"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • SERRAS

    Sistema montañoso que forma parte da serra dos Ancares, e que se estende pola parroquia de Cereixedo (Cervantes). A súa máxima altitude acada os 1.108 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento cordófono da familia dos laúdes, de caixa plana e con seis cordas metálicas dobres que eran pulsadas cun plectro. Atribúeselle a súa invención a John Rose (1562).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que ten a súa orixe no grego Pandora ‘a que ten todos os dons’, de pan ‘todo’ e doron ‘don’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira muller mortal na mitoloxía segundo a tradición grecolatina. Para castigar os homes por roubar o lume dos deuses, Zeus encargoulle a Hefesto que fabricase unha muller de barro á imaxe das deusas. Atenea vestiuna, as Grazas enxoiárona, as Horas cubrírona de flores, Afrodita deulle a súa beleza e, finalmente, Hermes conferiulle a maldade e a falta de intelixencia. Zeus deulle vida e mandoulla como agasallo a Epimeteo, irmán de Prometeo. Ofuscado pola súa beleza, e malia as advertencias do seu irmán, Epimeteo casou con ela. Zeus deulle en dote unha caixa en que levaba un regalo secreto. Un día Pandora quixo saber que era o que había naquela caixa misteriosa e, aínda que o tiña prohibido, ergueu a tampa. De seguido espalláronse polo mundo todos os males que alí dentro estaban encerrados. O mito de Pandora tivo continuidade na expresión caixa de Pandora que pasou a significar cousa ou acción da que poidan saír consecuencias desastrosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller gorda e de aspecto descoidado que actúa con preguiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que actúa con preguiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que leva a culpa de todo o que os demais fan mal.

      2. Persoa de carácter feble que sofre o abuso dos demais.

      1. Persoa que no xogo da panda se anica para que os demais salten por riba dela.

      2. Persoa que no xogo das escondidas apanda e ten que atopar aos que se agocharon.

    1. Buxaina que recibe os golpes das dos xogadores contrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caída repentina de fociños en que se bate con todo o corpo contra o chan.

    2. Conxunto de pedras que se derruban dun muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra atada a un cabo coa que se bate na auga para que os peixes vaian cara as redes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame cualitativo, en desuso, das proteínas do líquido cefalorraquídeo que se basea na maior ou menor mestura que se produce cando 1 cm3 de solución de fenol entra en contacto cunha gota de líquido cefalorraquídeo que contén proteínas, especialmente globulinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástica. Formada en Turín e París, comezou facendo probas coas calidades dos materiais e logo pasou ao contorno dunha forte carga crítica. Foi unha das pioneiras da body art. Destaca Action sentimentale (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e historiador da arte italiano. Profesor na Universidade de Nápoles desde 1942, especializouse en restauración de monumentos e centros históricos e destacou como investigador. En 1949 traballou para a UNESCO. Escribiu biografías de Palladio (1960), Ferdinando Fuga (1956) Bernini (1953) e Gaudí (1962), ademais de I Rinascimento nell’Italia Meridionele (1977) e outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo estoico grego. Discípulo de Dióxenes de Babilonia, exerceu unha grande influencia no círculo político de Publio Cornelio Escipión Emiliano, en Roma (144-129), e sucedeu a Antípater como cabeza da escola estoica de Atenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cesta grande utilizada para transportar ou gardar o pan.

    2. Recipiente para servir o pan na mesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza do tear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fabrica panos ou comercia con eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Taboleiro ou plafón de gran superficie que se emprega en diversas aplicacións técnicas, construtivas ou arquitectónicas.

      1. Taboleiro de diversos materiais que se emprega para amosar información de cara ao público.

      2. Taboleiro que contén os mandos e os indicadores de información para o uso correcto dunha máquina de instalación.

      3. panel direccional

        Dispositivo de guía formado por unha prancha metálica plana cunhas puntas de frecha debuxadas, que prohibe o paso e informa sobre o sentido de circulación que hai que seguir.

      1. Conxunto de táboas situadas a babor e a estribor, nas embarcacións de remos, que serven de asento aos que vogan.

      2. Compartimento das lanchas pesqueiras onde se baleira o peixe que se recolleu coas redes e cos aparellos.

    2. Aparato de iluminación que consiste nunha placa de materia plástica recuberta dunha substancia fluorescente que produce luz por electroluminescencia ao aplicarlle unha tensión eléctrica.

    3. Elemento de calefacción que consiste nunha gran superficie que se mantén a unha temperatura moderadamente elevada e quenta un cuarto ou unha sala por radiación.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. tixola.

    2. Cesta pequena para a froita e outros alimentos.

    3. Figura en forma de corazón que representa unha folla de álamo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das tricolomatáceas, ao que pertence a especie P. stypticus (pementa de monte), que se caracteriza por ser de textura fibrosa, ter láminas pálidas, non libres, que están unidas ao pé, e por carecer de anel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que afirma que Deus é todo en todas as cousas. O termo foi creado por K. C. F. Krause e a doutrina está máis preto do teísmo ca do panteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO