"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘lobo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que se comporta como un fibrosarcoma e que ten a estrutura do tecido mucoso. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método gráfico que permite calcular, nun punto determinado, o esforzo normal, de tracción ou de compresión, e o esforzo cortante que actúan sobre un elemento de superficie de inclinación arbitraria, se se coñece o esforzo normal e o esforzo cortante que actúa sobre dous elementos de superficie ortogonal. Serve para determinar os esforzos principais e as direccións das superficies que os soportan, ás que corresponde un valor nulo de esforzo cortante. As superficies en que o valor do esforzo cortante é máximo forman un ángulo de 45° coas anteriores.
-
PERSOEIRO
Escritor francés, fillo de Jules Moinaux. Coñecido como Georges Courteline, foi un dos grandes humoristas en lingua francesa, cunha gran forza satírica nas súas comedias teatrais, moitas delas levadas ao cine. Da súa produción destacan as obras Les Gaîtes de l’escadron (1886), Les femmes d’amis (1888), Boubouroche (1893) e Paix chez soi (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Soberano dunha monarquía.
-
Insecto lepidóptero de gran tamaño, entre 7 e 10 cm de lonxitude, que presenta unha coloración alaranxada nas ás, con nervación negra e bordo posterior das ás, cabeza, tórax e abdome con fileiras de puntos brancos. Realiza migracións desde o N de América do Norte, de onde é orixinaria, ata a península de Yucatán, podendo percorrer uns 6.000 km en 6 semanas. En Galicia realizáronse algunhas capturas e avistamentos desta bolboreta nas costas do O desde 1980. Unha hipótese que explica a súa presenza a este lado do Atlántico é a que di que estes individuos, aproveitando certas circunstancias do clima, conseguiron atravesar o océano. Tamén se realizaron avistamentos en Irlanda e Reino Unido, e en España, nas Illas Canarias e en Andalucía.
-
-
GALICIA
Relixioso. Foi membro da orde dominicana e ensinou teoloxía nas universidades de Alcalá, Ávila (1582), Salamanca (1585) e Valladolid, onde foi rexente e reitor do Colegio de San Gregorio. Tamén foi corrector e cualificador do Santo Oficio. Escribiu os tratados teolóxicos De voto, De Juramento e De Simonía, para completar a obra do pai Juan de Orellana, De Fide et de Justicia et Jure.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Foi director do Museo de Arqueología de Burgos e do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Realizou estudos sobre a toponimia galega, pero destacou polo estudo da metalurxia en Galicia e a definición tipolóxica dos seus elementos máis característicos. Publicou Hachas de talón (1951), Nombres de túmulos y dólmenes en Galicia y Portugal (1954), Hispania Germánica (1966) e Hacha de tope tipo Senra A (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor. De ideas republicanas, foi redactor de El Republicano, e interveu nas revoltas de Barcelona de 1842 e 1843. Editou as revistas La madre de familia (1846), La Fraternidad (1847-1848) e El Padre de Familia (1849-1850). Desenvolveu un procedemento para a fabricación de papel engomado, un tranvía funicular e un velógrafo, pero destacou sobre todo como un dos precursores da navegación submarina. Ensaiou un proxecto de construción dunha nave submarina Ictinéo (1859 e 1864), pero a falta de recursos económicos impedíronlle perfeccionalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e músico brasileiro. Coñecido como Vinicius de Moraes, presentou un estilo populista e triunfou coa peza dramática Orfeu da Conceição (1956), orixe do filme Orfeu Negro (1959). Renovou a música popular coa creación da bossa nova, e da súa discografía destacan Canção de Amor Demais (1958), Os Afro-Sambas (1966), O Poeta e o Violão (1975) e Un Pouco de Ilusão (1980). Publicou libros como O caminho para a distância (1933), Cinco elegias (1943) e Pátria minha (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Graxa do peixe.
-
Borra do aceite.
-
-
-
-
morcego da fraga [Barbastella barbastellus, Fam dos vespertiliónidos]
Quiróptero de tamaño medio (entre 4,4-5,8 cm), que presenta as orellas anchas e curtas, ao igual ca o fociño, e que pode atoparse en zonas boscosas e de montaña.
-
Calquera mamífero da orde dos quirópteros, que se caracterizan por ser os únicos mamíferos que poden voar activamente, e posuír extremidades anteriores modificadas en ás membranosas, e extremidades posteriores que utilizan só para sustentarse en repouso. Teñen as orellas grandes, e algúns o nariz grande, para poder captar os sons que emiten para orientarse no espazo e capturar o seu alimento (ecolocación). Son nocturnos, e a alimentación é variable, de aí que existan especies vexetarianas, insectívoras (como todos os morcegos da Península Ibérica) e hematófagas (vampiros). Os seus principais inimigos son algún estrixiformes, polo que se refuxian en diversos sitios. Na Península Ibérica, existen especies que pertencen ás familias dos rinolófidos (morcegos de ferradura, do xénero Rhinolophus), dos vespertiliónidos (xéneros Myotis, Pipistrellus e Plecotus), e dos molósidos (non presentes en Galicia). En Galicia, as especies máis comúns son o morcego mediterráneo...
-
morcego de ferradura
Morcego do xénero Rhinolophus, da familia dos rinolófidos, que se caracteriza por posuír un nariz (de valor taxonómico) con excrecencias cutáneas, a través do que emiten, coa boca pechada, os sons de ecolocalización. Destaca o morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros), que habita en bosques e repousa nos ocos das árbores; o morcego grande de ferradura (R. ferrumequinum), que tamén habita en zonas boscosas, e repousa tanto nas árbores como en covas cálidas; e o morcego mediterráneo de ferradura (R. euryale). OBS: Tamén se denomina rinolofo.
-
morcego de monte [Pipistrellus savii, Fam dos vespertiliónidos]
Morcego de entre 4,3-4,8 cm de lonxitude, que presenta as orellas curtas e anchas e o pelame escuro. Atópase na montaña ata os 2.600 m de altitude, e repousa nos ocos das árbores e nos nichos rochosos.
-
morcego de orellas fendidas [Myotis emarginatus, Fam dos vespertiliónidos]
Morcego de entre 4-4,5 cm de lonxitude, que presenta as orellas grandes cunha fendedura na metade superior do bordo exterior, moi bigotudo e con coloración escura.
-
morcego orelludo meridional [Plecotus austriacus, Fam dos vespertiliónidos]
Morcego de entre 4,6-5,3 cm de lonxitude, que presenta as orellas moi grandes que oculta debaixo das ás cando descansa, e que pode atoparse en hábitats abertos.
-
morcego da fraga [Barbastella barbastellus, Fam dos vespertiliónidos]
-
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘mulo’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro que creou Celso Parada en Moaña. Os seus espectáculos insírense no xénero da comedia, con textos de carácter social ou de denuncia. Iniciou a súa andaina coa presentación en 1989 de Kartoteka, a partir do texto de Tadeusz Rozewic. Dos seus espectáculos destacan Misterio cómico, dirixido por Julio Cardoso sobre un texto de Darío Fo (1991, Premio Compostela á mellor dirección e ao mellor actor, 1992), Dobermann, de Antón Reixa, dirixido por Quico Cadaval (1993, Premio Compostela ao mellor texto orixinal), O Lazariño de Tormes, dirixido por Andrés Pazos (1997, Premio María Casares á mellor versión, 1998), Os vellos non deben de namorarse, dirixido por Celso Parada (2001), Momo (2002, Premio María Casares ao mellor vestiario) e A gran ilusión, de Eduardo Filippo e dirixido por Celso Parada (2003, Premio María Casares á mellor actriz e ao mellor vestiario, 2004).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de san Xulián.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da orde dos pecizais, que presenta o carpóforo oco con pregaduras lonxitudinais e anastomosadas de cor parda e un pé longo e branco. Entre as especies deste xénero está a M. esculenta, de 6 a 15 cm de altura, sombreiro alveolado, ovoide e de cor parda ou parda amarelada, e que nace na primavera en terreos ricos en humus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embutido feito coa tripa grosa do porco, que se enche cunha mestura de sangue do animal, azucre, fariña e outros ingredientes. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Ao comer as morcillas rin a nai e as fillas; e ao pagar, todas son a chorar”.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado ao S de Oviedo e bañado polo río Nalón (3.068 h [2001]). A capital é Santolaya. A economía baséase principalmente na agricultura de regadío e na gandaría bovina, complementada con industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e profesor. Defendeu a doutrina liberal e pertenceu á Xunta Revolucionaria de Ribadeo tras a caída do réxime isabelino. Liderou o federalismo e defendeu a descentralización rexional e a secularización dentro do Partido Republicano. Foi un dos redactores do Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887, e deputado desde 1873 ata o golpe de estado de Pavia (1874). En 1907 incorporouse a Solidariedade Galega e en Ribadeo dirixiu o xornal Cuenca del Eo.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comarca rururbana situada no límite centro-occidental da provincia de Pontevedra, na península que lle dá nome, O Morrazo, que separa as rías de Pontevedra e Vigo. Limita ao N coa ría de Pontevedra, ao S coa de Vigo, ao O co Océano Atlántico, e ao L coa comarca de Pontevedra (concellos de Pontevedra e Vilaboa). Abrangue unha superficie de 140,7 km2, en que acolle unha poboación de 79.215 h (2001), distribuída nos concellos de Bueu (30,8 km2; 12.350 h), Cangas (38,1 km2; 23.981 h), Marín (36,7 km2; 24.997 h), e Moaña (35,1 km2; 17.887 h). A súa situación nunha península fai que a comarca sexa un espazo xeográfico ben diferenciado, pero non illado, xa que o proceso de urbanización e a súa situación entre as dúas grandes cidades pontevedresas fai que se una funcionalmente a elas. Deste xeito, Marín consolidouse como un centro portuario vinculado no ámbito socioeconómico a Pontevedra, mentres que no S, nos concellos que dan á ría de Vigo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición territorial do xefe espiritual da Igrexa Rusa. A sé de Moscova foi erixida en patriarcado en 1589, polo patriarca de Constantinopla, Xeremías, na persoa do metropolita Xob. Este feito era a culminación do proceso que levou á formulación, no s XVI, da concepción de Moscova como unha terceira Roma.
-
GALICIA
Pintor. De raíces expresionistas, comezou a utilizar materiais non pitóricos e evolucionou cara á composición de instalacións. Nelas, recreou a escenografía das paisaxes e comezou a búsqueda da cor e utilización de materiais ensamblados. Realizou tamén carpetas de gravados, ensamblaxes e caixas-colaxe, obras derivadas do construtivismo. En 1980 fundou, xunto a Ignacio Basallo, a primeira asociación sindical de artistas plásticos de Galicia. Da súa obra destaca Vela (1982), Pozzu Cangiari’na testa no tutti i testi (1990) e a serie A Revolta.
VER O DETALLE DO TERMO