"ues" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 481.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Navarra (8.467 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura (hortalizas, legumes e cereais) e a industria relacionada coa alimentación (embutidos) e o sector téxtil. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de San Martín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio convocado en 1997 pola Asociación Galega de Editores e pola Asociación Portuguesa de Editores e Libreiros e patrocinado pola asociación Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Os orixinais poden presentarse tanto en lingua galega como portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Afonso XII a María Josefa Jiménez de Sandoval Saavedra o 23 de maio de 1876, como recoñecemento polo seu apoio á coroa durante a Primeira República Española e a posterior Restauración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Basílica situada en Ponferrada onde se venera a Virxe da Encina, patroa do Bierzo dende 1908. A súa orixe está nunha imaxe que san Toribio, bispo de Astorga, trouxo de Xerusalén preto do ano 450 e deixou en Astorga; catro séculos máis tarde, o bispo san Xenadio, ante a presenza dos árabes, trasladouna a Ponferrada. Permaneceu oculta nunha aciñeira ata que os templarios a localizaron cando construían a súa fortaleza cara ao 1200. Era unha imaxe bizantina da Virxe co Neno Xesús nos brazos; sen embargo, a imaxe que se venera data do s XVI e representa a Virxe, despois do parto, co Neno no colo. En 1958 o Papa Pío XII declarouna basílica. A primeira igrexa construíuse trala aparición da imaxe, mais ao redor de 1344 edificouse un segundo templo. En 1572 o bispo de Astorga, Diego Sarmiento de Sotomayor, autorizoulle ao abade de Carracedo a construción dun novo templo. En 1614 iniciouse a construción da torre. Ten planta de cruz latina, e o presbiterio e o cruceiro cóbrense con bóvedas de crucería....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enquisa de caracter trimestral realizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que ten por obxecto coñecer as características da poboación con relación ao mercado de traballo. Achega as estimacións sobre as principais categorías poboacionais (ocupados, parados, activos, inactivos) e algunhas das súas características sociais e económicas (sexo, idade, nivel de estudios). Lévase a cabo por un procedemento de enquisa aleatoria. A EPA cobre todo o territorio nacional, disgregando para as comunidades autónomas resultados equivalentes ao coeficiente de variación das diferentes categorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e historiador da ciencia italiano. Ocupou a cátedra de Xeometría na Universidade de Roma. Os seus traballos matemáticos máis importantes fan referencia ao estudo das superficies alxébricas desde o punto de vista xeométrico. Traduciu a obra de Euclides, Elementos, e textos de Demócrito ao italiano. Destacan os seus traballos dedicados á historia da ciencia, sobre todo da lóxica e das matemáticas, e aos problemas metodolóxicos relacionados co pensamento científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zenón de Somodevilla y Bengoechea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de decembro de 1990. Subtitulouse “Revista bimestral de xadrez”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola poética formada por trobadores e xograres que compuxeron baixo unhas directrices comúns e que tiñan como lingua de composición, ou polo menos, como lingua de transmisión e conservación dos textos, o galego-portugués. Caracterízase por seguir o fenómeno trobadoresco iniciado no S de Francia a finais do s XI, e que se difundiu na Península a través das constantes estadías de trobadores occitanos nas cortes rexias castelá, leonesa e aragonesa. Cultivaba unha poesía de carácter culto, profano e en lingua románica; as Cantigas de Santa Maria responden a unhas expectativas poéticas e temáticas diferentes. O núcleo temático xira arredor do amor, pero tratado desde a concepción da fin’amors: a posición dun vasalo-namorado que “serve” a súa dona con abnegada entrega, disposto a padecer a indiferenza dela, pero sendo consciente dos seus dereitos coma servidor. Construíase, deste xeito, un discurso orixinal sobre o amor, que non era só palabra, senón que palabra cantada. No caso galego-portugués...