"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • PERSOEIRO

    Escritor, monxe e político romano. Ao principio do s VI tivo unha importante actividade política; no 533 chegou a prefecto pretorial e influíu poderosamente na reconciliación de Teodorico coa Igrexa romana. Cara ao 550, fundou o mosteiro de Vivarium, preto de Scylacium (Squillace), de liña beneditina, onde se dedicou á transmisión da cultura grega mediante a copia de manuscritos e pergamiños. Ademais, empregaba no ensino algunhas das súas obras e no seu programa de estudios incluía as Sagradas Escrituras e as artes liberais. Como político escribiu Variae (Varias), conxunto de cartas con referencias a decretos e editos imperiais. Dos seus escritos filosófico-teolóxicos destacan De anima (Da alma), Institutiones divinarum et saecularium litterarum (Disposicións sobre as letras divinas e profanas) e Historia ecclesiastica tripartita (Historia eclesiástica tripartita). Tamén escribiu unha recompilación titulada De orthographia (A ortografía),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena elevación de terreo de forma redonda na que antigamente se situaba un pequeno campamento para defender as terras da parte baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cambados baixo a advocación de santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Xoán de Río baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diminutivo correspondente ao apelido Castro. Documéntase dende o s XIII: “Pelagius Arie de Castrello” (doc ano 1233 en Boletín de la Real Academia Gallega, número 209-210, p 148). Adoita aparecer castelanizado como Castrillo.

    2. Liñaxe procedente de Castrelo de Miño. As súas armas traen escudo mantelado en punta: primeiro e segundo, en campo de prata, cun castelo de sinople ou armiño; mantel de goles, cunha torre de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Riós baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Riós baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que lle dá nome ao concello de Castrelo de Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Ribeiro, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Ribadavia e Cenlle (comarca do Ribeiro), ao L co de Toén (Ourense), ao S cos de Cartelle (Terra de Celanova) e A Arnoia (O Ribeiro), e ao O cos de Ribadavia e A Arnoia. Abrangue unha superficie de 39,7 km 2 cunha poboación de 1.997 h (2001), distribuídos nas parroquias de Astariz, Barral, Castrelo de Miño, Macendo, Ponte Castrelo, Prado de Miño e Vide de Miño. A capital municipal é o lugar de Barral, na parroquia de Barral, situada a 42° 17’ 20’’ de latitude N e 8° 05’ de lonxitude O, 122 km ao SL de Santiago de Compostela e 22 km ao SO de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Ribadavia e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O territorio municipal de Castrelo de Miño localízase baixo o dominio climático oceánico-mediterráneo. Situado no val do río Miño e rodeado de montañas, os rexistros termopluviométricos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Pantano sobre o río Miño orixinado pola presa situada entre as parroquias de Castrelo de Miño (no concello homónimo) e Ventosela (concello de Ribadavia). O encoro asolagou parte destas parroquias e das de Barral, Ponte Castrelo e Prado de Miño (no concello de Castrelo de Miño), Sanín (Ribadavia), e Trasariz e Razamonde (Cenlle). Inaugurado en 1969, foi construído por FENOSA para abastecer unha central hidroeléctrica; abrangue un volume de auga de 60 hm3 e permite instalar 112 MW de potencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castrelo de Miño. As primeiras referencias documentais do s X relacionan esta igrexa cun mosteiro feminino. No 929 foi soterrado nela o Rei Sancho Ordóñez. En 1167, Fernando II dooulla ao bispo de Ourense. Posteriormente pertenceu e foi encomenda da orde de san Xoán de Xerusalén e pasou a depender da encomenda de Ortoño, da mesma orde, que quedou sometida á de Quiroga. Conserva trazos románicos na torre e na ábsida semicircular decorada con canzorros labrados e está cuberta cunha bóveda de canón que conserva pinturas murais con escenas do Xuízo Final. O arco triunfal é de medio punto. A nave do edificio reconstruíuse no s XVIII. As dúas portas son obra do mestre Francisco de Acosta Caballero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que lle dá nome o concello de Castrelo do Val, por ser onde se sitúa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Verín, situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Vilariño de Conso (comarca de Viana), ao L co da Gudiña (Viana), ao S cos de Riós, Vilardevós, Verín e Monterrei, e ao O co de Laza (todos eles da comarca de Verín). Abrangue unha superficie de 122 km 2 cunha poboación de 1.242 h (2007) distribuída nas parroquias de Campobecerros, Castrelo do Val, Gondulfes, Nocedo do Val, Parada da Serra, Pepín, Piornedo, Portocamba e Servoi. A capital é o lugar de Castrelo do Val, na parroquia de Castrelo do Val, situada a 41° 59’ de latitude N e 7° 25’ 20’’ de lonxitude O, 190 km ao SL de Santiago de Compostela e 78 km ao SL de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Verín e á provincia e diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O territorio de Castrelo do Val localízase case que na súa totalidade baixo o dominio climático oceánico de montaña, agás unha reducida superficie no SO no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canteiro betanceiro. En 1600 rematou a reedificación da capela maior da igrexa de San Salvador de Cecebre (Cambre) e en 1604 traballou nas obras do claustro do mosteiro de San Francisco de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edicións Castrelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque Municipal Quiñones de León.

    VER O DETALLE DO TERMO