Monarquía, La
Monarquía, La
[PUBLIC]
Xornal publicado en Ferrol a partir de 1886. Subtitulado “Diario político”, estivo dirixido por Faustino Salanova e Vicente Carnota Pérez. De tendencia monárquica e conservadora, estivo vinculado a Nicasio Pérez, e moitos dos seus colaboradores foron funcionarios ou oficiais da armada. Tivo unha segunda época a partir de 1897.