"Tura" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 473.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola de arquitectura pertencente á Universidad de Madrid. A súa orixe vincúlase aos estudios que se daban na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Trala reforma educativa de 1844, estes estudios desenvolvéronse na Escuela de Nobles Artes (1845) e en 1848 creouse a Escuela Especial de Arquitectura de Madrid, a primeira que funcionou en España. Dende 1936 a escola ocupa a sede na Ciudad Universitaria. Entre outros arquitectos galegos formáronse nela A. Álex Reylén, F. Castro Represas, J. A. Corrales, A. Fernández-Albalat, J. M. Gallego Jorreto, P. de Llano, I. Seara e A. de la Sota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade da arte contemporánea que se sitúa a medio camiño entre a escultura e a pintura. Conxuga o relevo escultórico e a forma pictórica e concédelle grande importancia á cor -que se obtén dos propios materiais e non de forma externa- e á luz. Realízase sobre diferentes materiais, entre outros, o coiro, o plástico, as teas metálicas e elementos de refugallo.
-
-
Arte e técnica de esculpir, modelar ou tallar obxectos en pedra, madeira, metal ou outro material.
-
Obra esculpida. O significado ortodoxo do termo limítase ao oficio en que a produción da obra se realizaba por un procedemento de eliminación da materia. De xeito máis xeneralizado, fai referencia a toda obra tridimensional, independentemente da súa orixe, e inclúe aquelas obras realizadas con técnicas escultóricas que empregan procedementos baseados na adición de material. A escultura obtida por eliminación considérase unha peza definitiva: a esculpida en pedra, a talla en madeira e o metal cicelado, que convencionalmente se estudia no eido da ourivería. O traballo directo sobre a pedra, co emprego do punzón para desbastar o bloque, e a maza e o cicel para acabar a obra, exérceo o mesmo artista ou ben un axudante que fai o sacado de puntos do bloque definitivo segundo o modelo do autor. Outras ferramentas que se empregan nas fases sucesivas do traballo son a gubia e a lima grosa. Finalmente, líxase con pedra pómez ou area e, nalgúns casos, engádese unha pátina de cera ou aceite. Neste...
-
Fundición ou baleirado que se realiza nos moldes das esculturas feitas a man.
-
Escultura realizada con materiais brandos e que adoita distintas formas por causa da gravidade. Comezaron a realizalas os artistas vinculados á arte pop e logo os minimalistas.
-
Escultura que cumpre unha función ornamental nunha estrutura arquitectónica.
-
-
-
Relativo ou pertencente á escultura.
-
Que é digno de ser esculpido pola súa beleza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultivo do esperma recollido asepticamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Altura dunha persoa desde os pés ata a cabeza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estreiteza.
-
-
Disposición das partes ou dos órganos dun ente, substancia ou corpo.
-
Conxunto de elementos resistentes dunha edificación tendo en conta a súa configuración e disposición, que se determinan pola maneira de soster e construír a cuberta e os teitos das plantas que ten. As armazóns das plantas teñen que ser planas e horizontais, mentres que a cuberta ten que facer pendente para que por ela escorregue a auga da chuvia. Nas construcións máis antigas, formadas por dúas paredes separadas uns 4 ou 5 m e por trabes de madeira que van dunha parede a outra, obtíñase a pendente colocando sobre as trabes mestras outras trabes inclinadas en que o extremo máis alto se asentaba sobre un piar de obra ou de madeira. Esta construción non era aínda unha armadura, pero permitiu descubrir que as trabes inclinadas podían unirse rixidamente entre elas e tamén coa horizontal formando un triángulo. Neste caso, a trabe horizontal xa non traballa a flexión, senón que recibe só esforzos de tracción, que permiten aumentar a lonxitude dende uns 5 m ata 10 ou 12 m. A estrutura de obra,...
-
-
Sistema ordenado de regras que describen á vez os elementos que o compoñen e as súas relacións ata un determinado grao de complexidade.
-
estructura profunda
Nivel ou aspecto da linguaxe que, na gramática xenerativa, determina a interpretación semántica da oración, en oposición á estrutura superficial, que determina a súa forma fonética. Segundo a gramática xenerativa, o efecto final dunha gramática é relacionar unha interpretación semántica cunha representación fonética; isto é, expresar cómo se interpreta unha oración. O compoñente sintáctico da gramática, que constitúe a súa única parte “creativa”, serve de mediador nesta relación e constitúe a meta final da gramática, no sentido de que só ela permite establecer unha relación entre o contido semántico dos signos e a súa forma fonética, isto é, é a que permite determinar cómo se ha de interpretar unha frase, mediante unha serie de regras transformacionais.
-
estructura superficial
Nivel ou aspecto da linguaxe que, en gramática xenerativa, determina a forma fonética da oración a partir da súa estrutura profunda.
-
-
Conxunto de leis, organismos e forzas sociais, políticas e económicas que caracterizan unha sociedade e manteñen a orde establecida, fronte ás forzas disidentes e opostas ao sistema. Pretende resolver os problemas e responder ás necesidades inherentes ao sistema: manter as partes que o integran e superar as súas tensións, adaptalo á súa medida, conseguir os seus fins e integrar os individuos e os seus grupos.
-
Interrelación entre o sistema ou conxunto psíquico e os seus elementos integrantes. A consideración dos fenómenos psicolóxicos como un todo xurdiu como reacción ao atomismo vixente na psicoloxía do s XIX (que levaba ás dicotomías individuo-sociedade, psique-soma, conduta-consciencia, etc) e foi establecida a partir da chamada psicoloxía da forma (Gestaltpsychologie). Fálase, neste sentido, da estrutura da personalidade, da situación, do campo psicolóxico, etc. En psicopatoloxía, así mesmo, téndese a ver o cadro clínico -máis alá da súa comprensión como unha adición de síntomas illados- como un conxunto ou sistema de organización de diferentes trastornos (estrutura paranoica, obsesiva, etc).
-
Configuración dun dispositivo electrónico. Fálase de homoestrutura cando o dispositivo está composto polo mesmo elemento, e de heteroestrutura cando está composto de diferentes elementos ou dos mesmos elementos con distinta composición estequiométrica.
-
Constitución e disposición dos elementos que compoñen os órganos ou os corpos vivos, especialmente cando se fai referencia aos elementos anatómicos.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de estruturar.
-
-
-
Relativo ou pertencente á estrutura.
-
Que afecta á estrutura.
-
-
Relativo ou pertencente ao estruturalismo.
-
Método de análise formalista propio do estruturalismo. Oposto ao empirismo, busca a lóxica interna de cada estrutura, e estudia o sistema de relación dos distintos elementos que a compoñen e as leis que a regulan, na procura sempre dunha explicación, non en función de elementos externos senón no interior da mesma estrutura estudiada. Tamén estudia a relación entre distintos conxuntos de sistemas.
-
estruturalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola lingüística do s XX, que se caracteriza por concibir as linguas como estruturas ou sistemas, isto é, conxuntos organizados de elementos que se definen pola súa relación cos demais elementos formais, polo tanto, non materiais. O que importa non é o fenómeno en si, considerado illadamente, senón o seu valor, manifestado a través da súa situación no interior da estrutura. O estruturalismo xorde como reacción ao atomismo e positivismo propios da lingüística histórico-comparativa do s XIX. Sinálase ao profesor suízo Ferdinand de Saussure como o iniciador do estruturalismo, a raíz da publicación póstuma en 1916 dunha recompilación das súas principais teorías, baixo o título Cours de Linguistique Générale. F. de Saussure pon a base de conceptos como signo lingüístico e distincións fundamentais como materia/ obxecto, lingua/fala ou significante/significado. A consolidación do estruturalismo vén da man do Círculo Lingüístico de Praga (1926), constituído, entre outros, polos lingüistas Nikolaj...
-
-
Relativo ou pertencente ao estruturalismo.
-
Que ou quen é seguidor do estruturalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar a algunha cousa unha estrutura determinada, distribuíndo ou ordenando as partes que a compoñen de acordo cuns criterios determinados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra teórica do arquitecto Domingo Antonio de Andrade publicada en Madrid en 1695. Trátase dun escrito en que se reivindica a importancia do concepto do arquitecto profesional, ao presentarse como artista e como teórico, e do valor científico da arquitectura. Consta dun prólogo e catro capítulos titulados “Antigüedad desta Ciencia”, “De la Nobleza de la Arquitectura”, “Prveba de que la Arquitectura es Ciencia” e “Prveba de que la Arquitectura Militar y la Civil sea una misma”. Finaliza a súa exposición cunha bibliografía, iniciada coa Biblia ao considerar a Deus o primeiro arquitecto, con autores antigos e modernos, entre outros, de libros teóricos, de matemáticas, xeometría, historia e tratados de arquitectura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra teórica do arquitecto Domingo Antonio de Andrade publicada en Madrid en 1695. Trátase dun escrito en que se reivindica a importancia do concepto do arquitecto profesional, ao presentarse como artista e como teórico, e do valor científico da arquitectura. Consta dun prólogo e catro capítulos titulados “Antigüedad desta Ciencia”, “De la Nobleza de la Arquitectura”, “Prveba de que la Arquitectura es Ciencia” e “Prveba de que la Arquitectura Militar y la Civil sea una misma”. Finaliza a súa exposición cunha bibliografía, iniciada coa Biblia ao considerar a Deus o primeiro arquitecto, con autores antigos e modernos, entre outros, de libros teóricos, de matemáticas, xeometría, historia e tratados de arquitectura.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida o 7 de xaneiro de 1893 en Pontevedra subtitulada “Semanario dosimétrico Ylustrado. Escrito por varios gallegos de buen humor”. Cesou o 7 de outubro dese mesmo ano. Fundouna Enrique Labarta Pose e estaba dirixida por Torcuato Ulloa e polo propio fundador. Na súa redacción participou Xerardo Álvarez Limeses. Incluíu, ademais de crónicas e variedades, artigos literarios en castelán e poesías e coplas en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Maneira de estar feita unha cousa.
-
Execución da parte material dunha obra de arte. Pode identificar a autoría dun artista, grupo ou escola e define as características estilísticas da mesma.
-
Documento que acompaña o libramento de mercadorías ou a prestación de servicios onde se describen as características e se fai constar o prezo.
-
-
-
Acción de facturar.
-
Cantidade total facturada nun período determinado ou exercicio económico, unha vez deducidos os impostos sobre vendas.
-
-
-
Facer constar nunha factura.
-
Rexistrar mercadorías ou equipaxes nun centro de expedición para que cheguen ao seu destino.
-
-
-
Emprego ou título de familiar do Tribunal da Inquisición.
-
Emprego de familiar ou fámulo nun colexio.
-
Irmandade que algunhas persoas tiñan coas ordes relixiosas.
-