"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Pintor francés, fillo do pintor e escultor Jean-Marie-Joseph Ingres. Formouse na academia de Tolouse (1791-1797) e no taller de J. L. David en París (1797). Gañou o Prix de Rome (1801) coa tea Les ambassadeurs d’Agamemnon e pintou os retratos de Napoleón I Bonaparte como primeiro cónsul (1804). En Roma (1806) admirou a Rafaello Sanzio e pintou diversas obras que foron mal acollidas polos académicos de París (La baigneuse de Valpinçon, 1808; Jupiter et Thétis, 1811). Achegouse á sensibilidade romántica, sen abandonar a minuciosidade técnica neoclásica (Le sogne d’Ossian, 1813; La Grande Odalisque, 1814). O seu Le Vœux de Louis XIII (1824) e a Apothéose d’Homère (1827), expostas no Salon respectivo, convertérono en bandeira da oposición académica ao romanticismo de Delacroix. Profesor (1829) e presidente (1850) da École des Beaux-Arts, dirixiu Villa Medici en Roma (1834-1841). Trala súa estancia en Roma, foi senador e pintou, entre outras obras, Portrait de Mme....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode ou non se debe nomear.
-
-
Fotografía obtida cun tempo de exposición moi curto, para tentar conseguir unha imaxe nítida aínda que haxa movemento.
-
Fotografía obtida cunha cámara fotográfica elemental.
-
Procedemento fotográfico baseado na utilización dunha película que se revela automaticamente cando sae, unha vez exposta, da cámara fotográfica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome adoptado pola primitiva Escola Catalana d’Art Dramàtic a partir de 1939. Dirixido por Guillermo Díaz-Plaja, tivo unha vida pouco dinámica, ata que en 1971 foi nomeado director Hermann Bonnín e ampliou o número de profesores, puxo en funcionamento o departamento de investigación, adquiriu locais novos e inaugurou a primeira delegación comarcal en Terrassa (1974) e Vic (1976) e ampliou as seccións (monicreques, mimo). En 1980 foi substituído por Josep Montanyès, que remodelou as dúas salas teatrais das que dispón o Institut. En 1986, os estudios de arte dramática quedaron adscritos á Universidade Autónoma de Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institut des Sciences de l’Éducation.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo do Estado fundado en 1914 polo profesor Odón de Buen. O seu ámbito de estudio, recollido no Real Decreto, céntrase nas condicións físicas, químicas e biolóxicas dos mares que bañan o litoral galego coas súas aplicacións aos problemas pesqueiros. Administrativamente dependeu do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes (1914), Fomento (1928), Mariña (1932), Comercio (1963), Transportes e Comunicacións (1977), Agricultura, Pesca e Alimentación (1980); desde o ano 2000 pertence ao Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Conta con varias dependencias situadas en Madrid (a central), Vigo, A Coruña, Gijón, Santander, Canarias, Málaga, Murcia e Illes Balears. O centro de Vigo creouse en 1936 e dedícase principalmente a temas de biotecnoloxía pesqueira e contaminación mariña; e o centro da Coruña foi creado en 1968 e traballa fundamentalmente nos cultivos e explotacións de moluscos, dinámica de poboacións de peixes, sobre todo túnidos, ecoloxía do plancto e comunidades bentónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada pola UNESCO en Praga en 1948 coa finalidade de promover intercambios relacionados cos estudios teatrais e prácticas escénicas entre as nacións. Conta con seccións en máis de cincuenta países e cun Comité Executivo con sede en París. Entre as súas actividades máis importantes está a celebración do Día Mundial do Teatro, cada 27 de marzo, momento no que se fai público un manifesto asinado por unha personalidade relevante no campo teatral. En España existe a sección correspondente, que realiza diversas actividades, desde a organización de seminarios ata a promoción de intercambios entre creadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao molusco lamelibranquio que presenta nas valvas a impresión paleal continua e paralela á cuncha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cómic editado en Vigo a partir de 1984 que cesou no seu terceiro número. Creado por Carlos Portela, contou coas colaboracións de Gus, Toquio e Norberto Fernández, entre outros. Incluía, ademais de banda deseñada, a primeira sección específica de crítica na revista galega Nomofán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de interlinear.
-
-
Espacio en branco que separa as liñas nunha composición.
-
Composición separada con interliñas.
-
-
-
Que está contido entre liña e liña dun escrito.
-
Tradución interpolada nun texto orixinal de maneira que cada liña daquela estea debaixo da liña correspondente desta.
-
-
-
Colocar interliñas entre as raias do texto para darlle a separación adecuada.
-
Engadir texto entre liñas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á banda litoral comprendida entre o límite superior da marea alta e o inferior da marea baixa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á union ou comunicación establecida entre dous océanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción inflamatoria local que aparece no punto da pel onde se aplicou unha inxección intradérmica cunha cantidade mínima de toxina, antíxeno, medicamento ou calquera outra substancia. Permite estudar o grao de receptividade ou de inmunidade dun suxeito.
-
-
Que está situado dentro do núcleo
-
Aplícase ao átomo ou reacción que forma parte dunha cadea cíclica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non é vadeable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gabeadoras, da familia das convolvuláceas, ao que pertence a pataca doce.
-
PERSOEIRO
Escultor e pintor francés. Creou un tipo de escultura elaborada con formas barrocas, entre outras, Roger et le peuple des morts (1959); como pintor colaborou na decoración da igrexa de Saint-Jacques en Montrouge, en París (1947-1948).
VER O DETALLE DO TERMO