"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente ao panteísmo.

    2. Seguidor do panteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao panteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de telegrafía que se emprega na transmisión a distancia de debuxos, manuscritos ou fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega en pantelegrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de divindades ou personaxes mitolóxicas que pertencen a unha cultura.

      1. Templo ou lugar dedicado a todos os deuses, especialmente no mundo clásico.

      2. Igrexa ou monumento funerario que contén as tumbas dos homes ilustres ou dos soberanos dun país, como a abadía de Westminster de Londres, o Panteón de Roma, a basílica da Santa Croce de Florencia, o Panteón de París, o Panteón Real do Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial e o Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval.

      3. Sepultura, xeralmente en forma de edificación no espazo ou subterránea, en que repousan os diferentes membros dunha familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Panteón situado na igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Acolle as tumbas dalgúns dos máis destacados personaxes galegos do campo político, literario e artístico. A iniciativa xurdiu dos emigrados en Cuba, que contactaron con Xoaquín Díaz de Rábago, presidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, para que os restos de Rosalía de Castro fosen os primeiros en trasladarse ata o lugar, feito que ocurreu o 25 de maio de 1891. Posteriormente, trasladáronse as cinsas de Alfredo Brañas e alí foron enterrados Francisco Asorey, Ramón Cabanillas e Domingo Fontán. O 28 de xuño de 1984 os restos de Afonso R. Castelao foron trasladados ata a antiga capela do Santo Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo dedicado a todos os deuses construído por Agripa no Campo de Marte en Roma. Foi destruído por un incendio (80) e restaurado por Domiciano; posteriormente, en 110, foi novamente destruído e Adriano, Setimio Severo e Caracalla reedificárono. Consta dun corpo cilíndrico precedido por un pórtico, que está sostido por columnas corintias monolíticas dispostas de xeito que limitan tres naves: na central ábrese a porta e as laterais rematan en nichos que acollían as estatuas de Augusto e Adriano. O espazo circular cóbrese cunha cúpula semiesférica perfecta pois a súa altura e o seu diámetro son iguais (43,30 m). Érguese sobre unha estrutura interior de arcos de descarga. O interior está casetonado e ten un óculo central de 9 m de diámetro. Os muros están organizados en sete nichos alternando con oito edículos, que estaban ocupados por estatuas dos deuses. No ano 609 consagrouse como igrexa cristiá dedicada á Virxe e aos mártires (Sancta Maria ad Martyres), e sufriu varias innovacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na catedral de Santiago de Compostela, a carón do claustro e enfronte do Tesouro. Ata 1535 o panteón situouse na capela de Santa Catarina. Conserva a lousa sepulcral do bispo Teodomiro, descubridor da tumba do Apóstolo Santiago, e tumbas esculpidas nos ss XII e XIII, como a de Reimundo de Borgoña, Fernando II, Afonso VIII, Berenguela, Xoana de Castro, esposa de Pedro I o Cruel, e Pedro Froilaz, conde de Traba. A capela, obra de Juan de Álava, ten bóveda nervada e a súa porta é plateresca. Nun retablo neogótico consérvanse relicarios medievais e renacentistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. leopardo.

    2. Variedade melánica do leopardo que ten o pelame negro brillante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trampa piramidal feita de vimbio ou de canas que se usa para cazar vivos os paxaros.

    2. Rede que se manexa con dous paus e que se usa para coller troitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos carnívoros, da familia dos félidos, que presentan o corpo de gran tamaño e son bos cazadores. A este xénero pertencen todos os grandes felinos, como o león (P. leo), o tigre (P. tigris), o leopardo (P. pardus) e o xaguar (P. onca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos bóvidos, da subfamilia dos antilopinos, que miden entre 79 e 94 cm de altura na cruz e presentan un pelame espeso de cor acastañada ou rosada. Os machos teñen uns cornos rectos e verticais de ata 71 cm de longo. A este xénero pertence a especie P. hodgsonii (antílope tibetano) que procede de China, India e do O de Nepal. Está en perigo de extinción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colonia grega de Crimea, na actual Kerč’, fundada probablemente por colonos milesios no s VI a C, en territorio habitado polos escitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Valdoviño baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade ideal en que todos os membros son iguais en categoría e posición social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado no pantoque do barco ao ser este levantado por unha onda e chocar coa seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sobrenome dado a Zeus e a outras divindades gregas da época helenística.

    2. Epíteto aplicado a Deus Pai, símbolo da fe, e ás representacións artísticas de Xesús Cristo como señor dos cristiáns que aparecen nas ábsidas e cúpulas das igrexas. Característico da arte bizantina e románica, represéntase sentado e en actitude de bendicir coa man dereita e cos Evanxeos na man esquerda.

    VER O DETALLE DO TERMO