"Perez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 270.
-
PERSOEIRO
Director teatral e tradutor. Colaborador de Casahamlet e La Voz de Galicia, foi director da colección de teatro da editorial Pico Sacro (1975-1977). Dirixiu Romance de Micomicón e Adhelala (1973), de Blanco-Amor para o Grupo Teatral Rosalía; e Ernest (1982) e O montapratos (1983) para a Escola Dramática Galega. Traduciu ao galego obras de autores clásicos, como Ernest: comedia frívola para xente seria (1999), de Oscar Wilde; O asasinato de Roger Ackroyd (2001), de Agatha Christie; e Hamlet (1993) e nun só volume Romeo e Xulieta/ O rei Lear (2003), de William Shakespeare. Recibiu o I Premio de Investigación Teatral da Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Doutor en Químicas, ingresou no PSOE en 1974. Deputado no Congreso desde 1993, foi ministro de Educación (1992-1993) e da Presidencia (1993-1996), e desde 2004 voceiro do grupo parlamentario socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Na súa obra procurou acadar a xeometría no interior de territorios abstractos, co predominio de fondos neutros e escasas referencias formais. Da súa produción destaca Casa con palmera (1987). Ten obra na Colección Caixanova, no Museo de Arte Contemporáneo Carlos Maside de Sada e na Colección Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor mexicano. Coñecido como Juan Rulfo, integrouse no grupo de escritores que crearon un universo propio, Comala, para convertelo en escenario onde se desenvolven as súas historias. Na súa obra reflicte as dificultades da súa infancia, especialmente as loitas relixiosas da ‘guerra de los cristeros’ e o falecemento dos seus pais, pero tamén se manifesta o seu carácter sensible e romántico. Apaixonado da literatura clásica, está considerado como un dos representantes do realismo máxico. Os seus personaxes, que se moven en escenarios rurais de México, representan e reflicten o tipismo do lugar, cos seus grandes problemas, o atraso, a miseria, o caciquismo, onde a presenza da morte, a violencia, a degradación e a sexualidade son unha constante. Todas estas preocupacións reflectiunas tamén no seu arquivo fotográfico, composto por máis de 6.000 negativos. Da súa obra destacan a colección de pequenos relatos El llano en llamas (1953), centrada na vida dos labregos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Ourense por Xosé Ramón Pérez Cid en 1920 dedicada a importar camións e á venda de maquinaria agrícola. Na década de 1950 comezou a distribuír as marcas de motos Guzzi Hispania e Biscuter, os vehículos industriales Pegaso e turismos. En 1960 converteuse no Grupo Pérez Rumbao SA e consolidouse a través da venda de turismos a través da súa rede de concesionarios, talleres de reparación, estacións de servizo en Ourense e distribución de combustibles en Ourense e Vigo.
-
PERSOEIRO
Pintora. Coñecida como Baley, formouse no taller de Alberto Castro Couso e Ana Matilde Martínez Pasarín. A súa obra, expresionista e con matices de neofiguración, contou cun dominio da luz que enriqueceu a variedade cromática dos seus lenzos. Está considerada a herdeira da tradición dos bodegóns do s XVII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e deseñador gráfico. Coñecido como América Sánchez, instalouse en Barcelona en 1965, onde ten deseñado a imaxe de diversas empresas e institucións, como os logos de Barcelona’92, o Teatre Nacional de Catalunya ou os sinais identificativos do Fórum de las Culturas de Barcelona (2004). Autor do mural Barcelona Gráfica (2001), a súa creación artística está preferentemente constituída por fotomontaxes de carácter irónico. Recibiu o Premio Nacional de Diseño de España (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Coñecido como Manuel Antonio, foi o máximo representante do movemento vangardista en Galicia, xa que soubo conxugar o espírito das diferentes correntes vangardistas europeas e hispanoamericanas co pensamento da sociedade galega da época. Aos catro anos, por mor da tuberculose e da morte de seu pai, trasladouse a Padrón, á casa da súa avoa e dun dos seus tíos, sochantre na colexiata de Iria Flavia, onde recibiu unha formación fundamentalmente católica, que deu paso a unha incipiente xermanofilia e o interese polo carlismo. Malia que a intención da familia era que continuase a súa formación católica, aos trece anos decidiu marchar