"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Dem’ian Bednij, comezou escribindo poesías de axitación política en publicacións clandestinas bolxeviques. Destacou na sátira, onde empregou recursos do folclore, que reflectiu en Nasput (O noso camiño, 1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Militou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e foi un dos líderes da rama moderada. Coa Segunda República foi ministro de Facenda e de Obras Públicas con M. Azaña (1931-1933), estabilizou a peseta e impulsou as obras hidráulicas e a modernización dos transportes. Durante a Guerra Civil Española foi ministro de Mariña e Aire (1936-1937) no goberno de F. Largo Caballero, e de Defensa Nacional no de J. Negrín López (1937-1938). Exiliouse en México, onde dirixiu a Junta de Auxilio a los Republicanos españoles (JARE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago ártico de Canadá, situada no Territorio do Noroeste (17.000 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. A partir de 1923 residiu en Rusia, onde se formou na Universidade de Leningrado. Naturalizado ruso, en Moscova estudou a propagación das ondas electromagnéticas, a radiofísica cuántica e sobre todo os xeradores e amplificadores moleculares; o desenvolvemento destes deu lugar ao máser. En 1959 recibiu o Premio Lenin e en 1964 o Premio Nobel de Física, xunto a N. G. Basov e C. H. Townes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Formou parte do exército vermello (1919-1930), como reflicten as escolmas Polden’ (Mediodía, 1931) e Ulica Krasnykh zor’ (Rúa dos olmos vermellos, 1931). Posteriormente cultivou outros temas, aínda que mantendo o ton patriótico e as formas populares, que reflectiu en Rossija (Rusia, 1944) e Zareč’je (Alén do río, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo en que se integra A Nosa Terra Edicións, dirixida por Cesáreo Sánchez. Edita o semanal A Nosa Terra, dirixida por Afonso Eiré, o boletín trimestral Cadernos monográficos de pensamento e cultura, e as publicacións semestrais A Nosa Cultura e A Nosa Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de textos escritos por Florentino López Alonso-Cuevillas, publicados en 1962, con prólogo de Marino Dónega. Divídese en catro partes, segundo os temas que trata, e o comezo de cada unha delas anúnciase cunha ilustración. No primeiro apartado, de carácter literario, incluíronse textos que pretendían provocar unha reflexión ao lector, moitos deles referidos á cultura galega; no segundo, inseríronse ensaios, dos que destaca “Dos nosos tempos”; no terceiro hai recensións sobre escritores galegos; e no cuarto textos de antropoloxía e prehistoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi un dos introdutores da ópera veneciana en Nápoles; coas súas óperas, como Lo schiavo di sua moglie (1672), contribuíu a formar a escola napolitana de ópera. Tamén escribiu oratorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de presentar pseudoalelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de elementos xenéticos asociados con segmentos duplicados dalgúns cromosomas, como os da drosófila e os dalgúns bacteriófagos, que se comportan como alelos ao efectuar os mesmos procesos no organismo e presentarse en cistróns homólogos, pero que, polo feito de orixinárense por mutacións en partes diferentes do cístron, presentan recombinacións por entrecruzamento dentro deste e son, polo tanto, separables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • psicotónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e galeguista. Emigrou a Bos Aires en 1919, onde se dedicou a activadades comerciais. Formou parte da directiva da Cámara de Comercio Española, da que dimitiu para cofundar a Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles en 1936. Foi directivo da Federación de Sociedades Gallegas e presidente da Unión Progresista do distrito de Salvaterra de Miño. Contribuíu á fundación do Consello de Galicia, foi membro de honor do Centro Provincial Ourensán e Pontevedrés, fundou a Editorial Nós e patrocinou o xornal Correo de Galicia. Pola súa dedicación á promoción da cultura galega, a súa filla R. Puente Foglia fundou a Fundación Manuel Puente, en Bos Aires, para a conservación e difusión do seu arquivo persoal, promocionar a lingua, a literatura e a cultura galegas, así como catalogar os fondos documentais e editoriais daquelas institucións galegas establecidas en Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Pertenceu aos círculos literarios liberais que tiveron un papel destacado na política literaria e lingüística da época. Algúns poemas destes anos motivaron o seu exilio ao S, onde compuxo as súas poesías románticas máis destacadas. A partir de 1824 comezou a adquirir importancia a súa evolución cara a un certo realismo, tal e como aparece reflectido na traxedia Boris Godunov (1824-1825), editada en 1930, e o poema Jevgenij Onegin (1825-1832). Nos seus derradeiros anos interesouse pola historia do seu país e a prosa, que plasmou en Poltava (1829), Mednyj vsadnik (O cabaleiro de bronce, 1833), editado en 1837, Kapitanskaja dočka (A filla do capitán, 1836), Povesti pokojnogo Ivana Petroviča Belkina (Os relatos de Belkin, 1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos queirogaleidos.

    2. Primate da familia dos queirogaleidos.

    3. Familia de primates prosimios, do grupo dos lemuroideos, duns 12-30 cm de lonxitude, de forma esvelta, cabeza arredondada, fociño alongado, rabo longo e peludo e extremidades posteriores adaptadas ao salto. Son nocturnos, arborícolas, pouco gregarios e preferentemente herbívoros. Habitan nos bosques de Madagascar e durante o estío caen en letargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Foi investigador do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), onde dirixiu o Laboratorio de Fonética Experimental, e desde 1976 foi catedrático de Lingua Castelá na UNED. Experto en fonética e fonología (Fonética y fonología del español, 1963; Fonética acústica de la lengua española, 1981; Tratado de fonología y fonética españolas, 1993), tamén investigou o léxico panhispánico en países de América Latina, en Filipinas, Micronesia e Guinea Ecuatorial. Como froito destes estudos publicou diversas obras e dirixiu, con Manuel Alvar, os traballos do Atlas Lingüístico de Hispanoamérica (1996) e, desde 1992, traballou no Atlas Lingüístico Nacional del Ecuador. Tamén investigou a métrica (Métrica española, 1978), a historia da lingua (Historia de la lengua española, 1987), a historiografía lingüística -especialmente a obra de Antonio Nebrija (Antonio Nebrija: gramática de la lengua castellana, 1980)-,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Membro do BNG, foi alcalde de Allariz (1990-2000) e durante o seu mandato o concello recibiu o Premio Europeo de Urbanismo e Planificación Territorial (1994). Contribuíu á unificación das organizacións municipais galegas e foi vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) entre 1995 e 2000. Senador desde 1999 designado pola comunidade autónoma, foi coordinador da executiva nacional do BNG (2002-2003). Voceiro nacional do BNG desde 2003, foi elixido deputado no Parlamento galego e nomeado vicepresidente da Xunta de Galicia en 2005. É socio de honor da Sociedad Española de Medicina General pola súa contribución á mellora da atención primaria no medio rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi guionista, editor e produtor en Video Voz (1987-1990), presentador na TVG e director de Vieiros (desde 2003). Iniciou a súa produción poética na década de 1980. Colaborador de revistas literarias como Dorna ou Grial, da súa obra destaca Á sombra dos pavillóns (1982, Premio Esquío), en que se inclúen composicións de temática filosófica e vivencial; e O Asasino estrábico (1996). Recibiu o Premio Castelao (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Outeiro máis setentrional dos sete de Roma. Na súa cima había un templo dedicado ao deus Quirino na Antigüidade e baixo Augusto converteuse, xunto co Viminal, na sexta rexión da cidade. Antigamente estaban alí os xardíns de Salustio e as termas de Diocleciano e Constantino. En 1574 Gregorio XIII converteu a vila de Ippolito d’Este no palacio de Quirinale, residencia dos reis en 1870 e palacio do presidente da República italiana desde 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. De nome Héitor González Gutiérrez, desenvolveu o seu labor en diversos países de Hispanoamérica, ata que en 1960 regresou a España para interpretar un papel secundario en Pecado de amor (1961). A partir dese momento participou en diversas producións españolas, como Crimen de doble filo (1964) e La busca (1966), e estranxeiras, como 55 Days at Peking (1963) e Doctor Zhivago (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Paco Rabal, protagonizou numerosos filmes, dos que destacan Hay un camino a la derecha (1953), Nazarín (1958), Viridiana (1961), Belle de jour (1966), Truhanes (1983), Los santos inocentes (1984, Premio de interpretación do Festival de Cannes), Juncal (1989), El hombre que perdió su sombra (1991), Goya en Burdeos (1999, Goya á mellor interpretación masculina) e Lázaro de Tormes (2000). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1992) e a Medalla de Oro de la Academia de Cine (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO