unha en castelán e outra en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de reproducir obxectos en cortiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das resinas fenólicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plasto das feofíceas, que é rico nun pigmento de cor marrón chamado ficoxantina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. O seu pai, Andrés Fernández Montero, coñecido como Ollos mouros, e o seu avó, coñecido como Guinchote, foron escultores. Formouse baixo a liña de Xoán Antonio García de Bouzas. En 1794, pensionado polo conde de Gimonde, ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde coincidiu co seu irmán Tomé, tamén pintor. Foi profesor de debuxo na Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago (1806-1809). A súa obra é mostra do eclecticismo neoclasicista mesturado coas pervivencias barrocas. Antes de 1794 realizou, entre outras obras, a pintura do retablo de Nosa Señora das Dores en Santa María a Real de Conxo. Tralo breve paso pola academia, instalouse en Santiago, onde desenvolveu a fase de madurez da súa pintura (1794-1815) coas decoracións das novas igrexas de San Bieito do Campo e da Capela Xeral das Ánimas. Estas obras caracterizáronse pola presenza dun gran número de personaxes, realizadas a gran tamaño, cunhas composicións baseadas na diagonal coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación de tecido fibroso.

    2. Afección ocular que se dá a miúdo nos bebés prematuros que se someten nas primeiras horas de vida a altas concentracións de osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plasmodio de agregación reticular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto constituído por organismos vexetais, fundamentalmente algas microscópicas, que son os produtores primarios do medio. Presenta capacidade de fotosíntese e é de grande importancia para a alimentación doutras formas de vida acuática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación mestra da termodinámica do non-equilibrio que describe procesos multidimensionais e continuos que son aleatorios e markovianos mediante un conxunto de variables macroscópicas q. A ecuación de Fokker-Planck ten unha importancia crecente na física estatística, sobre todo no estudo dos fenómenos cooperativos e nas transicións de fase, e a dinámica da maioría dos procesos irreversibles dáse por unha ecuación de Fokker-Planck.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plano fotográfico elaborado reunindo fotografías aéreas, que foron previamente reducidas utilizando unha mesma escala (ortofotoplano).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte medial do fuso acromático da célula vexetal sobre a que se forma a placa celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz romana, filla de Teodosio I o Grande. Apresada por Alarico durante o saqueo de Roma polos visigodos (410), casou co rei visigodo Ataúlfo (414) e acompañouno a Hispania. Enviuvou no 415 e casou con Constancio, xeneral do seu irmán, o Emperador Honorio, e emperador no 421. Trala morte do seu esposo fuxiu a Constantinopla acusada de conspirar contra Honorio e conseguiu que recoñecesen como emperador de Occidente o seu fillo Valentiniano III (425). Exerceu a rexencia durante a súa minoría de idade. Consérvase o seu mausoleo en Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo aparecido a partir de 1957 en Bos Aires. Trátase dunha publicación societaria editada polo Centro Galego de Mar del Plata e dirixida en diferentes épocas por Secundino Bugallo Alonso e Xoán Vázquez García. Incluíu artigos referidos á paisaxe, á arquitectura e á cultura de Galicia, biobliografías de destacados escritores galegos, poesías e textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica para a obtención de obxectos metálicos por electroformación a partir de modelos (moldes) que actúan como negativo do obxecto e que despois se separa, de xeito total ou parcial, da peza obtida. O molde ten que estar constituído por un material quimicamente inerte, indeformable nas condicións da electrólise e ademais pode ser condutor ou non; no segundo caso débese preparar previamente a superficie para que se converta en condutora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á galvanoplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO