"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Muras, no concello homónimo. O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra que se coloca por riba do lintel en portas e ventás.

    2. Acha ou madeiro que se pon na lareira para manter o lume aceso.

    3. Espazo detrás da lareira cunha pedra para sentarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza psiquiátrica que se caracteriza pola presentación de ideas delirantes secundarias, sistematizadas, irrebatibles pola argumentación lóxica, que aparece como consecuencia dunha predisposición constitucional e que está relacionada coas vivencias do suxeito. Este conserva íntegras a intelixencia, a memoria, a lucidez de pensamento e a capacidade de xuízo e de raciocinio, sempre que a súa aplicación non afecte ao tema do delirio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á paranoia.

    2. Que ou quen padece paranoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á estrutura delirante, semellante á paranoia pero con síntomas máis leves, que se dá en estados esquizofrénicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desorde mental que fai que se denominen incorrectamente os obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Grixalba, Cumbraos e Roade (Sobrado). O seu cumio acada os 639 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que carece de explicación científica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Francos (Outeiro de Rei). O seu cumio acada os 614 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Gondel (Pol). O seu cumio acada os 665 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de australopitecos, da familia dos homínidos, que se asimila actualmente á especie Australopithecus robustus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que deriva do trifenilmetano. Pertence ao grupo dos colorantes que se usan na tinguidura do algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida itineraria de orixe persa, equivalente a 30 estadios, que adoptaron os gregos, e que tamén foi coñecida no mundo islámico medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de defensa dunha embarcación contra as minas submarinas de contacto. Son uns dispositivos que van arrastrados fixados na proa ou na popa, entre dúas augas e a unha distancia suficiente do casco da embarcación, de xeito que poida facer estourar as minas, se as hai, sen causar danos. Moi empregados na Primeira Guerra Mundial, deixaron de usarse desde que na Segunda Guerra Mundial apareceron as minas submarinas magnéticas, acústicas e de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārā ṣ h ṭ ra, India, que está situada 16 km ao S do río Dudna (190.235 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e tradutor. Evolucionou desde o realismo poético dos primeiros libros, Vint poemes civils (1967), ata a unha poesía máis elaborada e vinculada á lírica europea e estadounidense, como en Latituds dels cavalls (1973), Focs d’octubre (1992, premio Ciutat de Barcelona) e Natura morta amb nens (2000). Traduciu ao catalán The Haw Lantern (1993, Premio de la Crítica Serra d’Or) de Seamus Heaney e The Lord of the Rings (1954) de J. R. R. Tolkien, e reuniu a súa obra poética no libro Triomf del present. Obra poètica 1975-1983 (1991, premio Lletra d’Or 1992). Foi presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (1998) e, desde 1998, da Institució de les Lletres Catalanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Merca. Datada no s XVIII, conta con cuberta de madeira que simula unha bóveda na nave e cuberta a varias augas na capela maior. Os arcos da nave descansan en ménsulas incrustadas na parede. Destacan os relevos do retablo maior que representan o Nacemento de Xesús Cristo, a Adoración dos pastores e a Visitación da Virxe e a súa curmá Isabel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e poeta. Formouse no Colexio de Fonseca, onde se doutorou en Dereito. Ingresou na orde militar de Santiago, residiu en Roma e foi deán en Santiago de Compostela (1689). Autor dunha abondosa obra en castelán, foi o principal impulsor das Festas Minervais convocadas en 1697. No volume Fiestas Minervales y aclamación perpetua de las Musas a la inmortal memoria de el Ilustrísimo y Excelentísimo Sr. D. Alonso de Fonseca (1697), incluíuse unha das súas composicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Tarazona (1720-1741). Relixioso mercedario, foi provincial da súa orde en Castela e catedrático na Universidad de Salamanca. Das súas obras destacan Panegyrico Funeral en las Reales Exequias que hizo la Universidad de Salamanca en su Real Capilla el día 23 de Diziembre de 1715. Al Sr. Rey Christianíssimo de Francia Luis XIV. El Grande (Salamanca, 1715) e Demostración de la verdad, y de la justicia, que asiste al Ilustmo. y Revermo. Sr. D. Fr. García de Pardiñas y Villar de Francos... (Pamplona, 1729). Unha das súas composicións poéticas foi premiada nas Festas Minervais de Santiago de Compostela (1697).

    VER O DETALLE DO TERMO