"hem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 254.

  • Resposta fisiolóxica a unha lesión vascular, coa finalidade de parar a hemorraxia. Consta dunha fase de vasoconstrición da área danada, outra de adhesión e agregación das plaquetas para a formación do tapón plaquetario, a de coagulación, e a de reparación do tecido danado. Fálase tamén de hemostase cando a acción de parar a hemorraxia se intenta por medios físicos, comprensión directa, indirecta, torniquete ou fármacos. Tamén recibe o nome de hemostasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hemostase.

    2. Aplícase ao medicamento, substancia ou procedemento que se emprega para deter unha hemorraxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emprego do sangue ou dos seus derivados, como o plasma ou as fraccións globulínicas, con fins terapéuticos. A máis coñecida é a transfusión sanguínea, que data do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edema de sangue no espazo pleural. A causa máis común é unha lesión torácica, pero poden existir outras causas como cancro, infarto pulmonar ou alteracións nos mecanismos de coagulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. En 1937 trasladouse a EE UU, onde se converteu nun dos principais representantes do empirismo lóxico. Interesouse polos problemas relacionados coa filosofía da ciencia, coa confirmación de hipóteses e a formulación de conceptos. Das súas obras destacan Aspects of Scientific Explanation (1965) e Philosophy of Natural Science (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa química británica fundada en Londres en 1926 ao fusionarse a United Alkali Company (monopolio inglés da sosa) coa British Dyestuffs Corporation e a Nobel Industries. Pasou a ser rapidamente unha das primeiras empresas químicas do mundo. En 1958 asociouse á Fiber Industries de EE UU e a partir de 1970 participou en prospeccións petrolíferas no mar do Norte. No estado español a súa filial ICI España SA encabeza un amplo grupo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (8.305 km2; 486.000 h [estim 1994]). A súa capital é El-Khémisset (88.839 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Göttingen, Baixa Saxonia 1911 -? 1976) Científico alemán. Discípulo en Göttingen de L. Prandtl e A. Betz, traballou en Aerodynamischen Versuchsanstalt na aerodinámica de propulsión. Interveu, entre outros, no proxecto do avión Concorde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón (1412-1416), filla do conde Sancho e sobriña de Enrique II de Castela. Tiña un extenso patrimonio en La Rioja, na rexión do Baixo Tormes e Extremadura. Casou con Fernando de Antequera (1393), fillo de Xoán I de Castela e contribuíu coa súa riqueza a que o seu home fose elixido rei de Aragón no Compromiso de Caspe (1412). Cando enviuvou (1416), retirouse a Castela, e mediou nos conflitos que mantiñan os seus fillos, infantes de Aragón, con Xoán II de Castela, polo que as súas posesións foron entregadas finalmente a Álvaro de Luna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, que presenta follas alternas, pecioladas, flores en capítulos pedunculados, con lígulas amarelas ou brancas e froito en aquenio con vilano en coroa escariosa. En Galicia florece entre marzo e xullo a especie L. flaveola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome do xénero Chrysanthemum, que presenta follas alternas e flores en capítulos solitarios ou en grupos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten por oficio limpar as chemineas de feluxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que adiantan a floración durante fotoperíodos longos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José María Rodríguez Madoz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que construíu Otto von Guericke (1654) para mostrar os efectos da presión atmosférica. Consiste en dous hemisferios metálicos baleiros, duns 70 cm de diámetro, colocados formando unha esfera da que se extraeu o aire, e que custa moito separalos debido a que os mantén unidos a presión atmosférica non contrarrestada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e narrador belga. Coñecido como Michel de Ghelderode, foi autor dunha obra de especial relevo que se sitúa entre o teatro da crueldade de Artaud e o teatro de formas populares como os monicreques. A súa primeira obra importante foi La mort du Docteur Faust (1924), modernista. Escribiu fantasías, actos únicos e representacións sacras modernas, como Beelddekens uit het leven van Sint Franciscus (Imaxes da vida de san Francisco, 1927), cunha formulación de music-hall, Escurial (1927), Magie Rouge (1931), La ballade du Grand Macabre (1936), Barabbas (1933), Hop Signori! (1935) e La farce des ténebreux (1936). O seu Théâtre complet (1942-1943) foi prohibido pola censura durante a ocupación alemana. Varios textos seus foron traducidos ao galego por Henrique Harguindey e Francisco Pillado, mentres Ollomoltranvía presentou un espectáculo a partir do texto Escola de bufóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma oxidada da hemoglobina, que resulta da oxidación do ferro do complexo hemo. Non é apta para o transporte do osíxeno aos tecidos. Patoloxicamente prodúcese pola inxestión dalgunhas substancias tóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación patolóxica no sangue de metahemoglobina que se produce pola transformación do ferro ferroso (Fe2+) a ferro férrico (Fe3+), o que xera unha desnaturalización da hemoglobina, que se volve incapaz de transportar osíxeno aos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que, sometidas a un réxime de días curtos, anticipan a súa floración.

    VER O DETALLE DO TERMO