"Pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
PERSOEIRO
Escultor. Activo en Palencia entre 1531 e 1558. Traballou con Diego de Siloé, o seu mestre, na portada da sancristía da catedral de Granada (1531). Entre as súas obras destacan os púlpitos da catedral de Palencia (1541) e de Aranda de Duero (1544-1547), e a portada da igrexa de Santiago en Medina de Rioseco (1549).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político salvadoreño. Elixido presidente da República en 1935, as súas desavenencias co vicexefe José María Silva provocaron a súa dimisión ao ano seguinte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Ordenado relixioso baixo o nome de Pedro de Jesús, escribiu Fábula del Genil e a antoloxía Las flores de poetas ilustres (1605).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dinosauro terópodo, de ata 12 m de lonxitude e dunhas 6 toneladas de peso, caracterizado por presentar unha gran crista, de ata 2 m de altura, formada por proxeccións das vértebras dorsais recubertas de pel. Esta ampla superficie, sucada de vasos sanguíneos, funcionaba como un sistema de termorregulación ao poder absorber ou disipar calor e por tanto manter a actividade con maior facilidade, independentemente da temperatura ambiental. Posiblemente, a crista presentaba cores vivas que terían un papel nas relacións intraespecíficas de defensa do territorio ou de comunicación sexual. Os espinosauros dispuñan de potentes mandíbulas longas con numerosos dentes rectos e afiados, propias de terribles depredadores. Camiñaban normalmente sobre as patas traseiras, deixando as dianteiras libres para suxeitar as presas. Ao correr, mantiñan elevada a longa cola, ancha na base e fina na punta, para conservar o equilibrio. De todos os xeitos, os brazos eran bastante fortes e posiblemente nalgúns momentos...
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cartelle baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten espiñas.
-
Que ten ou mostra moitas dificultades ou atrancos.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Espiñoso (Cartelle). De estilo barroco, construíuse en 1749 e ampliouse en 1780. No seu interior destaca a ábsida cuberta con bóveda de crucería, o retablo maior neoclásico e os retablos laterais, un con elementos aproveitados dunha obra anterior do s XVIII e outro de finais do s XIX. Na fachada sobresaen os capiteis vexetais das pilastras que flanquean a porta, a espadana e o escudo de armas dos Zúñiga e Biedma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor venezolano. Formouse na Escuela de Artes Plásticas Cristóbal Rojas de Caracas (1969-1977) e no Pratt Graphics Institute e na School of Visual Arts de Nova York (1977-1980). Na súa obra acadou unha grande importancia a valoración do obxecto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador venezolano. Formouse na Escuela de Artes Aplicadas Arturo Michelena de Valencia (1953) e na Escuela de Artes Aplicadas Cristóbal Rojas de Caracas (1955-1957), e ampliou estudios en Berlín, París e Roma. Foi director do movemento El Círculo del Pez Dorado e pertenceu ao Centro de Enseñanza Gráfica (CEGRA) e ao Taller de Artistas Gráficos Asociados (TAGA). Participou en 1967 na creación da Galería de Arte Nacional e no proxecto de creación da Escuela de Artes Plásticas. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1987.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para medir e determinar a magnitude de partículas alfa. Baséase na cuantificación das pequenas luces que provoca o choque das partículas contra unha pantalla fluorescente que posúe o aparato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo formado por dúas esferas metálicas soportadas por uns brazos que se conectan aos polos dun xerador de tensión, que se poden separar gradualmente. Emprégase moito para medir tensións de ruptura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espiña diminuta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta espínulas.
-
PERSOEIRO
Poeta latino. A súa obra fundamental é Thebais, poema épico, en 12 libros, sobre a expedición dos Sete contra Tebas. Escribiu tamén a escolma Silvae e o poema inacabado Achilleis. Influíu en moitos poetas medievais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo forte para arriar e soster o rizón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lanzar unha cousa ou persoa con forza e violencia contra algo.
-
-
Mecha feita de estopa ou doutras substancias inflamables, que se introducía na orella do canón de artillería para acender a carga impulsora do proxectil.
-
Cilindro de cobre, latón ou dalgunha materia plástica, cheo dunha substancia detonante, que pola acción da agulla do percutor, por fricción ou polo paso dunha corrente eléctrica, inicia a combustión da carga de proxección dun proxectil.
-
-
-
Filamentos finos do liño antes de ser fiado.
-
Fiado que se fai cos filamentos finos do liño e tecido que se obtén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo que se amarra ao rizón na arte de pesca ao trabuquete.
-
PERSOEIRO
Bioquímico, pai de Ulf Svante von Euler. Estudiou na Universidade de Berlín, foi colaborador de Svante Arrhenius no Instituto Real de Tecnoloxía e profesor da Universidade de Estocolmo, onde o nomearon director do Instituto de Bioquímica. Estudiou os enzimas, especialmente os que interveñen na fermentación do azucre. Atopou a estrutura do primeiro coenzima descuberto, chamado difosfopiridin-nucleótido. Tamén traballou na estrutura e obtención de vitaminas e foi o primeiro que illou a vitamina A. En 1929 compartiu o Premio Nobel de Química con A. Harden, polos seus estudios sobre a acción dos enzimas na fermentación dos azucres.
VER O DETALLE DO TERMO