monarca
(< lat tardío monarcha < grμονάρχηV)
-
s
m
Soberano dunha monarquía.
-
bolboreta monarca
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto lepidóptero de gran tamaño, entre 7 e 10 cm de lonxitude, que presenta unha coloración alaranxada nas ás, con nervación negra e bordo posterior das ás, cabeza, tórax e abdome con fileiras de puntos brancos. Realiza migracións desde o N de América do Norte, de onde é orixinaria, ata a península de Yucatán, podendo percorrer uns 6.000 km en 6 semanas. En Galicia realizáronse algunhas capturas e avistamentos desta bolboreta nas costas do O desde 1980. Unha hipótese que explica a súa presenza a este lado do Atlántico é a que di que estes individuos, aproveitando certas circunstancias do clima, conseguiron atravesar o océano. Tamén se realizaron avistamentos en Irlanda e Reino Unido, e en España, nas Illas Canarias e en Andalucía.