"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Construción situada en San Salvador de Parga (Guitiriz). De planta rectangular e dúas alturas, a fachada principal ábrese cara a un patio interior e ten un soportal no medio e unha balconada na planta superior. O acceso ao patio realízase por un portón. Conserva un escudo na fachada principal e outro na capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilanova de Santiso (Malpica de Bergantiños). Ten planta en forma de T con dúas alturas. Os muros son de cachotaría e os ocos están encintados en cantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mabegondo (Abegondo). Construída no s XVII por Diego de Quiroga Reimóndez, está composta por un corpo principal flanqueado por dúas torres cadradas. Está realizada en cachotaría de granito, con cantaría nas esquinas. Na fachada principal atópase, sobre o balcón central, o escudo dos Quiroga e dos Reimóndez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Areas (Tui). Está formada por dous corpos de dúas alturas unidos en ángulo coa capela pegada a eles. Destaca a solaina erixida sobre un soportal aberto con arcos de medio punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Cristovo de Viñas (A Coruña). Fundado en 1674, ten planta en forma de T e capela de planta rectangular, unida a un dos corpos, baixo a advoación de san Xosé. Os escudos aluden aos Quirós e Tabares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador e adestrador de baloncesto. Coñecido como Manel Sánchez, xogou dez temporadas en primeira división e Liga ACB, no Manresa, CAI Zaragoza e Breogán de Lugo. Foi dúas veces internacional coa selección española absoluta. Foi adestrador do Yaya María Breogán de Lugo (2001-2005), da Liga Feminina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Membro da corte dos reis de Aragón en Nápoles, formou parte da Academia Pontaniana co nome de Actius Syncerus. Escribiu Gliuommeri, monólogos satíricos de carácter popular, Farse, Sonetti e canzoni, cinco Eglogae piscatoriae, tres libros de Epigrammi e tres de Elegiae, a novela pastoril L’Arcadia (1480-1484), en prosa e verso, e o poema relixioso De partu Virginis (1513-1526).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mondoi (Oza dos Ríos). Realizouse en cachotaría e cantaría nas esquinas. Ten planta rectangular e patio con patín. Conserva diversos escudos que aluden aos Ponte, Andrade, Figueroa e Freixomil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pazo de Ortigueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Bueu. Fundouno no s XVII Fernando de la Rúa. Ten planta irregular, cun formato que se achega á planta en L, con baixo e piso. A parte máis antiga é rectangular e conserva as ameas e as gárgolas nas esquinas. Conserva tres muros, un que percorre a propiedade, outro a capela e un terceiro que permite o acceso ao patio e desde este á vivenda a través dun portal arquitrabado, decorado con imaxes de músicos. Nunha das fachadas conserva un escudo que alude aos Rúa, Novoa, Pimentel e España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada xunto á igrexa de Santa María de Melide, no concello homónimo. Ten planta rectangular e patio con escaleiras e patín. Na beira esquerda da escaleira consérvase un escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa radicada nas Gándaras de Budiño (O Porriño) creada en 1968 como Censa e que tomou o nome actual en 1987. Dedícase á fabricación de reactores, intercambiadores de calor, columnas de fraccionamento e destilación e refinarías, muíños, fornos de todo tipo e material para buques como temóns e máquinas para a pesca ou a carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. Presidente da Federación de Asociaciones de Empresarios Gallegos en el Exterior (Fegaex) e da Asociación Cultural de la Vieira, membro da xunta directiva da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid (Jurisgama) e do padroado da Fundación Cánovas del Castillo. Fundou a Asociación de Empresarios Gallegos de Madrid (Aegama) e presidiu e fundou o grupo de empresas Cliner, ademais de ser asesor xurídico de empresas privadas. Colaborador en diversos medios, escribiu El secreto de Galicia, Asturias tópica e insólita e Ideas y reflexiones sobre el camino de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Casa de Naia (Antas de Ulla). Ten planta en forma de L e os seus muros mesturan cantaría e cachotaría. Conserva hórreo, pombal e unha capela de planta rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Louredo (Mos). Orixinario do s XVI, reformouse no s XVIII. Ten planta rectangular e dúas alturas, con muros de cachotaría e acceso ameado. Conserva unha capela (XVI) e o muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mondoñedo. Ten planta irregular, con varias dependencias de planta rectangular levantadas con muros de cachotaría. Ten muralla e patio na parte posterior e conserva o pombal e unha capela (s XVII), na que destacan catro laudas sepulcrais do s XIX e os retablos barroco e renacentista. O recinto rodeouse cunha muralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e lexicógrafo. Despois de licenciarse en Enxeñaría (1970), obtivo a licenciatura (1975) e o doutoramento (1981) en Filosofía e Letras. Membro correspondente (1966) e de número (1988) da Euskaltzaindia, preside a súa comisión de lexicografía e dirixe o Anuario del Seminario de Filología Vasca Julio de Urquijo. Nos seus primeiros traballos centrouse na crítica e historia da literatura (Euskal literaturaren historia, 1971), para despois pasar á lingüística e á filoloxía (Contribución al estudo y edición de textos antiguos vascos, 1983). En 1975 a fundación da Caja de Ahorros Provincial de Gipuzkoa encargoulle a redacción dun dicionario normativo. Deste estudo saíu un primeiro borrador (catro fascículos, 1977-1979) e a posterior publicación de Gaur egungo euskararen maiztasun-hiztegia (Dicionario de frecuencias do éuscaro escrito). Nesta época entrou en contacto con K. Mitxelena a quen axudou na preparación do Orotariko euskal hiztegia (Dicionario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sardiñeiro (Fisterra). Ten planta en forma de L e conserva un patín cuberto cara ao interior do ángulo realizado en cantaría. Conserva un hórreo de pedra labrada e os restos dun pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO