"Rif" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 250.
-
-
Ofrecer un ser vivo a unha divindade para obter o seu favor.
-
Matar un animal, especialmente para o seu consumo.
-
Expoñer ou someter unha persoa ou cousa á destrución ou a un dano en beneficio de algo que se considera máis importante.
-
Renunciar voluntariamente a algo para obter un beneficio.
-
Renunciar voluntariamente a aquilo que se considera favorable para si mesmo en beneficio doutra persoa ou cousa.
-
-
-
Acción de sacrificar ou de sacrificarse.
-
-
Doazón, renuncia ou inmolación que fai unha persoa ou unha comunidade relixiosa á divindade, como resposta á súa manifestación previa. Parte integrante do culto, o sacrificio é máis que a simple ofrenda e comporta a destrución, sexa en forma de comida, cremación, libación ou doutro modo, dunha vítima. A destrución e a morte atópanse no centro do sacrificio. A teoría moderna de orixe predeística do sacrificio afirma que este é unha acción máxica, sobre todo naqueles casos nos que a vítima é aniquilada. Outra concepción considera o sacrificio como ofrenda, baseada nun concepto de deus antropomórfico e no convencimento de que a ofrenda é compracente a un Deus persoal. Segundo unha concepción antiga, testemuñada pola narración bíblica dos sacrificios de Caín e de Abel, así como pola Ética a Nicómaco de Aristóteles, a ofrenda das primicias foi a forma máis primitiva de sacrificio. Modernamente, W. Schmidt mantivo esta teoría e afirmou que a ofrenda principal era un recoñecemento por...
-
sacrificio da cruz
Morte voluntaria de Xesús na cruz para expiar os pecados do home.
-
sacrificio incruento/sacrificio do altar/santo sacrificio
Celebración da misa.
-
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife e capital da illa de Tenerife, Canarias (188.477 h [2001]). É un importante centro turístico. Ten refinaría de petróleo e industria alimentaria, química, de materiais para a construción e tabaco. Fundouse no s XV como porto de La Laguna. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas da Concepción, San Francisco e El Pilar e o palacio de Cartas (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Canarias, integrada por 53 municipios distribuídos nas illas de El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife (3.208 km2; 806.801 h [2001]). A súa capital é Santa Cruz de Tenerife. Está composta por illas de orixe volcánico que acadan altitudes superiores aos 3.000 m e culminan no Teide a 3.718 m de altitude. O clima, condicionado polo relevo e os ventos alisios, é de tipo oceánico. Posúe un hábitat disperso onde destacan núcleos como Santa Cruz de Tenerife, La Laguna e Puerto de la Cruz. A súa economía baséase nas actividades agropecuarias, na pesca e principalmente no turismo.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Shelley Winters, destacan os seus filmes Winchester 73 (1950), The Diary of Anne Frank (Oscar á mellor actriz secundaria en 1959), Lolita (1962), A Patch of Blue (Oscar á mellor actriz secundaria en 1965), The Poseidon Adventure (1972) e La Bomba (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de machete ou de triángulo invertido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oficial administrativo, con funcións xudiciais, encargado de manter o cumprimento da lei nos condados e distritos, nos países anglosaxóns. En Inglaterra, Escocia e Irlanda do Norte representa a Coroa nos diversos condados, e en EE UU é un cargo electo que non ten case función xudicial. Fixado o seu carácter electivo (1300) e anual (1340), as súas funcións foron reestruturadas pola Sheriff Act (1877) e pola reforma dos County Courts (1934). Ata a abolición da pena de morte (1965) foi o encargado de executar esas sentenzas.
-
-
Relativo ou pertencente aos siluriformes.
-
Peixe da orde dos siluriformes.
-
Orde de peixes teleósteos, da clase dos osteíctios, co primeiro raio da aleta dorsal e das pectorais como unha espiña moi dura, ás veces dentada, que está relacionada con glándulas velenosas. Moitas veces presentan tamén unha segunda aleta dorsal adiposa. Teñen a pel núa ou con placas óseas, pero sen escamas, ata 5 pares de barbas e unha cola homocerca. Son depredadores, pero tamén comen detritos heteroxéneos e substancias vexetais, e habitan case exclusivamente nas augas doces continentais. Habitan practicamente en toda a zona tropical, sobre todo en augas interiores de América Central e meridional, Asia e África, así como en Europa.
-
-
-
-
Que produce sono ou sopor.
-
Que produce aburrimento.
-
-
Aplícase ao produto que diminúe o estado de vixilia sen chegar a producir a inconsciencia, provocando un estado de pre-hipnose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
sudorífico.
-
-
Que provoca a suor.
-
Aplícase ao medicamento ou produto que provoca a secreción da suor.
-
-
PERSOEIRO
Caudillo bérber. Dirixiu a primeira expedición musulmá na Península Ibérica en xullo de 710, baixo as ordes de Mūsà ibn Nu ṣ ayr. Desembarcou na Punta de Tarifa co consentimento do conde don Julián e devastou a zona de Algeciras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prezo estipulado, presentado xeralmente en forma de táboa ou catálogo, para determinados servizos, dereitos, impostos ou outros pagos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situada no centro do estreito de Xibraltar (15.670 h [2001]). Ten agricultura e gandaría ovina e bovina, pesca e industria conserveira. No S do termo atópase a punta Marroquí ou Punta de Tarifa, que constitúe o punto máis meridional de Europa. O seu nome vén de Tarīf ibn-Mālik, que a conquistou en 710. Conquistada por Sancho IV de Castela en 1292, Alonso Pérez de Guzmán o Bo, evitou que volvese caer en mans musulmáns. En 1344 a cidade foi escenario da Batalla de Tarifa, na que as tropas benimerinas estaban comandadas por Abū-I- Ḥ assan. O Rei Afonso XI obtivo a vitoria. Destaca o castelo árabe de 960 e unhas murallas con 26 torres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fixar unha tarifa.
-
ILLAS
Illa da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, a máis grande do arquipélago, que abrangue 30 municipios (679.899 h [2001]). A súa capital é Santa Cruz de Tenerife. Destacan o macizo volcánico do Teide, que culmina a 3.718 m, e a cordilleira Dorsal, que ocupa a parte central da illa e a divide en dúas partes. Posúe agricultura de regadío e pesca. O val de La Orotava destaca pola súa beleza paisaxística.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que infunde terror.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción química de conversión dun éster dun ácido orgánico noutro éster do mesmo ácido.
-
-
Que ten tres fases.
-
Sistema polifásico de tres fases (n=3). As tres tensións do sistema (representadas por R, S, T) presentan un desfase entre elas de 2 π/3 radiáns ou 120°. É o sistema polifásico que máis se emprega como corrente alterna industrial.
-
-
-
Hidrocarburo aromático que forma parte dun gran número de colorantes sintéticos.
-
Familia de colorantes que conteñen a estrutura do trifenilmetano, dos que destaca o verde malaquita, a fucsina, o violeta cristal e a aurina.
-