a Santiago de Compostela, onde principiou os seus estudos de bacharel. Foi aquí onde comezou o seu compromiso co galeguismo e o republicanismo, particularmente tras o seu ingreso no Centro Republicano de Santiago. Por eses anos mantivo correspondencia co seu curmán Roxelio, quen máis o animou a escribir, e con outros políticos e intelectuais galeguistas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Acadou o grao de capitán de artillaría pero abandonou o exército para ingresar no PSOE (1913). Foi cofundador do Partido Comunista Obrero de España (PCOE) en 1921 e secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE) en 1923. Durante a Segunda República Española afiliouse a Falange Española. Escribiu El partido socialista y la acción de las izquierdas (1918), Memorias de mi amigo Óscar Perea (1931) e Sitio y defensa de Oviedo (1937)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña 8.8.1948) Político. Doutor en Ciencias Económicas e profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela, subsecretario do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións (1985-1990), e secretario xeral de Infraestruturas no Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente (1990-1994). Deputado no Parlamento galego desde 1997 e secretario xeral do PSdeG-PSOE, desde 1998 é membro da executiva federal do PSOE. Participou no Pacto do Hostal e no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia. Escribiu Agricultura y capitalismo: análisis de la pequeña produción campesina (1983), Economía campesiña e capital: A evolución da agricultura galega: 1960-1980 (1983), A Galicia emprendedora (2000) e En clave de país (2001), ademais de numerosos estudos sobre temas de desenvolvemento rexional e economía agraria no marco da UE.
-
GALICIA
Xornalista e político. Comentarista político en diferentes xornais, como El Imparcial, periódico que dirixiu (1979), foi xefe de publicacións e de comunicación no Museo Arqueológico Nacional (1981-1987). En 1990 ocupou a dirección do gabinete de comunicación do presidente da Xunta de Galicia. Foi secretario xeral de Comunicación (1991-1996), deputado no Parlamento de Galicia (1997) e conselleiro de Cultura e Comunicación Social desde 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deportista e profesor. Doutor en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e licenciado en Belas Artes. Presidente e profesor do INEF-Galicia, foi adestrador das seleccións de Colombia, Costa Rica e España de voleibol e presidente da Federación Galega de Voleibol. Autor dun Reglamento del minivolei, escribiu Xogos populares en Galicia (1986), en colaboración con Xaquín A. Tabernero Balsa. Recibiu o Premio Nacional de Promoción Deportiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Formouse, xunto co seu marido Antón Abreu Bastos e con Demetrio Urruchúa, en Arxentina. Instalouse en España en 1973 onde formou parte, tamén xunto co seu marido, do Grupo da Prata, asociado ao movemento expresionista. Realizou retratos en pastel que destacaron pola elegancia atemporal dos ambientes e pola análise psicolóxica dos seus modelos, dentro dun marcado carácter surrealista. Das súas obras destacan Meigas de maíz (1987), El discreto encanto (1991), La abuela (1991), El llamado (1998) e Desnudos en la playa (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico e visual. Formouse no Centre Genevois de Gravure (1985-1989). Integrante da Comisión Técnica do Foro da Cultura Galega, foi director artístico dos programas audiovisuais Sitio Distinto e Galeguidade, e codirixiu o programa radiofónico O enemigo dentro. O seu traballo está influído por pintores como J. Miró ou V. Kandinskij e escritores como A. Rimbaud ou I. Calvino. A súa obra gráfica acadou un estilo a base de emulsións cromáticas suaves, que reúne historias íntimas ou imaxinarias. Realizou varias escenografías para obras de teatro. Da súa produción destacan Umbra (1990), Hacedor (1990) e a serie Labirintos e Esbirros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, realizou estudos de dereito. Foi deputado no Parlamento galego (1980-1997), director xeral de Relacións Institucionais (1983-1986), vicepresidente (1986) e presidente (1986-1989) do Parlamento galego, concelleiro en Ourense (1990), deputado na Deputación de Ourense (1990), senador (1990-1991), conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes (1991-1997) e vicepresidente da Conferencia Nacional de Agricultura (1994-1997). Foi patrón da Fundación Ferial Semana Verde de Galicia (1991-1997), conselleiro do IGAPE (1991-1997) e membro dos consellos reitores de diversos parques naturais de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, as medallas de ouro de Feiraco, Irmandiños, Semana Verde e Ternera Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sociólogo. Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e catedrático de Socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións centráronse na análise das organizacións complexas e a estrutura social de Galicia. Foi o primeiro presidente da Asociación Galega de Socioloxía, membro fundador e vicepresidente da Asociación Forestal de Galicia, da Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE), do Instituto do Bosque Cultivado e da Conferencia Mundial de Propietarios Forestales. Autor, coordinador e editor de diversas obras como O factor relixioso na España actual: o cambio socio-relixioso como cambio político na España dos anos 70 (1974), Los periódicos ante las Autonomías (1982), Plan forestal de Galicia (1992), O Galego segundo a mocidade: unha achega ás actitudes e discursos sociais baseado en técnicas experimentais e cualitativas (2003) e Nuevos Modelos de Gestión Hospitalaria (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudou no colexio militar de Santiago de Compostela e interveu activamente en Andalucía nas campañas favorables ao goberno liberal durante a invasión absolutista dos Cen Mil Fillos de San Luís (1823). Desde Cádiz iniciou o seu labor pictórico cunha primeira etapa prerromántica (1823-1833), inspirada na pintura flamenga do s XVII e na francesa de finais do s XVIII. De 1830 a 1833 viaxou a San Juan de Puerto Rico para realizar a decoración do Teatro Tapia. Tras o seu regreso a Sevilla iniciou con Vista de la Giralda de Sevilla desde la calle de la Borceguinería (1833) unha segunda etapa pictórica (1833-1854), en que se centrou cada vez máis na pintura paisaxística de carácter romántico e trazos costumistas (La plaza partida), influído polo pintor escocés David Roberts. Empregou unha técnica empastada, de trazo nervioso, colorido cálido e brillante e atmosferas vaporosas que o aproximaron á pintura de Turner (Las lavanderas del Manzanares, 1838). En 1835...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, irmán de Xenaro Pérez Villaamil Duguet. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de La Coruña. Entre 1830 e 1833 traballou co seu irmán na decoración do Teatro Tapia de Puerto Rico e no Teatro Liceo de Madrid. Tamén realizou debuxos para o Seminario Pintoresco Español e láminas para o álbum España Artística y Monumental, publicado polo seu irmán, así como litrografías para o xornal El Álbum Filarmónico (1839) e para a novela El Almirante de Castilla (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico. Abandonou os estudos de arquitectura para dedicarse á pintura. A finais da década de 1960 entrou en contacto cos artistas do neofigurativismo madrileño, polo que progresivamente foi abandonando o xeometrismo das súas obras. Viaxou por Italia (1975), feito que tamén influíu na súa pintura, na que introduciu elementos mitolóxicos e recursos manieristas, en moitas ocasións integrados en composicións arquitectónicas. Realizou os frescos da Cámara de Comercio de Sevilla e os do teito do Pabellón de Andalucía, na Expo’92. As súas obras, de forte colorido e luminosidade, representan a personaxes que se moven en complexas escenografías teatrais, que unifican interiores con exteriores. Destacan Grupo de personas en un atrio o alegoría del arte y la vida o del presente y el futuro (1975-1976), Escena de los personajes a la salida de un concierto de rock (1979) ou Figura reclinada veneciana moderna (2004). Realizou tamén gravados, deseños de mobles, decoracións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Realizou series temáticas que destacaron pola riqueza matérica e cromática, así como pola variedade de rexistros empregados, tanto figurativos como abstractos. Concibiu a pintura como un espazo experimental en que coincidiron mito e texto (Sensaciones griálicas, 1992), alusións históricas (Templos, 1994) ou metafóricas (Os obxectos da memoria, 1997; Metáfora dunha viaxe, 1998).
VER O DETALLE DO TERMO