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na marxe esquerda do río Llobregat (46.810 h [1996]). A partir dos anos cincuenta, a recuperación da actividade industrial e a inmigración convertérono nun municipio catalán cun alto grao de industrialización; traballa neste sector o 42% da poboación. Os principais sectores son o téxtil, as artes gráficas e os produtos químicos, farmacéuticos e plásticos. Tamén tivo un gran desenvolvemento o sector servicios, mentres que a agricultura apenas ten relevancia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa Magdalena, medieval, e reconstruída no s XVI, o convento de Montsió (s XIV e XV) e a Torre Lleóns, casa do s XVI construída sobre unha vila romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leopoldo de Gregorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado nas academias de València e Madrid, foi retratista da alta sociedade cortesá e pintor de cámara (1800). Despois dunha etapa de influencia de R. Mengs, a súa obra aproximouse a Goya (1794). A súa produción caracterizouse polo debuxo, as cores frías e as veladuras. Entre as súas obras destacan La Marquesa de Santa Cruz, Manuel Godoy, Cardenal Lorenzana, El gravador Selma e Niños de Medinaceli. Pertenceu á Acadèmia de Sant Carles de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Estrasburgo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Estrasburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Problema suscitado en relación cos estreitos do Bósforo e dos Dardanelos, e o acceso dos barcos rusos a través do Mediterráneo aos portos do Mar Negro. Polo Tratado de Küçük Kaynarca (1774), Turquía permitiu o acceso dos buques comercias rusos a través de ambos os dous estreitos; posteriormente, polo Tratado de Adrianópolis (1829) ampliouse ás flotas comerciais das restantes potencias europeas e desde 1833, polo Tratado de Hünkâr-Iskelesi, aos buques da armada rusa. Na Convención de Londres (1841), confirmada polo Tratado de París (1856), proclamouse a neutralidade do Mar Negro e fixouse en seis o número de barcos de guerra rusos e turcos que podían permanecer simultaneamente nas súas augas, limitación que foi suprimida pola Conferencia de Londres de marzo de 1871. A Convención de Laussane en xullo de 1923 proclamou a total liberdade de navegación, desmilitarizou os Dardanelos e creou unha comisión de estreitos con sede en Constantinopla. O Tratado de Montreux de xullo de 1936 devolveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. De orixe belga, formouse na Académie des Beaux-Arts de Bruxelas (1889-1890) e na École des Beaux-Arts de París (1892) con P. V. Galland. En 1893 converteuse en discípulo de Gustave Moreau. Fixo composicións ao aire libre caracterizadas por un sintetismo cromático que anunciaba o fauvismo. Entre outras obras destacan L’espagnol à Paris (O español en París, 1899) e Promenade du dimanche (Paseo do domingo, 1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ao conxunto de problemas formulados pola penetración económica, política e militar de Europa e dos EE UU nos países do Extremo Oriente, en China, Xapón e Indochina. A mediados do s XIX o peche de América aos produtos europeos obrigou a Europa a buscar novos mercados en Asia. Polo Tratado de Nanquin (1842), o Reino Unido obtivo concesións comerciais en China, seguido despois por Francia, Alemaña e Rusia. Esta penetración tivo como consecuencia a repartición territorial de Indochina entre Francia e o Reino Unido e a transformación de Xapón en gran potencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi autor dos palacios da Exposición Universal de Barcelona de 1888. A súa obra evolucionou dende o emprego do ferro e a madeira á vista ao modernismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marie Joseph Paul Yves ES-TRAD;mso-fareast-language: Roch Gilbert Motier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización dos anarquistas portugueses perseguidos polo réxime de Oliveira Salazar e exiliados en España durante a Segunda República. En Galicia contaba cos grupos de afinidade Os Conquistadores Modernos (Noia), Os Intransigentes e Os Inadaptaveis (A Coruña) e outro colectivo máis en Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Secretario xeral de FE de las JONS (1934), foi encarcerado tralo triunfo do Frente Popular (1936) e intercambiado polo Mando Nacional no transcurso da Guerra Civil. Foi ministro de Xusticia (1945-1951), ministro secretario xeral do Movemento (1951-1956) e conselleiro nacional do Movemento. Contrario á reforma política, en 1976 promoveu a asociación Frente Nacional Español, que reconverteu ese mesmo ano en Falange Española de las Juventudes Obreras Nacional-Sindicalistas (FE de las JONS), que presidiu ata febreiro de 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO