"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Jesper Svedberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico alemán. Fixo unha revisión dos grandes mitos da historia do seu país e dos seus filmes detacan Ludwig, Requiem für einen jungfräulichen Köning (1972), Hitler, eine Film aus Deutschland (1977), Parsifal (1982) e Penthesileia (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ältere 1425? - Ulm 1491) Escultor alemán. Foi autor do cadeirado do coro da catedral de Ulm (1469-1474). O seu fillo, Jörg Syrlin , o Novo (Ulm 1455?-1521), tamén traballou a madeira e fixo numerosos retablos e mobiliario relixioso, do que destaca o cadeirado do coro do mosteiro de Blaubeuren.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Investigou as vitaminas, como inflúen na oxidación da glicosa, e a fisioloxía dos músculos e a contracción muscular. Publicou Oxidation, Fermentation, Vitamins, Health and Disease (1939), Muscular Contraction (1947), The Nature of Life (1947), Contraction in Body and Heart Muscle (1953) e Bioenergetics (1957). En 1937 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, polos seus traballos sobre o metabolismo e por estudar, illar e sintetizar diversas vitaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Kazakhstán, situada na vertente noroccidental da cadea de Džungarskij Alatau, á beira do río Karatal (98.000 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto duns 2-5 m de altura coas follas escamiformes, flores brancas e froito disposto en cápsula. Florece en primavera e en verán en terreos húmidos e salgados. Cultívase como planta ornamental en xardíns e paseos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento que tivo lugar na vila de Tannenberg, preto de Osterode, en Prusia oriental, os días 26-29 de agosto de 1914, ao inicio da Primeira Guerra Mundial, entre o exército alemán, dirixido polo xeneral Hindenburg, e as tropas rusas do xeneral Samsonov. Os exércitos rusos, dirixidos por Rennekampf e por Samsonov, invadiran Prusia Oriental. Hindenburg atacou e derrotou completamente ao illado Samsonov preto de Uzdowo, un pouco ao S do histórico lugar de Tannenberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canto utilizado na liturxia latina nas bendicións e procesións co Santísimo. Está formado polas dúas derradeiras estrofas (a penúltima comeza coas palabras Tantum ergo) do himno Pange lingua, composto por san Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lazo que se fai no extremo dunha corda para enganchar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ de Dâmboviţa, en Muntenia, Romanía (99.086 h [1999]). Ten industria do petróleo e metalúrxica. Desde o s XV ao XVII foi residencia dos gospodaros de Valaquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ de Gorj, situada en Valaquia, Romanía (98.206 h [1999]). Posúe importantes minas de antracita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ de Mureş, Transilvania, Romanía, situada a ambas as dúas ribeiras do Mureş (164.928 h [1999]). Ten industria metalúrxica, téxtil, da madeira e alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga versión aramea da Biblia hebrea. Provén orixinariamente da tradución oral das lecturas bíblicas na sinagoga, cando os xudeus deixaron de empregar o hebreo para servirse do arameo. Os principais targums, anteriores á era cristiá, son o Targum de Onkelos e o Targum de Palestina ou de Xerusalén, ambos os dous sobre o Pentateuco. Existen diversas recensións como o Targum de Xerusalén I e o Pseudo-Jonatan, que combina o Onkelos co de Palestina. O Targum de Xerusalén II e o Neofiti I, que representa a forma orixinal e completa do Targum de Palestina. Sobre os Profetas, o máis destacado é o Targum de Jonatan ben-Uzziel, de orixe palestina, aínda que difundido en Babilonia. Sobre os libros sapienciais quedan os textos marxinais das Biblias rabínicas e fragmentos de Xob atopados en Qumrān. Destaca tamén o Targum samaritano no Pentateuco en arameo samaritano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romanés. Deputado do Partidul Naţional Liberal (PNL), foi presidente do goberno (1934-1937). Durante a Segunda Guerra Mundial, entrou en contacto cos comunistas para crear unha fronte antihitleriana. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros e viceprimeiro ministro no goberno de Petru Groza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai milagres ou cousas marabillosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Radioloxía e Medicina Física na Universidade da Coruña. Investigou en medicina física e nuclear e a radioloxía. Destacan Medicina nuclear en transplantes (1986), Exploraciones digestivas en medicina nuclear (1986), Comunicación, estrés y accidentabilidad (tres factores de actualidad) (1998) e Manual de medicina física (1998). Recibiu a Mención de Honor dos Premios Nacionales de Informática y Salud (2001), polo seu traballo “Ayuda para la organización de la I Jornada Nacional de Realidad Virtual en Medicina y Cirugía”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Cultivou toda clase de xéneros. Compuxo a súa primeira ópera con tan só doce anos e foi director musical da Ópera de Leipzig (1702). Coñeceu a música instrumental francesa, a ópera italiana e a música popular polonesa. Entre 1722 e 1738 foi director da ópera de Hamburgo, para a que compuxo numerosas obras, das que destaca Pimpinone (1725). É autor de corenta e dúas óperas, corenta e seis paixóns, oito oratorios, ao redor de 1.400 cantatas e innumerables obras vocais e instrumentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Gabín (Montederramo). O seu cumio acada os 1.603 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sherpa nepalés. Participou desde 1935 en numerosas expedicións, das que destacou a que en 1953, e acompañado por Edmund Hillary, acadou o cume do Everest.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Borgoña (595?-613) e de Austrasia (612-613), fillo de Khildeberto II, sucedeu a este en Borgoña. Estableceuse en Orléans e comezou a reinar baixo a titoría da súa avoa Bruniquilda, que residía en Metz co seu irmán maior Teodoberto II de Austrasia. En 610 tentou invadir Alsacia e tivo fortes loitas co seu irmán Teodeberto II, que venceu en Toul en 612 e así se coroou rei de Austrasia.

    VER O DETALLE DO TERMO