"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Militar e político guatemalteco. Coronel (1955) e subsecretario de Defensa (1957-1958), foi Presidente da República entre 1970 e 1974. Destacou pola dura represión contra a guerrilla. Foi ascendido a xeneral en 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as árbores do xénero Araucaria, da familia das araucariáceas, presentes en América do Sur e Oceanía. Poden acadar os 50 m de altura e presentan pólas verticiladas, ramificación radial, follas persistentes de sección plana ou trígona, picantes e imbricadas, e piñas de gran tamaño. En Galicia pódense atopar como ornamentais as especies: A. angustifolia, de pólas secundarias só no extremo das primarias; A. araucana, de follas imbricadas e piñas de ata 18 cm de longo; A. bidwinlii, de follas lanceoladas e bicudas, e piñas de ata 30 cm de longo e A. heterophylla de pólas en verticilos pentámeros e piñas de ata 10 cm de longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das araucariáceas.

    2. Árbore da familia das araucariáceas.

    3. Familia de árbores da clase das coníferas á que pertence o xénero Araucaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquear o ferro, a madeira ou calquera obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Desempeñou funcións xornalísticas, foi secretario de dirección do Semanario Sipe, redactor da revista Rumbos, e correspondente do diario Pueblo. Publicou en 1953 o seu primeiro libro La nieta del duque. Estableceuse, finalmente, en Barcelona onde deu ao prelo a maior parte da súa obra, entre as que destacan: Los Desgajados (1961), Tribunal de la muerte (1963), Por Europa en Auto Stop (1968), La borrachera de los olvidados (1971), Grandeza y servidumbre de 20 Premios Planeta (1972), Eros Blanco (1976), El Caminante (1991). Co pseudónimo Paul Reader publicou: Exploraciones famosas (1961), Lacras Sociales (1967), Biografía de las pasiones (1967), entre outros. Foi finalista dos Premios Nadal, Ciudad de Barcelona e Elisenda de Moncada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico de arte, historiador, filósofo, poeta e profesor universitario. Colabora en diversas publicacións, na televisión e na radio sobre temas histórico-artísticos. Exerceu como director de diversas coleccións e monográficos de artes plásticas, suplementos culturais, dicionarios, etc. Entre as súas obras destacan: 30 años de arte español (1972), Prieto Nespereira (1973), La pintura en Buenos Aires (1981) e La pintura expresionista en España (1981). Como poeta ten obra publicada en galego e castelán. Dirixiu as Salas de Exposición do Ateneo de Madrid, foi xefe do Servicio Exterior da Dirección Xeral de Turismo, da Sección de Artes Plásticas e Audiovisuais, e da Acción Universitaria da Dirección Xeral de Información. Tamén exerceu como director do Museo Español de Arte Contemporáneo entre 1974 e 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salgar e secar a sardiña para convertela en arenque. Dende os séculos XIII e XIV, era un proceso que se facía no barrio da Moureira en Pontevedra con peixe que proviña dos portos de Marín, Combarro ou o Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte italiano. Eséxeta da plástica contemporánea, foi presidente da Asociación Internacional de Críticos de Arte e alcalde de Roma. Publicou moitos libros e artigos sobre estética xeral, metodoloxía, urbanismo, etc, así como monografías sobre diversos artistas e a síntese L´arte moderna 1770-1970 (A arte moderna 1770-1970, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político progresista. Alcalde da Coruña (1.11.1868 - 31.12.1868). Pertenceu a unha importante familia de comerciantes de Avilés trasladados á Coruña en 1831.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo, funcionario da Xunta de Galicia. Publicou, en colaboración con Xosé Luís Veiga un Manual básico de xadrez (1989), o primeiro manual sobre xadrez (estratexias, técnicas actuais, etc) en lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Economía pola Universidade de Santiago e catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. Ademais ocupou os cargos de vicedecano e director do departamento de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo. Completou a súa formación académica no Instituto Universitario Europeo de Florencia en calidade de profesor visitante e, como investigador invitado, en The Office of Chief Economist, dependente do Banco Interamericano de Desenvolvemento (Washington DC). Colabora con varias revistas especializadas, entre outras: Revista de Economía Aplicada, Cuadernos de Economía, Economistas e Revista de Economía de la Universidad del Yucatán, e no xornal El País. Leva publicados os seguintes libros: Los sistemas de crédito especial en Europa (1985), La banca oficial en España (1986), Leviatán tras el naufragio. Políticas económicas y financieras en los años treinta (1992) e La...