"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Familia de pintores e gravadores parisienses dos ss XVII e XVIII. Louis Boulongne o Vello (París 1609 - 1674), estudiou en Roma e foi un dos fundadores da Académie. O seu fillo, Bon Boulongne o Maior (París 1649 - 1717), decorou as capelas de san Xerome e santo Ambrosio, na igrexa dos Inválidos de París. Louis de Boulongne o Novo (París 1654 - 1733), foi director da Académie e primeiro pintor do rei. Traballou no palacio de Versailles. As súas irmás, Geneviéve Boulongne (1645-1708?) e Madelaine Boulongne (1646-1709?), tamén cultivaron a pintura e foron membros da Académie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • País de Francia, nas proximidades de Boulogne. Formou parte na época romana da Belgica Secunda, e despois do reino franco de Neustria. Erixido en condado no s IX, pasou á casa de Ponthieu e, por casamento ou compra, a diversas casas. No ano 1422 tomouno Filipe o Bo, duque de Borgoña, e no 1478 foi incorporado por Luís XI á coroa francesa. Formaba parte da gobernación de Picardía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora inglesa en esperanto. Os seus libros de poemas son: Kontralte (1955), Cent gojkantoj (Cen cantos de ledicia, 1957) e Eroj (Anacos, 1959). Tamén escribiu obras teatrais: Virinoj ce landlimo (Donas na fronteira, 1959) e prosa: Dekdu piedetoj e Okuloj (Ollos, 1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial e enxeñeiro inglés. En 1769 obtivo os dereitos sobre a máquina de Watt, con quen patentou algúns perfeccionamentos. Construíu diferentes tipos de bombas e máquinas diversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muhammad Būkharrūba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (21.470 km2; 135.813 h [1988]). A súa capital é Bouna (5.397 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMES

    Cume das White Mountains, en Sierra Nevada, que marca o límite entre os estados de California e Nevada (EE UU). Ten 4.007 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (7.895 km2; 127.847 h [1988]). A súa capital é Boundiali (9.910 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Navío da mariña real británica, célebre polo motín acontecido en 1789 no curso dunha navegación polo Pacífico. William Bligh, o capitán, e 18 membros da tripulación foron abandonados no medio do océano, pero conseguiron chegar en bote a Timor. Algúns dos amotinados establecéronse en 1790 na illa de Pitcairn, no Pacífico sudoriental, onde viven os seus descendentes, que se mesturaron con mulleres polinesias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenda no bordo dunha vasilla producida por unha rotura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Modelo e actriz cinematográfica. Estudiou na Sorbonne e na Escola Nacional de Teatro do Conservatorio de París. Debutou da man de Luis Buñuel en Cet obscur object du désir (Ese escuro obxecto do desexo, 1976). Entre as súas interpretacións destacan os filmes: For your eyes only (Só para os teus ollos, 1980), New York stories (Historias de Nova York, 1989) e Grosse fatigue (Mala fama, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de golpear a alguén con forza e de xeito moi seguido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar golpes fortes a algo ou a alguén. OBS: Pode aparecer seguido da preposición en.

    2. Falar mal de alguén ás agachadas.

    3. Andar seguido dun sitio para outro con calquera ocupación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pseudónimo colectivo dun grupo de matemáticos franceses, antigos alumnos da École Normale Supérieure. En 1930 comezou a aparecer esta sinatura nos Comptes Rendus da Académie Française des Sciences. A partir de 1939 empezaron a publicación dos célebres Éléments de Mathématiques. Adscritos á escola formalista, os nomes dos membros deste grupo mantivéronse en segredo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome francés da casa de Borbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de whisky norteamericano elaborado como mínimo cun 50% de whisky de millo (o resto pode ser unha mestura de destilados de malte de orxo, malte de centeo, trigo ou millo). A elaboración consiste nos procesos de fermentado, destilado, e posteriormente avellentado en barricas de carballo novas, queimadas con carbón no seu interior. Esta técnica de elaboración foi inventada polo pastor baptista Elijah Craig en 1765 no condado de Bourbon (Kentucky). Tamén se elabora nos estados de Pennsylvania e Indiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés en lingua latina. Autor de Poematia exposita (1630).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés en lingua francesa e latina. Autor de Nugae (1533).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito inglés, tamén coñecido por lord Berners. Estivo ao servizo de Enrique VIII. Traduciu as Chroniques de Jean Froissart (1523) e o Libro áureo do emperador Marco Aurelio, de Antonio de Guevara (1535), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista francés. Estudiou fundamentalmente a lingua e a literatura gascona. Publicou Éléments de linguistique romane (Elementos de lingüística romana, 1910) e Précis historique de phonetique française (Compendio histórico de fonética francesa, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO