"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

  • GALICIA

    Profesor. Licenciouse en Filosofía na facultade Pontificia de Oña (Burgos), en Químicas na Universidade de Santiago de Compostela (1952), en Teoloxía no Heytrhop College de Inglaterra (1957) e en Educación na Stanford University de California (1970). Foi profesor de químicas no seminario Pontificio de Comillas (ata 1960), director do colexio de San Estanislao de Salamanca (1960-1961) e do Apóstolo Santiago de Vigo (ata 1968). Dirixiu a sección de tecnoloxía educativa do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela e, desde 1971, foi director do primeiro circuíto pechado de televisión que se creou nos ICE de todas as universidades. Foi presidente do Seminario Permanente de Tecnoloxía Educativa da rede INCIE/ICE e membro da Association for Educational Communications and Technology e American Educational Research Association.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión de Bodelé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das brasicáceas, de follas enteiras. Presentan flores de pétalos enteiros ou emarxinados, brancos ou amarelos, e froito nunha silicua con valvas case planas con nervio medio na metade superior. En Galicia está presente a especie D. muralis, en valados, sebes e lugares areosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de durable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser elaborado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Federación de sete estados independentes da costa oriental da Península Arábiga. Limita ao N con Qatar e o Golfo Pérsico, ao L con Omán e o golfo de Omán, e ao S e O con Arabia Saudí (83.600 km2; 2.900.000 [estim 2000]). Esténdese entre os 27° e os 22° de latitude N e os 51° e os 57° de lonxitude L. A capital é Abū Zabī.
    Xeografía física
    O relevo ondulado é na súa maior parte desértico, con escasos oasis e wadis (leitos de ríos secos e pedregosos). Na liña costeira, por mor da escasa profundidade da auga, fórmanse numerosas illas coralinas e bancos de area. O clima é desértico, moi árido e con temperaturas elevadas.
    Medio ambiente
    A fauna e flora é a típica de dunas, chairas salinas e oasis, onde destacan pola súa singularidade e escaseza, algúns mamíferos como o antílope arábigo e o caracal. Na costa, as praias intercálanse con enseadas, onde aparecen formacións de mangleiros, que constitúen importantes puntos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pescar con raba.

    2. Quedar os cans unidos polos órganos sexuais ao realizar a cópula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén colla unha rabecha.

    2. Coller unha rabecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar rabia.

    2. Sentir rabia por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trabar un animal cunha pexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser enumerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode equiparar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precipitación de sarabia acompañada de vento frío do N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tempo moi frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escarabeidos.

    2. Insecto da familia dos escarabeidos.

    3. Familia de coleópteros que, na fase adulta, se presentan como escaravellos de antenas rematadas nunha especie de abano, formado pola expansión dos artellos terminais -do terceiro ao sétimo- destes apéndices; por este motivo denomínanse tamén lamelicornios. Posúen patas longas e provistas de dentes no bordo externo das tibias que lles serven para cavar. As alas son de venación reducida. As larvas son grosas, de patas curtas e cabezas provistas de fortes mandíbulas, e adoitan ser saprófitas. As larvas dalgúns xéneros aliméntanse de raíces e poden chegar a causar danos económicos considerables, mentres que outras se alimentan de madeira, de produtos en descomposición, de cadáveres ou de excrementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Lampón (concello de Boiro), situado na beira setentrional da ría de Arousa. É un importante porto pesqueiro; as capturas que se descargan nel abastecen a industria conserveira local, especializada no enlatado de sardiñas e moluscos. As instalacións portuarias ocuparon unha gran parte do litoral de Escarabote e deixaron dúas praias a cada lado; a maior delas, a praia de Escarabote , é un areal duns 80 m de longo e cunha media de 5 m de largo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida a partir de xaneiro de 1932 en Ourense. Cesou a súa edición en marzo de 1934 (nº26). Subtitulouse “Revista mensual de educación de la ATEO”. O seu primeiro director foi Albino Núñez Domínguez, substituído en 1933 por Baltasar Vázquez. Coa dimisión deste último pasaron a coordinar a publicación Luís Soto Fernández, Elixio Núñez e Manuel Luís Acuña. De tendencia socialista, incluíu artigos de carácter político e educativo, en que se reflectían as reivindicacións dos mestres galegos, denunciou o auxe do fascismo, realizou unha defensa da paz e da escola campesiña e criticou as relacións entre política e relixión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode esperar.

    VER O DETALLE DO TERMO