"Vas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 331.

  • GALICIA

    Mestre canteiro. O seu labor desenvolveuse na diocese de Tui onde solucionou o problema que se ocasionou na catedral desa cidade, despois de que un raio deteriorase en 1791 a cepa que sostiña o ciborio. Compuxo a bóveda do coro e os arcos da capela maior. O seu irmán, Manuel Francisco Novás Lemos (Pazos de Reis 13.2.1760-?), tamén interveu na catedral e na capela de San Telmo en Tui (1783).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarcosindicalista. Asumiu a secretaría da Federación Comarcal Campesina de San Pedro de Nós, a máis importante organización cenetista campesiña durante a Segunda República, desde a súa creación en 1932 ata a Guerra Civil Española. Agochado desde o comezo da contenda nos arredores da capital coruñesa, fuxiu na compaña doutros correlixionarios por mar a Asturias a finais de 1936 e alí ocupou o cargo de capitán axudante no Batallón 219 Galicia, que estaba composto maiormente por libertarios galegos. Desapareceu tras a caída do norte en mans franquistas (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Xinzo de Limia. É un templo de pequenas dimensións que se inclúe dentro do románico popular, aínda que as imaxes do interior son barrocas. Presenta unha planta cunha soa nave e ábsida rectangular e a portada ten un arco de medio punto e dobre arquivolta que descansa sobre ménsulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Descubridor e navegante. En 1500 embarcouse na viaxe de Rodrigo Bastidas, con quen percorreu a costa atlántica da actual Colombia. Ao regreso estableceuse na illa de La Española ata 1510, cando embarcou como polisón nun dos barcos da expedición de M. Fernández de Enciso e fundou San Sebastián de Uraba e Santa María de Antigua del Darién, a primeira cidade fundada no continente americano. Instalado alí, converteuse en lugartenente do vicerrei Diego Colón. En 1513 organizou unha expedición coa que conseguiu, por primeira vez, cruzar o istmo de Panamá, que eles bautizaron como mar do Sur, primeira denominación do Océano Pacífico. En 1514 foi nomeado adiantado do mar do Sur e gobernador de Panamá. Ese mesmo ano comezou o enfrontamento co novo gobernador de Darién, Pedrarias Dávila. De regreso a Darién, foi detido, acusado de traidor, de múltiples abusos e da morte do gobernador Diego de Nicuesa, e finalmente foi condenado a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbiólogo ucraíno. Discípulo de Sergei N. Vinogradskij, estudou o papel dos microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos do carbono e do xofre. Foi o primeiro que obtivo cultivos de bacterias anaerobias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Adestrador. Foi o primeiro director técnico da Federación Galega de Atletismo, de onde pasou a ser o responsable do equipo de fondo da Real Federación Española (1966-1972), para logo facerse cargo dos equipos de maratón (1973-1980) e campo a través (1989-1998). En 1999 foi elixido coordinador nacional de fondo da Real Federación Española de Atletismo. Foi adestrador oficial da selección española nos Xogos Olímpicos de México (1968), Múnic (1972) e Atlanta (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ucraíno. No campo da física matemática contribuíu a resolver problemas suscitados pola mecánica newtoniana (principio de Ostrogradskij-Hamilton), estudou as deformacións dos corpos elásticos e o desprazamento dun móbil dentro dun medio resistente. Estableceu tamén unha fórmula xeral que permite pasar dunha integral de volume a unha integral de superficie, coñecida como teorema de Ostrogradskij ou teorema de Gauss.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Avogado do estado ante o Tribunal Supremo, durante o Franquismo foi un dos fundadores do grupo Tácito. Foi director xeral de Política Interior (1975-1976), subsecretario técnico do presidente Adolfo Suárez (1976-1977), ministro da Presidencia (1977-1979) e ministro de Educación (1979-1980). Promoveu o decreto de incorporación da lingua galega ao sistema educativo. Deputado pola UCD e polo PP (1979-1993), en 1982 fundou o Partido Demócrata Popular. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Reformas de la Asesoría Jurídica de las Administraciones tributarias (1974), La administración financiera del Estado como sujeto de relaciones jurídico-obligacionales (1978), Nuestra democracia puede morir (1987), Educación: una incógnita en el cambio actual (1998) e Fundamentalismos enmascarados (2001). Recibiu a Gran Cruz das ordes de Carlos III, Isabel La Católica e Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa dedicada á fabricación de automóbiles e vehículos militares, unha das máis antigas e importantes de Europa. Foi fundada polos enxeñeiros René Panhard e Emile Levassor en 1889. Fabricou o seu primeiro automóbil en 1891 e foi absorbida por Citroën en 1965.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eusko Alderdi Jeltzalea-Partido Nacionalista Vasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NL da parroquia de Dadín (O Irixo). O seu cumio acada os 812 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi catedrático de Teoloxía e reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Despois trasladouse a Quito, onde o nomearon bispo, capitán xeneral e presidente da Audiencia de Quito. Durante o seu bispado creou numerosas fundacións e escribiu Itinerario para párrocos de Indias en que se tratan las materias más particulares tocantes a ellos para su buena administración (1596-1668).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atamán cosaco ucraíno. Foi un dos principais expoñentes do partido revolucionario ucraíno. Aliado con J. Piésudski (1920), loitou contra os bolxeviques e conseguiu ocupar Kiev. Expulsados os polacos de Ucraína, refuxiouse en París. Foi asasinado por un xudeu como vinganza polo pogrom acontecido en Ucraína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Funcionario do ministerio de Asuntos Exteriores, organizou un grupo intelectual en Peterburgo, de ideas socialistas. O grupo foi acusado de conspiración e desterraron ou encarceraron os seus membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor indio. Considerado o principal escritor en lingua malaialam do s XX, escribiu máis de 40 novelas e 600 relatos, en que reflicte a sociedade do seu contorno e fai unha defensa especial das castes máis baixas. Destacou cunha colección de contos (1934) e coas novelas Thottiyude Makan (O fillo do basureiro, 1947) e Kayar (A corda, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piragüista. Do seu palmarés destacan os campionatos de España en K-1 500 m (2000 e 2004) e en K-4 1000 m (2004), ademais do de Europa en K-1 200 m (2002 e 2004), K-2 200 m (2004) e K-4 200 m (2002 e 2004).Obtivo tamén a medalla de bronce no campionato de Europa en K-2 e K-4 500 m (2004), a medalla de ouro no campionato do Mundo en K-1 200 m (2002) e a medalla de prata no campionato do Mundo en K-1 e K-4 200 m (2003). Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004) e obtivo o quinto posto en K-2 e K-4 500 m. En 2005 participou no campionato Mundial de piragüismo (Zagreb, Croacia) onde obtivo a medalla de ouro en K-1 200 metros, a medalla de prata en K-2 200 metros e Medalla de bronce en K-4 200 metros. En 2006 , no campionato Mundial de piragüismo (Szeged) obtivo o ouro en K-1 200 metros e K-4 200 metros e a prata en K-2 200 metros. Nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012 obtivo o cuarto posto nos 200...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Deuse a coñecer como colaborador de Letteratura e doutras revistas. As súas primeiras narracións, publicadas en 1956 no Diario sentimentale, xa amosan o seu interese polos ambientes populares, o lirismo e o realismo, que plasmou na súa escrita. Influíu no neorrealismo italiano. Da súa produción destacan as páxinas autobiográficas de Cronaca familiare (1947) e Metello (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Rhône-Alpes, capital do departamento de Ardèche, Francia (9.170 h [1999]). A súa economía baséase en fiadeiros de seda e na elaboración de confeitos e marrón-glacé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Bilbao a partir do 1 de maio de 1910. Fundado polos irmáns Fernando, Gabriel e Emilio Ybarra, xurdiu como un diario independente monárquico, na liña de Afonso XIII, de carácter conservador maurista e de inspiración cristiá. Tentou reflectir nas súas páxinas as opinións políticas e sociais por riba do carácter informativo. Co estoupido da Guerra Civil española, en 1936 o exército nacional incautouno e, a partir da década de 1940, cambiou a súa cabeceira por El Correo Español-El Pueblo Vasco.

    VER O DETALLE DO TERMO