"RDA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 499.

      1. Exceder algo, especialmente un líquido, os bordos dunha canle ou dun recipiente.

      2. Encher algo un recipiente ou un lugar ata os bordos.

    1. Sobrepasar os límites dunha persoa ou dunha capacidade.

    2. Presentar algo ou alguén un sentimento ou calidade de maneira destacada e intensa.

    3. Conseguir un corpo de tropa estenderse en anchura, envolvendo os flancos doutro corpo de tropa ou grupo inimigo.

    4. Superar un líquido os bordos dun recipiente, especialmente un río o seu leito.

    5. Manifestarse un sentimento ou unha paixón de maneira esaxerada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Romper a concordia ou a harmonía.

    2. Estar en desacordo con algo ou con alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abrir os fardos das mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Limpar a lorda a algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desherdar.

    2. Que ou quen carece das vantaxes ou medios que teñen outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facultade que ten o testador de excluír da lexítima herdanza a algún herdeiro forzoso. O Código Civil español establece que debe ser expresado no testamento, fundamentado nalgunhas das causas legalmente establecidas, non suxeitarse a ningunha condición e afectar a toda a herdanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Privar a alguén da herdanza que lle corresponde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Ocupou a presidencia da República entre 1964 e 1970. Durante o seu mandato atendeu as obras públicas e enfrontouse á revolta estudantil de 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de acordo en algo.

      1. Relación entre os estratos superpostos e os sedimentados, cun intervalo de tempo de separación no que hai movementos oroxénicos, epiroxénicos, unha forte erosión ou descontinuidade na sedimentación das capas. Hai diversas clases: aconformidade, se as rochas da base non están estratificadas, como as cristalinas; discordancia angular, chamada tamén desconformidade, e pseudoconformidade, se os grupos de estratos forman un ángulo entre eles, e por último paraconformidade, se ambas series son paralelas pero a superficie que as separa é difícil de ver.

      2. Superficie que separa os sedimentos discordantes.

    2. Fenómeno da métrica francesa que se refire aos desaxustes que existen entre os versos e as estruturas gramaticais. Pode ser interna, se se produce nunha cesura que divide o verso en dous, ou externa, se aparece entre dous versos. Dependendo do tipo de desaxuste, prodúcese o rejet, ou atraso do período -por exemplo, dunha frase con respecto ao verso-; o contre-rejet, se a frase se adianta ao verso; e o encabalgamento, se a frase se divide entre dous versos, comezando nun e rematando no seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que discorda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estar en desacordo con algo ou con alguén.

    2. Contrastar dúas ou máis cousas entre si.

    3. Estar sen afinar as voces ou os instrumentos musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade semanal aparecida en Vigo entre os anos 1907 e 1916. Fundada por Xaime Solá. Posiblemente, teña relación con outra publicación do ano 1915 coñecida como Doña Verdades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade semanal que apareceu en Vigo en 1915. Probablemente, tivo relación con outro semanario da mesma cidade titulado Don Verdades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor checo. Membro do Partido Comunista, dende 1949 ata 1956 foi secretario da unión de escritores checoslovacos. Das súas obras, adscritas ao realismo socialista, destacan Městečko na dlani (Unha pequena cidade nunha palma da man, 1940), Putování Petra Sed milháře (Viaxes de Pedro Setementiras, 1943) e Němá barikáda (A barricada muda, 1946). É, ademais, autor de contos, comedias satíricas e crítica literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Durante a Guerra Civil española organizou os servicios de transfusión de sangue do exército republicano e foi o pioneiro en levar á práctica os coñecementos científicos da época sobre a extracción, a tipificación, a conservación e o transporte do sangue. Durante a Segunda Guerra Mundial asesorou os servicios de transfusión de sangue do bando aliado. Investigou a orixe dos eritrocitos e do epitelio da mucosa gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Santiago de Compostela a partir do 7 de marzo de 1868. Cesou en xullo do ano seguinte (nº 66). Impreso e editado por Xosé Mª Paredes, figuraba como director Antonio López Ferreiro. O seu equipo de redacción estaba integrado por Miguel Eleizequi e Xosé Lafuente. Contou coa colaboración de Narciso Cepedano, Ovilo e Otero, Fernando de la Vega e Oviedo e Arce. Trátase dunha publicación na que se incluíu información de carácter científico, bibliografía, apuntamentos históricos, un boletín relixioso e seccións agrícolas e recreativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Duarte/ Duartina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión natural e histórica do NL de Catalunya, situada na fachada marítima. Consta esencialmente dunha chaira de afundimento de época cuaternaria, que enlaza as ribeiras aluviais dos ríos Muga, Fluvià e Ter. Dous macizos paleozoicos pechan a chaira: ao N o pirenaico da serra de Albera e o das Gavarres ao O, prolongado ao S polo tamén mediterráneo da Selva. Está dividido nas comarcas de l’Alt Empordá e Baix Empordá.

    VER O DETALLE DO TERMO