"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Pasou a súa infancia en Xinzo de Limia por causa do traballo do seu pai, que era mestre. En 1952 trasladouse a Ourense para estudiar o bacharelato no Seminario Conciliar. Alí, por vez primeira, viviu represións, como a prohibición de falar galego, e descubriu a literatura galega e a propia vocación literaria. En 1959, dous anos despois de abandonar o seminario, gañou o primeiro premio do Concurso Provincial de Cuentos de Navidad, feito que lle deu a posibilidade de coñecer a Vicente Risco, quen o orientará cara ao galeguismo. En 1961 comezou os estudios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1967. Foi daquela cando empezou a relacionarse con núcleos estudiantís galeguistas e iniciou a súa amizade con Ramón Piñeiro. No ano 1967 detívoo a policía xunto co profesor José Luís Aranguren. Nos anos sesenta asistiu a algunhas xuntanzas do Consello da Mocidade e en 1964 integrouse na Asociación Democrática de Estudiantes....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico pediatra e político, irmán de Carlos Casares Mouriño. Parlamentario na V lexislatura (1997) no grupo socialista do Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, siyuado na comarca do Empordà (4.830 h [1996]). Destacan as actividades agropecuarias (cultivos de cereais, forraxeiras e froiteiras, e a cría de gando bovino e porcino). A industria máis importante é a láctea e a principal actividade económica é o turismo. O conde Gausfred I (931-991) converteuno en capital do condado de Empúries. En 1168 establecéronse os templarios, que organizaron a encomenda de Castelló; estes foron substituídos polos hospitaleiros que se mantiveron ata 1804. A finais do s XI construíronse as murallas. A igrexa parroquial de Santa María conserva da primitiva construción, dos séculos XI e XII, o campanario da torre cadrada; o corpo principal de tres naves é dos ss XIV e XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite entre as parroquias e concellos de Canduas (Laxe) e Serantes (Cabana de Bergantiños). O seu cumio acada os 312 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Licenciado en Farmacia, doutor en Bioloxía e profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela. As súas principais obras son Pulmonados desnudos de Galicia (1981), Caracoles terrestres de Galicia (1983) e Babosas de la Península Ibérica y Baleares (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    XII Condesa de Lemos. Casada en primeiras nupcias con Pedro Moncada y de la Ceca, marqués de Labrada y Leiva, e, en segundas, con Guillén Ramón de Moncada y Portocarrero, VI marqués de Aitona e duque de Caminha. Á súa morte, ao non ter descendencia, o título pasou ao seu sobriño Joaquín Álvaro López de Zúñiga. Foi mecenas do Colexio da Nosa Señora da Antiga, en Monforte de Lemos, e do Hospital do Sancti Spiritus, que cedeu aos irmáns de San Xoán de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molusco gasterópodo mariño de cuncha ovada, brillante e de cor abrancazada. Atópase nas costas das Maldivas, en Borneo e no arquipélago de Goló, onde os seus habitantes empregaban a súa cuncha como moeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista italiano. Foi mestre de capela da Accademia della Morte de Ferrara, de Santa Maria Maggiore de Bergamo e de San Petronio de Boloña. Foi un dos creadores da escola instrumental de Boloña e mestre de Vitali. Entre as súas obras relixiosas destacan numerosos oratorios e, no campo instrumental, a colección de sonatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos celúridos.

    2. Dinosauro da familia dos celúridos.

    3. Familia de dinosauros da infraorde dos celurosauros, propios do Xurásico e de comezos do Cretáceo, que englobaba especies depredadoras lixeiras e rápidas. De cabeza pequena, tiñan unhas patas traseiras longas coas que se desprazaban, mentres que as dianteiras con tres dedos e longas uñas lle servían para capturar as presas. Pertence a esta familia o xénero Coelurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das xencianáceas ao que pertencen as centáureas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período de cen anos.

    2. Grupo de cen soldados de a pé que cada curia proporcionaba ao exército romano antes das reformas radicais de Servio Tulio. Nas guerras púnicas a centuria, como sección da lexión integrada na unidade táctica superior do manípulo, pasou a ter uns sesenta homes que se xuntaron aos velites. A centuria volveu ao seu número orixinal de soldados coas reformas de Mario, que foron adoptadas case sen cambios durante o Imperio. Servio Tulio dividiu en centurias as cinco clases propietarias, organización que serviu de base ao establecemento dos comicios centuriados.

    3. Medida agraria romana que equivalía a 200 xugadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual subtitulada “Revista neosófica-Orense-España”. Só publicou sete números, desde xuño de 1917 ata xullo de 1918, nos que incluía artigos literarios, ensaios, traballos de historia, arte e bibliografía. Dirixida por V. Risco, tivo a Arturo Noguerol e Florentino Cuevillas como administradores, co que se prefiguraba así o papel dirixente do futuro grupo Nós nas letras galegas, que incluía ademais as primeiras entregas literarias de Otero Pedrayo. Trátase dunha publicación literaria de corte modernista e un primeiro intento, desde unha posición inconformista e inadaptada, de renovar o panorama intelectual da Galicia da época. Nas súas páxinas deuse cabida a un amplo grupo de escritores situados entre o simbolismo e o modernismo como Xavier Bóveda, Eduardo del Palacio, Ramón Villarino de Sáa, P. Rodríguez Sanjurjo, F. Álvarez de Nóvoa ou R. Cansinos Assens; no capítulo da plástica os debuxos das portadas son da autoría de Risco, Ramón París e Jesús Soria. A presenza do futuro grupo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema romano de medición empregado para a división de grandes áreas de terreo en parcelas, especialmente nas colonias. A superficie dividíase en cadrados de 200 xugadas (iugum), que formaban parcelas de terreo de idéntica superficie, e adxudicábanse aos colonos. Dispúñanse dun xeito análogo á colonia, cun cardus maximus, un decumanus maximus e unha serie de camiños que se dispoñían paralela e perpendicularmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribuído en centurias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe a obra en lingua latina Ecclesiastica historia secundum singulas centurias per aliquot studiosos et pios viros in urbe magdeburgica... Trátase dun compendio de estudios da historia da Igrexa publicado por un grupo de eruditos protestantes dirixidos por Matias Flacio, chamado Illyricus, do 1559 ao 1574.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Militar romano que comandaba unha centuria. O grao superior dentro do cargo era o de primipilus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, ilustrador e caricaturista. Discípulo de Gino Moretti, foi profesor na Escuela de Bellas Artes de Bos Aires (1920-1950). Durante as súas viaxes de estudios por Europa a finais dos anos vinte coñeceu as vangardas artísticas. Celebrou a súa primeira exposición individual en 1954. Acadou unha gran sona como retratista (Retrato de mi madre, El regidor de Mallorca, Tipos cuzqueños e Retratos del escritor di Dieco). En 1935 acadou o premio de honra do Salón Nacional de Pintura coa obra Venus criolla e, en 1937, o gran premio de pintura e a medalla de ouro da Exposición Internacional de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ceratosáuridos.

    2. Individuo da familia dos ceratosáuridos.

    3. Familia de dinosauros da infraorde dos carnosauros, caracterizada por presentar un pequeno corno sobre o fociño, que viviron no Xurásico nas rexións que corresponden coas actuais América do Norte e África. Pertence a esta familia o xénero Ceratosaurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Manzaneda baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Manzaneda, pertencente á ruta xacobea que atravesa estas terras. As súas orixes remóntanse o s XII, aínda que o edificio amosa diferentes estilos como resultado de diversas ampliacións. De planta rectangular, ten unha soa nave construída no s XVIII e unha cabeceira cunha ábsida e unha capela unida que datan do s XVI. Esta capela pódese relacionar cunha fundación que o abade García Núñez realizou no ano 1563. No interior destacan os retablos barrocos da Virxe María e da Virxe de Belén, e no exterior os restos románicos da portada principal.

    VER O DETALLE DO TERMO