"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plan de normalización lingüística aprobado, por unanimidade, polo Parlamento de Galicia o 22 de setembro de 2004. Este Plan, no seu conxunto, está orientado a informar e a poñer en práctica unha serie de medidas -presenta catrocentas corenta e cinco propostas- que permitan a recuperación de falantes, unha maior dignificación da lingua e a súa asunción con naturalidade. A dirección técnica e redacción do proxecto, así como a supervisión e coordinación dos traballos das diferentes comisións sectoriais, foi asumida por unha comisión técnica formada por catro especialistas e presidida polo académico Manuel González; ademais formáronse oito grupos de traballo (comisións e subcomisións sectoriais) con máis de sesenta especialistas que se responsabilizaron da selección, definición e proposta do inventario de obxectivos específicos e de medidas ponderadas para cada un dos sectores en que se estruturou o Plan. Igualmente hai outras contribucións de persoas ás que se lles pediron achegas a través...
-
-
-
Superficie chaira e horizontal máis elevada ca o chan circundante.
-
plataforma petrolífera
Estrutura que se utiliza para a perforación de pozos de petróleo no mar.
-
-
-
Espazo que nas estacións de ferrocarril está situado ao longo dunha vía, a unha altura maior, que serve para facilitar o desprazamento e o embarque e desembarque de persoas, equipaxes e mercadorías.
-
Parte inmediata á entrada ou saída dalgúns vagóns de tren, tranvías, autobuses, etc, desprovista de asentos.
-
agón descuberto con laterais de pouca altura.
-
plataforma xiratoria
Peza circular que xira no interior dun foso, provista dunha ou de máis vías na súa superficie superior, que se emprega para cambiar de vía ou de sentido unha locomotora, un vagón, etc.
-
-
-
Terreo chairo debido á erosión mariña, tras estar cuberto temporalmente polas augas.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma creada en 1976 e controlada pola Federación Gallega do PSOE, en que se integraron as forzas da esquerda non nacionalistas de Galicia. Versión galega da Plataforma Nacional de Convergencia Democrática, aceptou a reforma política negociada cos sectores aperturistas que procedían do Franquismo e a recuperación do Estatuto de Autonomía plebiscitado en 1936. Formou parte de Coordinación Democrática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma constituída en outubro de 1976 pola maioría das forzas de oposición de España, para participar no proceso de reforma política. Elixiron a Valentín Paz Andrade para que formase parte da comisión negociadora, entre decembro de 1976 e abril de 1977. Abordou temas como a legalización de todos os partidos políticos, a lei de amnistía ou a preparación das eleccións xerais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación sen ánimo de lucro, con sede en Vilagarcía de Arousa, que naceu en 1994 para loitar contra o narcotráfico e denunciar socialmente a súa problemática. En 1999 creou o Comité de Axuda ao Drogodependente e en 2002 transformouse en Fundación Galega contra o Narcotráfico. As súas liñas de actuación baséanse na prestación de asesoramento e información, no desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización, na realización de foros de debate e xornadas formativas, e na elaboración e divulgación dun cómic para os nenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en xullo de 1975, integrada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE), varios partidos socialdemócratas e democristiáns, e algunhas organizacións de extrema esquerda, como a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e o Movimiento Comunista de España (MCE). Mantivo un diálogo co goberno e tivo grandes dificultades para coordinar criterios e actividades, ata que se uniu en 1976 coa Junta Democrática de España, promovida polo Partido Comunista de España (PCE), e formou a Coordinacion Democrática en marzo de 1976.
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Na súa poesía lírica buscou a perfección formal e atacou frecuentemente o romanticismo. Escribiu Ghaselen (Gacelas, 1821), Sonette aus Venedig (Sonetos Venecianos, 1825), Der romanische Oedipus (O romántico Edipo, 1828), onde atacou a Heine, e Geschichten des Königreichs Neapel (Historias do reino de Nápoles, 1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Operación de refinado de petróleo para a obtención de gasolinas de elevada octanaxe, a partir de naftas ou gasolinas de baixa calidade, e tamén para a obtención de aromáticos.
-
PERSOEIRO
Político, duque de Richelieu. Despois da derrota de Napoleón I Bonaparte, sucedeu a Charles Maurice de Talleyrand-Périgord como primeiro ministro (1815). Dimitiu pola oposición do conde de Artois, o futuro Carlos X de Francia (1818). En 1820 volveu ao cargo, que abandonou un ano despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista e cardeal. Coñecido como o cardeal Richelieu, estaba destinado á carreira militar pero abandonouna para ocupar o beneficio familiar do bispado de Luçon (1606). Deputado do clero nos Estados Xerais de 1614 e apoiado polo partido “devoto”, conseguiu a través de Concino Concini, home de confianza da raíña rexente María de Medici, ser nomeado secretario de Estado (1616). Proclamada a maioría de idade de Luís XIII, foi nomeado cardeal en 1622, e posteriormente xefe do Consello Real (1624). Durante o seu ministerio político sufocou as conspiracións da alta nobreza e enfrontouse aos hugonotes, que conseguiu eliminar de La Rochelle e Languedoc (1627-1629). Fomentou o absolutismo rexio fronte ao poder da aristocracia e cimentou o prestixio de Francia como potencia europea. Creou unha frota de guerra para enfrontarse a Inglaterra (Guerra de La Rochelle), controlar os portos da coroa francesa e protexer o gran comercio. A combinación dunha política antihugonotes no interior do estado,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos pleuronectiformes.
-
Peixe da orde dos pleuronectiformes.
-
Orde de peixes osteíctios, de corpo moi aplanado, oval e asimétrico, cunha das caras sen pigmentos e coas aletas dorsal e caudal moi desenvolvidas. A maioría dos órganos tamén son asimétricos, cos ollos na banda pigmentada e moi próximos entre si, e coa parte dianteira do cranio deformada. Non teñen vexiga natatoria, polo que nadan mediante ondulacións do corpo e das aletas. Habitan nos fondos areosos, onde descansan sobre a banda despigmentada do corpo. Son carnívoros e xeralmente mariños. Comprende 600 especies, das que as máis importantes son as dos pleuronéctidos, as dos soleidos e as dos bótidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de plexo ou de rede. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de pluma.
-
PERSOEIRO
Actor. Comezou a destacar no mundo do teatro, sobre todo en Broadway a partir de 1954. Despois de protagonizar unha superprodución de Hamlet para a televisión británica debutou nas pantallas cinematográficas con Stage Truck (1958). Da súa filmografía cómpre salientar The Fall of the Roman Empire (1964), Waterloo (1970), The Return of the Pink Panther (1975), A Beatiful Mind (2001) e Alexander (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bocio tóxico multinodular, caracterizado por presentar síntomas de hipertiroidismo.
-
-
Relativo ou pertencente aos podicipediformes.
-
Ave da orde dos podicipediformes.
-
Orde de aves acuáticas constituída pola familia dos podicípidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma crónica de dermatomiosite que cursa sen febre, leucocitose ou dor e que se caracteriza por atrofias musculares moi importantes, con retraccións músculo-tendinosas e unha profunda impotencia funcional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de dermatose, descrita por Jacobi, en que só aparecen lesións cutáneas, como pigmentación, atrofia e petequias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal cunha temperatura interna que depende completamente da do medio natural, xa que non posúe mecanismo ningún para regulala. Practicamente todos os animais o son, agás as aves e os mamíferos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto polimérico con estrutura de poliéter obtido a partir de formaldehido de elevada pureza mediante polimerización iniciada por ácidos ou bases de Lewis nun disolvente inerte. Émprégase no moldeamento por inxección de compoñentes mecánicos.