"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado flexible e cómodo, de tecido quente ou de coiro forrado de pelo, sen tacón e sen talón, que se usa para andar pola casa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
William Williams.
-
RIOS
Río de México (520 km) que nace na rexión endorreica da conca de México, atravesa a rexión montañosa de San Luis Potosí e desemboca no golfo de México, preto de Tampico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Formado en París e Londres, dirixiu as orquestras filharmónicas de Cracovia (1945) e Varsovia (1946). Despois de establecerse en Inglaterra (1954) e naturalizarse inglés, comezou a traballar na Birmingham Symphony Orchestra (1957-1959). Escribiu oito sinfonías, un concerto para piano (1962), a cantata Pregaria Universal (1968-1969) e música de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves paseriformes, da familia dos timálidos, ao que pertence a especie P. biarmicus (rabilongo das canaveiras).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hipotético supercontinente que, no Paleozoico, englobaría a totalidade da terra emerxida e do que xurdirían, por fragmentación e gradualmente, os actuais continentes. Ao principio estaría separado en dúas grandes masas, Laurasia (ao N) e Gondwana (ao S). O protoocéano que o rodeaba era Pantalasa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
carafuncho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría impulsada por Darwin en 1868 que propuña que cada parte do corpo estaba representada por unha partícula (xémula) que se encontraba no sangue. A xémula dividíase e pasaba ás células reprodutoras, transmitindo de xeración en xeración os caracteres que definen cada especie.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que concerne a todo o pobo xermánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina imperialista que, fundamentándose na necesidade de buscar mercados e saídas para a economía alemá, pretendía unir nun gran imperio todos os pobos de orixe xermánica. A finais do s XIX esta doutrina, que se enfocou cara á unión de todos os xermánicos do imperio dos Habsburgo, renaceu coa creación da Alldeustcher Verband e da Alldeustche Vereinigung contra as minorías de lingua non xermana. O imperio, ademais de Alemaña, Austria, Países Baixos, Bélxica, Flandres francés, Alsacia, Lorena, Franco Condado, Suíza, Os Balcáns e Polonia, tiña que incluír outros pobos de orixe xermánica: Reino Unido, Escandinavia, Hungría e Rusia occidental. Afundido tras a derrota de 1918, o panxermanismo reviviu coa filosofía de Alfred Rosenberg, teórico do nacionalsocialismo, que completou a súa teoría coa do superhome de Friedrich Wilhelm Nietzsche. Durante a Segunda Guerra Mundial o panxermanismo concretouse na constitución dunha comunidade aria.
-
-
Relativo ou pertencente ao panxermanismo.
-
Partidario do panxermanismo.
-
-
-
Praia do litoral atlántico situada na ría de Vigo, na parroquia de Panxón (Nigrán).
-
Canción popular que se canta polo Nadal. A vitalidade do xénero, a súa longa conservación e a súa calidade folclórica provocaron que os textos se convertesen en anónimos, produtos poéticos da colectividade que os elaborou ao longo dunha transmisión oral e dentro dos costumes periodicamente actualizados. Os temas proveñen de fontes eclesiásticas, populares e profanas.
-
Gabanza interesada ou acción afectadamente cariñosa.
-
Coros que, na noite de Nadal, percorrían as rúas de Santiago de Compostela cantando panxoliñas.
-
-
-
Canción popular que se canta polo Nadal. A vitalidade do xénero, a súa longa conservación e a súa calidade folclórica provocaron que os textos se convertesen en anónimos, produtos poéticos da colectividade que os elaborou ao longo dunha transmisión oral e dentro dos costumes periodicamente actualizados. Os temas proveñen de fontes eclesiásticas, populares e profanas.
-
Gabanza interesada ou acción afectadamente cariñosa.
-
Coros que, na noite de Nadal, percorrían as rúas de Santiago de Compostela cantando panxoliñas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Praia do litoral atlántico situada na ría de Vigo, na parroquia de Panxón (Nigrán).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga igrexa situada en Nigrán. Datada no s VII, probablemente en tempos dos reis visigodos Vamba ou Recesvinto, dedicouse na súa orixe a san Pantaión. Consérvase un fragmento de muro arredor dun arco de ferradura visigodo, que probablemente se utilizou como entrada á capela maior. O arco sostense por medio de dúas columnas de fustes lisos e capiteis decorados cunha dobre coroa de follas estilizadas. Foi declarada BIC en 1964.
-
-
entre dunha persoa ou animal. Na tradición oral recóllense ditos como: “A esperanza non enche a panza. A danza sae da panza. Da panza sae a danza”.
-
Primeiro compartimento do estómago dos ruminantes onde ten lugar unha primeira etapa da dixestión bacteriana e desde o que será regurxitado o alimento cara á boca para sufrir un novo proceso de mastigación.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e lexicógrafo italiano. De ideas conservadoras, adheriuse formalmente ao fascismo. Foi un escritor de escasa fantasía pero impecable no estilo e un notable narrador, e destacou polo tratamento sarcástico da realidade que o rodeaba. Autor dun moderno dicionario, da súa obra destacan La lanterna di Diogene (1907), Il diavolo nella mia libreria (1920) e Il romanzi d’ambo i sessi (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formado na tradición bizantina, a súa obra amosa un equilibrio entre esta e a influencia de Giotto. Pintou o políptico en que se incluía unha Dormitio Virginis (1333) e Madonna in trono (1340).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Jean Moréas, escribiu en francés. Os seus primeiros libros mostran unhas claras resonancias de Baudelaire e Verlaine, pero máis tarde distanciouse do simbolismo, do que foi voceiro, para atopar a súa propia voz poética. Da súa produción destacan Les Syrtes (1884), Les Cantilènes (1886), Le Pélerin passionné (1891-1893) e Iphigénie en Tauride (1903).
VER O DETALLE DO TERMO