"Sil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 565.

  • GALICIA

    Actriz. En 1992 iniciou a súa traxectoria profesional, fundamentalmente na compañía Teatro de Ningures, creada en 1987 en Cangas do Morrazo. Como actriz traballou, entre outros, con directores como Etelvino Vázquez (Ubú Rei, 1989; María Soliño, 1990; Tic-Tac, 1995; Sempre Ubú, 1996; Lugar Común, 1998; Fausto, 2001), Alberto Bokos (Elektra, 1991; Crónica de Pantagruel, 1992; O polbo, 1993), Julio Cardoso (Macbett, 1994), José Martins (Terra de Lobos, 1995), Xulio Lago (A noite das tríbades, 1996), espectáculo co que obtivo o Premio María Casares á Mellor Interpretación Protagonista en 1997. Tivo a función de axudante de dirección con Xulio Lago en espectáculos realizados pola compañía portuguesa Teatro do Noroeste (Un inimigo do pobo, 1997), Teatro do Atlántico (Amor de Don Perlimplín, 1998) e Talía Teatro (Marsal, Marsal, 1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga. Colaboradora en distintas publicacións, da súa produción destacan As aventuras de Guauguau (1992), A xeración Nós e o Camiño de Santiago (1996), Antoloxía do conto galego de medo (1996), e as traducións das obras de Italo Calvino Marcovaldo (1987), O vizconde demediado (1988), O cabaleiro inexistente (1988) e O barón rampante (1988); de Carlo Levi Cristo parou en Éboli (1990); de Leonardo Sciascia O mar da cor do viño (1991); de Gianni Rodari Xasmín no país dos mentireiros (1991) e Gramática da fantasía (1999); de Carmen Bravo Villasante Endrina e o segredo do peregrino (1992); de Giuseppe Tavani As Cantigas de Escarnio e Maldicir (1996); e de Bruno Munari Carrapuchiña vermella, verde, amarela, azul e branca (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Seguidor do realismo socialista, publicou Cement (1925), Energija (1932-1938) e unha triloxía autobiográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Impulsor do realismo crítico no seu país, colaborou na revista Gazette littéraire (1831). Da súa produción destacan Vecera na khutore bliz Dikan’ki (Veladas no casarío de Dikanka, 1831-1832), Mirgorod (1835, triloxía na que estaba Taras Bul’ba, que logo completaría e editaría como novela en 1942), Revizor (O inspector, 1836), Mërtvye dusi (Almas mortas, 1842), Arabeski (1842, con Sinel, O capote, 1842) e Vybrannye mesta iz perepiski s druz’jami (Fragmentos da miña correspondencia cos amigos, 1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador en distintas publicacións como Mundo Gallego, Blanco y Negro, La Esfera e Mundo Gráfico, cultivou o teatro, a narrativa e a poesía. Da súa produción destacan La reina Silencio (1911), Sueños de noches lejanas (1912), El Eco (1913), La de los siete pecados (1913) e Mientras cantaban las ocarinas (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Enxeñeiro químico de profesión, foi correspondente durante a Segunda Guerra Mundial. É autor de contos, novelas e teatro. Da súa produción destaca Za pravoje delo (1952) e Vsjo tečot (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten once sílabas.

    2. erso de once sílabas de acentuación variable. A súa orixe pode establecerse nos versos latinos sáfico e senario iámbico, que cambiaron o seu carácter cuantitativo para converterse en versos rítmicos. Nos ss X e XI localízanse as primeiras mostras deste tipo de verso. No s XII incorporouse á poesía italiana, catalá e galego-portuguesa; nesta última puido existir un verso semellante ao hendecasílabo e do que deriva o verso de arte maior castelán. Garcilaso de la Vega foi un dos grandes cultivadores deste tipo de verso na lírica castelá. Segundo a acentuación, poden distinguirse os seguintes tipos de hendecasílabo: enfático, heroico, melódico, sáfico, dactílico, á francesa e galego antigo. E ste último equivale a un hexasílabo e mais un pentasílabo. Na lírica galega algúns autores como Aquilino Iglesia Alvariño, Faustino Rey Romero e Xosé Mª Álvarez Cáccamo cultivaron este tipo de metro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten sete sílabas.

    2. erso de sete sílabas. Utilízase, sobre todo, na poesía de carácter popular. Empregouse frecuentemente no Renacemento en combinación con versos de once sílabas e, con posterioridade, no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Sonora, México, situada á beira do río Sonora (609.829 h [2000]). Importante centro agrícola e comercial, é o segundo produtor de trigo de México. Fundada en 1700 polos xesuítas, a cidade recibiu en 1828 o nome do xeneral insurxente J. Mª. González Hermosillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a distinta sílaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao verso que ten dezaseis sílabas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao verso que ten seis sílabas e que se emprega desde a Idade Media. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non ten o mesmo número de sílabas no nominativo que no resto dos casos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliógrafo. Realizou unha nova bibliografía xeral portuguesa, o Dicionario Bibliográfico Português, que publicou entre 1858 e 1870.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos minerais da clase dos silicatos que presenta unha estrutura constituída por tetraedros de (SiO4)-4 que forman cadeas de lonxitude teoricamente indefinida unidas por catións. Subdivídense en piroxenos, de cadea simple, e en anfíbolos, de cadea dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome da vixésima letra do alfabeto grego <υ>, en minúscula, e <Υ>, en maiúscula. Como signo numérico equivale a 400 (υ) ou ben a 4.000 (,υ).

    2. Partícula elemental do grupo dos mesóns con carga eléctrica nula, descuberta en 1977, que, pola súa masa de 16.864,1 x 10-30kg, constitúe a partícula elemental máis pesada das coñecidas. O seu símbolo é Ψ.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos versos ou estrofas co mesmo número de sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa aqueles versos ou estrofas que presentan o mesmo número de sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota búlgaro. Coñecido como Vasil Levski, foi líder do independentismo búlgaro contra os turcos. Participou na revolta búlgara de 1867. Traicionado, morreu a mans dos turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ruso.   Nacionalizouse alemán (1927) e francés (1939). Impactado por   unha exposición impresionista, decidiu dedicarse á pintura e trasladouse a Múnic en 1896. Foi un dos iniciadores da arte abstracta (Acuarela, 1909; series de Composicións, Improvisacións e Impresións, 1910-1913) e un dos animadores de Der blaue Reiter (1911). Foi profesor na Bauhaus (1921-1933). A súa pintura evolucionou desde o impresionismo (ata 1907) cara a un fauvismo lírico (A montaña azul, 1909) e un expresionismo de influencia oriental (1910). Afastouse do obxecto e interesouse pola forma (1920) e as figuras xeométricas (O cadrado negro, 1925). Reuniu as súas teorías estéticas en Über das Geistige in der Kunst insbesondere in der Malerei (Do espiritual na arte e especialmente na pintura, 1912).

    VER O DETALLE DO TERMO