"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Teólogo luterano. Foi profesor de eséxese e de historia da Igrexa antiga nas facultades de Teoloxía de Estrasburgo (1930), Basilea (1938), París (1953) e na Sorbonne (1954). Propón unha teoloxía ecuménica na que ofrece como perspectiva fundamental a concepción do cristianismo como unha historia da salvación. Das súas obras cómpre destacar Christius und die Zeit (Cristo e o tempo, 1946), Die Christologie des Neuen Testaments (Cristoloxía do Novo Testamento, 1957), Katholiken und Protestanten (Católicos e protestantes, 1958) e Heil als Geschichte (Salvación como historia, 1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e político. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidad de Madrid, foi profesor de xeografía e historia. En abril de 1969 ingresou no Partido Comunista de España (PCE) e en 1972, de novo en Galicia, participou na creación das xuntas democráticas, órgano de oposición unitaria ao franquismo, en representación do Partido Comunista de Galicia (PCG), organización na que foi membro do Comité Central e do Comité Executivo. Procesado nos últimos anos do franquismo, a lei de amnistía evitoulle o xuízo. Dende 1978 ata 1983 foi voceiro do grupo municipal do PCG en Lugo e de Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU) entre 1991 e 1999. Entre 1983 e 1985, como responsable de Política Institucional do PCG, coordinou e impulsou o traballo dos representantes comunistas nos concellos e no Parlamento de Galicia. En 1999 foi elixido secretario xeral do PCG e en outubro de 2000 coordinador nacional de EU-IU; ademais, foi o candidato de EU-IU á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo alemán. Catedrático de Historia da Música na Universidade Politécnica de Berlín (1967), realizou estudios en Gotinga e Friburgo e traballou no Deutsches Theater de Gotinga, na Universidade de Kiel e no Stuttgarter Zeitung. Teórico da música, nos seus estudios tratou a análise e a estética musical e dedicou gran parte deles á figura de Wagner, entre outros compositores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e editor. Publicou numerosas obras didácticas escolares que tiveron gran difusión (especialmente un método de lectura e outro de aritmética, ademais dunha Enciclopedia cíclico-pedagógica). Foi o promotor da editorial Dalmau Carles Pla SA que, en 1931, publicou a Biblioteca Pedagògica Catalana para o ensino do catalán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Estudiou no Instituto Politécnico de Copenhaguen e na universidade da mesma cidade, onde se doutorou en 1934. Traballou nas universidades de Copenhaguen, Rochester e no Rockefeller Institute. Os seus traballos abarcan o estudo das vitaminas, os lípidos, a coagulación do sangue e a formación dos cálculos biliares. Polo descubrimento da vitamina K recibiu, xuntamente con E. A. Doisy, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1943.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causar dano grave de carácter colectivo a persoas ou cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor flamengo. Está documentada a súa presenza en Sevilla a partir de 1479, onde iniciou a construción do retablo maior da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Literato e científico. Discípulo de Galileo e de Torricelli, foi secretario da Accademia della Crusca. Escribiu Discorso dell’obbligo di ben parlare la propia lingua (Discurso sobre a obriga de falar ben a propia lingua, 1657).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, conde (1827), marqués (1834) e duque de Saldanha (1846). Neto do marqués de Pombal, uniuse aos franceses durante a ocupación, pero foi capturado polos británicos e marchou a Brasil. Participou na Campaña de Montevideo contra a independencia de Brasil e chegou á presidencia do goberno do Rio Grande do Sul (1822). En Portugal apoiou a monarquía fronte aos constitucionalistas e opúxose aos miguelistas. Durante a Guerra Civil (1832-1834) acadou un notable prestixio militar e, xunto con Palmela e Terceira, controlou os sucesivos gobernos conservadores, nos que participou como primeiro ministro (27.5.1835-18.11.1835). Dirixiu a secretaría de Estado de Negocios Exteriores en diversas ocasións (1847-1848, 1849 e 1869). O 1 de maio de 1850 protagonizou un golpe de Estado contra o goberno de Costa Cabral e como novo primeiro ministro (1.5.1851-6.6.1856) iniciou a Regeneração, caracterizada por unha serie de reformas administrativas e socioeconómicas que pretendían restablecer...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino. Fundador dunha familia de poetas e cantores, a súa obra encádrase dentro da estética do rexionalismo. Da súa produción destacan: De mi vida y de mi tierra (1914), Salta (1921), El viento blanco (1922), Los casos del zorro (1925), Relatos lugareños (1930) e Cuentos y relatos del norte de Argentina (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor chileno. Participou no golpe de estado de 1932 e foi elixido presidente da República Socialista de Chile entre xuño e outubro dese ano. En 1940 redactou o Plan Dávila, polo que se creou a Comisión Interamericana para el Desarrollo e converteuse no segundo secretario xeral da OEA en 1954-1955. Colaborador do xornal El Mercurio (1914), director de La Nación (1917-1927) e fundador da revista chilena Hoy (1932), foi tamén autor de Our America (A nosa América, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comer aos poucos ou pouca cantidade de cada vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. irar ou inclinar algunha cousa para que quede boca abaixo ou verta o seu contido.

    2. Ir cara a abaixo nun camiño.

    3. Precipitarse ou caer un líquido por algún sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. irar ou inclinar algunha cousa para que quede boca abaixo ou verta o seu contido.

    2. Ir cara a abaixo nun camiño.

    3. Precipitarse ou caer un líquido por algún sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de superficie que equivale a dez áreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Despoxar un órgano ou unha parte del, de membranas, cápsulas ou outras estruturas que o conteñen, o engloban ou se adhiren a el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer que unha cousa sexa dez veces maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplicar, destinar ou empregar algo para algún uso ou fin determinados.

      2. Poñer algo baixo a advocación de Deus ou dos santos, consagrándoo ao culto.

      1. Ofrecer ou dirixir algo a alguén como homenaxe.

      2. Poñer unha dedicatoria nunha cousa.

      1. Ter alguén algo como actividade ou profesión.

      2. Ter unha persoa algo ou alguén como obxectivo da súa actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expulsar do corpo os restos non dixeridos que se consolidan por reabsorción de auga no intestino para formar feces sólidas ou semisólidas.

    2. Clarificar un líquido quitándolle as impurezas que o enturban.

    VER O DETALLE DO TERMO