"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Construción situada en Rodieiros (Boimorto). Realizado en cachotaría, presenta planta en forma de L cun patio. O acceso realízase a través dun portalón alintelado, enmarcado e coroado. Destaca a súa torre cuadrangular e o escudo do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro castelán. Coñecido como o Cid ou o Cid Campeador, criouse na casa do infante Sancho que o fixo alférez real ao converterse en rei de Castela (Sancho II) en 1065. Cara a 1066 enfrontouse e derrotou a Ximeno Garcés de Navarra, representando a Castela durante un duelo xudicial, vitoria que lle valeu o sobrenome de Campeador. Participou nas loitas de Sancho II contra o seu irmán Afonso VI. Convertido Afonso VI en rei de Castela, o Cid casou coa prima daquel, Ximena Díaz (1074), e entrou ao seu servizo encargado do cobro das parias da Taifa de Sevilla, labor que exerceu enfrontándose ao conde de Nájera, García Ordóñez. O prestixio militar que adquiriu nesta campaña causou o seu primeiro desterro de Castela, polo que entrou ao servizo de Yūsuf al-Mu’tamin, rei de Zaragoza, na loita contra o seu irmán al-Mun ḏ ir, rei de Lleida, Tortosa e Dénia e o seu aliado o conde de Barcelona. Despois dunha sucesión de conquistas e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Fornelos, Salvaterra de Miño 1763 -?) Mestre de arquitectura e de escultura. Coñecido como o mestre de Fornelos, destacou polo seu peculiar tratamento de rostros e roupas nas súas tallas en madeira. Realizou o retablo de Santa María do Camiño en Santiago (1701) e o da capela da Preñada na catedral de Santiago (1703), así como diversos retablos en San Xoán de Fornelos. Para a catedral de Tui realizou o retablo da capela de San Pedro, os mobles de caixóns da sancristía, as caixas dos órganos, así como traballos de cadeirado e as cancelas de madeira para o altar maior. Atribúeselle o retablo maior do mosteiro das clarisas de Tui, o retablo maior do mosteiro de San Pedro de Tenorio e o retablo-baldaquino de Santa Cruz de Valomar en Covelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Velázquez, iniciouse no mundo artístico nos obradoiros sevillanos de Francisco de Herrera o Vello e Francisco Pacheco, sogro seu desde 1618. Na súa etapa sevillana (1617-1623) achegouse ao tenebrismo, influído por Caravaggio, e abordou a temática do bodegón (La vieja friendo huevos, 1619; El aguador de Sevilla, 1620), o retrato (Góngora, 1622) e as escenas relixiosas (Cristo en casa de Marta e María, 1618; La Adoración de los Magos, 1619), que se caracterizaron ademais de pola tendencia á representación obxectiva, pola modelaxe rotunda e o uso dunha gama cromática limitada. Tamén foi frecuente a representación de modelos extraídos da rúa ou da súa familia como protagonistas dos seus cadros. Desde 1623, coa axuda do seu sogro, trasladouse a Madrid, onde pasou a ocupar importantes cargos artísticos e administrativos na corte de Filipe IV. Foi nomeado pintor do rei, pero ademais dos retratos cortesáns (Filipe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Militante do Partido Conservador, foi deputado polo distrito de Lugo (1915-1916), e durante catro lexislaturas polo de Chantada (1916-1923). Nomeado director xeral de Comercio, Industria e Traballo e ministro de Abastecementos (1919), participou na Primeira Guerra Mundial como cronista para El Mundo. Colaborou en diversos xornais, dirixiu o xornal Fígaro, fundou a Revista Económica y finaciera e publicou Entre campos de batalla. Tomo I. Al margen de la guerra. Crónicas retrospectivas (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Formado no seminario de Astorga e bolseiro na Universidade Gregoriana de Roma, emigrou a Arxentina, onde exerceu como mestre. Colaborador en diversas publicacións e director de Galicia, escribiu os libros de poemas Horas de morriñas (1916) e Pingas d’orballo (1921), ademais da comedia De volta prá Terra, a obra máis difundida Cartas abertas e contos enxebres (1928) e o drama A Virxe de Cristal, adautación teatral (1948). Gran coñecedor das agrupacións de emigrantes, escribiu Historia do Centro Gallego de Buenos Aires (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Colaborou nas publicacións Archivo ibero-americano e El Eco Franciscano, da que foi director. Publicou La Santa Misa, Glorificación de la Santísima Trinidad (1943) e El Episcopado gallego a la luz de los documentos romanos (1946). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Alcalde de Santiago de Compostela (1834), foi líder do progresismo en Compostela (1840-1847) e fundou o xornal La situación de Galicia (1842-1843). Foi presidente da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia durante o Levantamento de 1846 e formou comisións encargadas de abordar plans para a administración de Galicia. Despois da derrota dos sublevados exiliouse a Portugal e regresou en 1847 para dedicarse aos negocios familiares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Vigo 28.12.1942) Empresario. Presidente e conselleiro delegado de Abada SA, Rodman Polyships SAU e da Fundación Rodman, foi membro do consello de administración de Pescanova SA, do Consorcio de la Zona Franca de Vigo e de Bonaval Multimedia SL. Membro da World Fishing Executive Committee, pertenceu á xunta directiva da Mutua Gallega e do Club Financiero de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e dramaturgo. Foi ministro de Ultramar antes da Revolución de 1868, comisario de Facenda despois da Restauración e representou a Galicia como deputado polo distrito de Mondoñedo (1864-1865). Escribiu La flor de la maravilla (1851) e Fiarse del porvenir (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Zas de Rei (Melide). Ten planta en escuadra e é de proporcións modestas. Presenta un escudo nunha das fachadas que conforman a escuadra e un pequeno balcón de pedra. Destaca a cabeza de home situada a maneira de gárgola na cheminea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Loroño (Zas). De planta rectangular, consta de corpo central e unha torre ameada de tres alturas, ademais dunha galería na fachada posterior e unha escalinata de cantaría. Destacan os escudos da fachada principal e da capela coas armas dos Caamaño e Ribadeneira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Estudou na Universidad de Valladolid e interouse polo cancro e as novas técnicas para combater esta enfermidade. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e membro fundador doutras sociedades médicas españolas. Escribiu Galería de médicos gallegos ilustres (1977). Recibiu a medalla de ouro da Asamblea Suprema de la Cruz Roja Española e a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Moaña. Restaurada durante a segunda metade do s XIX, ten planta rectangular e dúas alturas. Na fachada conserva unha terraza porticada. Leva cuberta a catro augas, na que destacan as gárgolas da cornixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Calvos de Socamiño (Touro). De pranta cadrada, realizouse con muros de cachotaría de granito con partes de cantaría, preto do canón do río Ulla. Presenta dunha capela exenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Castromaior (Abadín). Ten planta rectangular cuns corpos engadidos na parte posterior. Na fachada principal destaca a porta de arco de medio punto e dous escudos de 1510. Conserva un cruceiro á entrada e unha capela na parte posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en András (Vilanova de Arousa). Edificouse no s XVI no terreo dunha antiga fortaleza do s XV. Ten planta en forma de L, cunha capela no ángulo das dúas ás, construída en 1751. No corpo da torre hai unha solaina apoiada sobre pilastras e unha cheminea rematada con pináculos. Foi declarado BIC en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rubiáns (Vilagarcía de Arousa). Ten a súa orixe nunha torre que se construíu, segundo unha inscrición do portón, en 1445. Conserva a capela, edificada en 1598. O pazo presenta a remodelación realizada no s XVIII. Construído en granito, presenta unha aparencia exterior sólida dividida en dous tramos horizontais mediante unha cornixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fundador das testemuñas de Xehová. Educado no congregacionalismo, reaccionou contra o predestinacionismo calvinista influído polo adventismo. En The Object and Manner of our Lord’s Return (1872) anunciou para 1874 o retorno invisible de Cristo, que comportaría a revolución da clase obreira, o caos e finalmente a resurrección dos mortos e o xuízo. Editou a revista Watch Tower (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (535.000 h [1997). Porto fluvial, situado na desembocadura do río Trubeš, é unha cidade industrial. Fundada a principios do s XIII, substituíu a antiga cidade do s XI e destruírona os mongois (1237). Foi ducado independente de Moscova ata 1521.

    VER O DETALLE DO TERMO