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito, exerceu como notario e como fiscal. Desde 1944 foi gobernador civil e xefe provincial do Movemento en León, Santa Cruz de Tenerife e Navarra; foi director xeral de Seguridade (1957-1965) e alcalde de Madrid (1965-1973). Ministro da Gobernación (1973) durante a Presidencia do Goberno do almirante Carrero Blanco, substituíuno no cargo (xaneiro de 1974), promovendo unha tímida apertura política sen modificar as estruturas propias da ditadura franquista. Trala morte de Franco en 1975, o Rei Xoán Carlos I ratificouno no cargo, pero, contrario a aceptar a transición a unha democracia plena, foi substituído por Adolfo Suárez en 1976. Recibiu o marquesado de Arias Navarro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político costarriqueño. Estudiou nas universidades de Costa Rica, Boston, Essex e na London School of Economics; desde 1969 ata 1972 foi profesor de Ciencias Políticas na universidade de Costa Rica e despois desempeñou cargos gobernamentais cos presidentes Figueres (1970-1974) e Oduber (1974-1978). Socialdemócrata, membro do Partido de Liberación Nacional, resultou elixido Presidente da República de Costa Rica (1986). Foi o artífice do nomeado Plan Arias de Pacificación da América Central, asinado en agosto de 1987 polos presidentes de Costa Rica, Guatemala, Honduras, Nicaragua e O Salvador e que pasou a ser coñecido como Acordo de Esquipulas. Premio Nobel da Paz (1987) e Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (1988), deixou a presidencia do país cando R. A. Calderón gañou as eleccións (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza e Condesa de Fenosa. Entre os seus ilustres antepasados cómpre citar o seu bisavó Pedro de Agar y Bustillo, rexente de España. En 1966 contraeu matrimonio con Pedro Barrié de la Maza y Pastor, fundador da institución que leva o seu nome. Tras a súa morte en 1971, Carmela Arias asumiu a presidencia da Fundación Pedro Barrié de la Maza e do Banco Pastor. Foi presidenta de Honra de Unión Eléctrica Fenosa e da Junta Rectora del Patronato Juana de Vega, e doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Entre os moitos méritos que acadou polo seu labor profesional están os seguintes: Medalla de Ouro da Academia de Belas Artes de San Fernando, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Medalla Castelao da Xunta de Galicia, Medalla de Ouro da Deputación da Coruña, Medalla de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, economista e político liberal. No 1820 participou na Revolución Liberal e durante o Trienio Constitucional ingresou na Academia de Bones Lletres de Barcelona. Foi un dos fundadores de El Europeo. Trasladouse a Madrid en 1826 onde desempeñou diferentes cargos económicos. Divulgou as ideas estéticas de Schiller e principiou o Romanticismo literario en lingua catalá e o movemento da Renaixença catalá co poema “La Pàtria(1833). A súa obra escrita comprende poemas, traballos de crítica literaria e investigacións de historia económica. Fundou e dirixiu a Biblioteca de Autores Españoles e a Sociedade Filosófica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Labrar superficialmente un terreo, especialmente de centeo ou millo, para poder tirar as malas herbas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pórse arisco ou irritarse un animal ou unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carta xudía escrita en grego. O autor, que se presenta como funcionario de Ptolomeo II Filadelfo (285-247 a C), pretende explicar a orixe da versión grega dos Setenta. Incluíu entusiastas eloxios á lei xudía e á súa sabiduría. O escrito tense datado de xeito aproximado no ano 140 a C, se ben algúns estudiosos a consideran do s I d C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘amolar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo. Escribiu en linguaxe coloquial comedias, a miúdo melodramáticas, froito da observación dos ambientes populares. Da súa produción próxima á Xeración do 98, destacan, entre outras: El santo de la Isidra (1898), La señorita de Trévelez (1916), Los caciques (1919), Es mi hombre (1921), El señor Adrián el primo (1928) e La condesa está triste (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO