"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Participou como soldado na campaña de Polonia. Despois de abandonar o exército, dedicouse á literatura. Colaborou en Os Anais da patria. Tivo un grande éxito coa súa obra Stikhotvorenija (Poesías, 1835), de estilo sinxelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Fundou en Madrid a orquestra que levaba o seu nome (1916), e o primeiro gran coro mixto de Madrid (1918). Foi un destacado pedagogo musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acadou mérito ou que é digno de honor polos seus servicios.

    2. garda civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aprobación de quen é superior (xeralmente expresada por escrito coa fórmula visto bo).

    2. Consentimento que se pide ou se concede para realizar algunha cousa.

    3. Segundo o Código de Dereito Canónico, consentimento ou aprobación da Santa Sé esixida para a validez de determinados actos.

    4. Aprobación reservada ao Rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Benevento, na Campania, Italia, situada na confluencia dos ríos Sábato e Calore (63.367 h [1998]). A súa industria dedícase á transformación dos produtos agrícolas. Cidade de orixe samnita, antigamente chamada Maleventum, os romanos cambiáronlle o nome polo de Beneventum e déronlle o estatuto de colonia romana despois das Guerras Samnitas (343-290 a C). Cando se produciu a caída do Imperio Romano, os godos apoderáronse axiña da cidade. No 571 pasou a mans dos lombardos, que a converteron nun ducado no 573 e despois en principado independente. En 1081 Robert Guiscard conquistouna e entregouna á Santa Sé, converténdose en feudo dos Estados Pontificios. En 1860 foi anexionada ao Reino de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión da Campania, Italia (2.071 km2; 294.083 h [1998]). A capital é Benevento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Deuse a coñecer en 1952 cos libros Altra veu (Outra vez) e Eva en el tiempo, de poesía lírica de carácter simbolista afianzado en Ratlles a l’aire (Raias no aire, 1956). É autora tamén de contos e de novelas como La dona forta (A muller forte, 1967) e Antiga patria (1968). Obtivo o Premio de Poesía Calvina Terzaroli (1956) e a Generalitat concedeulle, en 1992, o Premio das Letras Valencianas polo conxunto de toda a súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai algún ben con respecto a unha cousa ou a outra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción boa.

    2. Relación pola que un individuo e a súa familia, con todos os bens, se acollen á protección dun poderoso (gran propietario, personaxe influínte, etc), a cambio da prestación dun servizo ou do pagamento dun censo periódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico.Recibiu dun Oscar pola súa interpretación no papel principal de La vitta é bella (A vida é fermosa, 1997), filme que obtivo un grande éxito a nivel internacional, con tres Oscars das cinco nominacións que tivo no ano 1999. Comezou no teatro en 1972 en Roma, nunha comedia titulada I Burosauri. Dirixiu e interpretou Tu mi turbi (1983) e participou como actor nas películas Berlinguer ti voglio bene (1977), Coffee and Cigarettes (Café e cigarros, 1986), The secret son of the Pink Panther (O fillo secreto da Pantera Rosa, 1993) e na produción francesa Asterix e Obelix versus Caesar (Astérix e Obélix contra César, 1999), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Pontevedra por Celso Emilio Ferreiro, director literario, Sabino Torres, director de edicións, Emilio Negreira, Rafael Alonso, como ilustrador, e Manuel Cuña Novás a finais de 1948. Dedicouse enteiramente á edición de poemarios, que saían do prelo na imprenta Gráficas Torres, que tiña establecida en Pontevedra o pai de Sabino Torres. Trátase da primeira empresa editora que publicou algúns libros en lingua galega trala Guerra Civil. Malia isto, o seu primeiro volume titulado Madrigal, obra de Emilio Negreira, saíu do prelo en castelán en 1949. Outros títulos publicados en castelán foron Como el río (1949), de Sabino Torres, Gárgolas (1950), de Tomás Barros e El dios de los precipicios (1925) de José Ruibal Argibay. Entre os publicados en galego destacan: Poemas de ti e de min (1949), de Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Dona do corpo delgado (1950), de Álvaro Cunqueiro, Anxo de terra (1950), de Carballo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e catedrático das universidades de Salamanca (1877), València (1891), Barcelona (1899) e Madrid (1917). Foi un dos iniciadores da moderna escola española de Dereito Mercantil. As súas obras máis importantes son: Bases del derecho mercantil (1903) e Manual del derecho mercantil (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelanizada correspondente ao prenome ou apelido galego Bieito.

    2. Liñaxe orixinaria dos arredores de Oviedo ou de Ponferrada. Unha rama pasou a Monforte de Lemos. Estendeuse por Burgos, La Rioja, Palencia, Castela e outras moitas comunidades españolas. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople e un león de goles empinado ao tronco. A rama galega trae escudo partido: primeira partición, en campo de ouro e segunda partición, en campo de sable; sobre todo, unha aguia voante, metade de sable, en campo de ouro, e metade de ouro, en campo de sable; bordo de oito bandas, axadrezadas de ouro e sable, sobre campo de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de titanio e bario, de fórmula BaTi(SiO3)3, do grupo dos sorosilicatos. Cristaliza no sistema hexagonal, en cristais de fractura concoidal dunha cor azul clara. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 3,65. Emprégase en xoiería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Coñecido polas súas intervencións como cirurxián, sentou as bases do que se denominou anatomía patolóxica. É autor do texto De abditis nonnullis ac mirandis morborum et sanationum causis (1507), onde recolle numerosas observacións de necropsias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en san Pedro de Benquerencia (Barreiros), foi destruída pola Irmandade Galega no transcurso das Revoltas Irmandiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Luís Méndez Ferrín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do prenome ou apelido galego Bieito.

    VER O DETALLE DO TERMO