"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Acción e efecto de acoller.

    2. Institución de protección de menores desamparados na que a acollida pode ser simple ou preadoptiva. O acollemento simple é instituído por situacións de abandono nas que sexa posible o reintegro futuro na familia de orixe, mentres que o acollemento preadoptivo é un paso previo a un período de proba para a adopción. Considérase que o menor está desamparado cando faltan as persoas ás que por lei lles corresponde exercer as funcións de garda ou cando estas están imposibilitadas para exercelas ou en situación de facelo con perigo para o menor. A asunción das funcións de titoría implica a suspensión da patria potestade ou da tutela ordinaria durante o tempo de aplicación da medida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de acompañar.

    2. Persoa ou conxunto de persoas que acompañan a alguén ou algo.

    3. Persoa ou grupo de persoas que figuran nunha representación teatral pero que non desempeñan ningún papel particular porque non falan nin interveñen na escena.

    4. Conxunto de sons que conforman a harmonía dunha melodía. Polo xeral pódense distribuír nunha ou varias voces.

    5. Escolta militar que acompaña e protexe con vehículos blindados a outros vehículos.

    6. Os emblemas, cifras e outros ornamentos externos dun escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de acondicionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal ou éster do ácido aconítico. Os aconitatos de trietilo e de tributilo empréganse como plastificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que reciben as plantas do xénero Aconitum. Son especies de alta montaña, herbáceas e vivaces, de flores cigomorfas, de cor azul, branca ou amarela, reunidas en inflorescencias vistosas. A máis representativa é A. napellus, que contén unha serie de alcaloides tóxicos entre os que está a aconitina. En Galicia atópase a especie A. vulparia en lugares húmidos de montañas.

    2. Extracto alcólico do tubérculo e das follas do acónito (A. napellus). O seu principio activo é un grupo de alcaloides tóxicos, o máis importante é a aconitina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito extraordinario ou importante. Pode ter carácter individual, se afecta unicamente á vida dunha persoa, ou colectivo, se implica a un grupo humano ou colectivo social na súa globalidade.

    2. Unidades mínimas de sentido que, relacionadas dun xeito lóxico ou cronolóxico, dan lugar á historia. Os acontecementos acadan a súa significación en virtude da estruturación da acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carente de flaxelos.

    2. Algas desprovistas de flaxelos ao longo de todo o seu ciclo vital. Denomínanse así as algas conxugadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asfixia ou falta de respiración momentánea.

    2. Coloración da cara nunha persoa por mor dunha difícil respiración.

    3. O que sofre intranquilidade ou sufrimento por algo que lle resulta preocupante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de acordar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sen defecto físico, de boa feitura. OBS: Só se usa na expresión san e acorreito para referirse tanto a persoas como a animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na Castela medieval, pago en metálico co que o rei retribuía aos vasalos os servicios militares prestados, chamados tamén feudos de bolsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acoutar.

    2. Acción de poñer as cotas nun esbozo, plano topográfico ou mapa.

    3. Proceso polo que se determina un couto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de acovardar ou acovardarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Protista do grupo dos acrasiomicetos.

    2. Grupo de organismos protistas que se multiplican por esporas e que no seu ciclo vital pasan por unha fase de ameba con pseudópodos de tipo lobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acrecentar.

    2. Primeiro período das enfermidades durante o cal os síntomas se fan progresivamente intensos.

    3. Crecemento que experimentan os minerais por xustaposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido acrílico. Os acrilatos importantes son os ésteres empregados como monómeros na fabricación de polímeros acrílicos. Todos os ésteres acrílicos son tóxicos, especialmente os máis volátiles. Caracterízanse pola presenza do grupo vinilo na súa molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de acrisolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa externa do mesoblasto, que dá lugar ao acrosoma no momento da espermatoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acrópole da antiga Corinto. As escavacións arqueolóxicas que alí se realizaron contribuíron ao establecemento dunha seriación cronolóxica das cerámicas gregas preáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade lingüística do continuo crioulo que se diferenza moi pouco do superestrato ao que tende a asimilarse.

    VER O DETALLE DO TERMO