"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político que se constituíu o 6 de xaneiro de 1908 en Santander, con ocasión dun discurso que pronunciou Alejandro Lerroux. Pretendía ser a cristalización organizativa do lerrouxismo en España, pero durante moito tempo a súa influencia centrouse case exclusivamente na cidade de Barcelona. Aínda así, nesta cidade, despois de ter un papel ambiguo durante os feitos da Semana Tráxica, perdeu parte do apoio obreiro que inicialmente acadara. Politicamente abandonou o revolucionarismo verbal anterior e institucionalizou unha rede de intereses económicos baseada no dominio do concello de Barcelona. Ademais, o seu peso nas eleccións lexislativas foi moi pequeno, coa única excepción das eleccións de maio de 1910. Debido ao seu españolismo, a súa influencia limitou o campo de manobra da esquerda republicana catalanista. Nas Cortes Constituíntes da Segunda República Española emerxeu como o segundo partido do Estado español pola consecución de 89 deputados. En Galicia distinguíronse tres sectores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político creado en Madrid en 1929 coa participación de M. Domingo i Sanjuán. Experimentou un rápido e espectacular crecemento baseado nun verbal radicalismo económico e social. Malia todo, sufriu numerosas escisións ata a ruptura das tendencias principais en setembro de 1933.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido Andalucista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada en Madrid en 1879 por núcleos marxistas expulsados da Federación Regional Española da Asociación Internacional de Traballadores. Implantouse nos medios obreiros de Madrid, Euskadi e Asturias. O primeiro deputado socialista, Paulo Iglesias Posse, foi elixido en 1910, grazas á alianza electoral cos republicanos. O partido defendeu as reivindicacións obreiras e cumpriu unha ampla tarefa de educación popular. Aproveitou a tolerancia da que gozou durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) para implantarse nos medios campesiños do sur do estado. Participou no comité revolucionario (1930), no goberno provisional da Segunda República (1931) e no goberno de Manuel Azaña Díaz (1931-1933). Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) Francisco Largo Caballero e Juan Negrín López presidiron cadanseu goberno de coalición; mentres, no exilio, impúxose a liña moderada de Indalecio Prieto Tuero. Deixando de lado o sector histórico escindido en 1972, que en 1982 se converteu...
-
-
Relativo ou pertencente aos partisanos.
-
Militante dun grupo civil organizado para a loita armada clandestina contra un exército de ocupación ou contra a autoridade constituída e que utiliza a técnica da guerrilla. O termo aplícase sobre todo aos que loitaron nos movementos de resistencia contra as forzas do Eixe na Segunda Guerra Mundial (1939-1945). O movemento de guerrillas antifranquistas activo entre 1939 e 1964 coñeceuse co nome de maquis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano que se creou en 1921, a raíz do congreso de Livorno, por Antonio Gramsci, Amadeo Bordiga e Palmiro Togliatti, da á disidente da extrema esquerda do Partito Socialista Italiano. Disolto en 1926 polo fascismo, organizouse clandestinamente e tivo moita importancia na resistencia italiana durante a Segunda Guerra Mundial. Rematada a guerra e ata 1947 formou parte do goberno de coalición xunto con outros cinco partidos antifascistas. A partir de 1956, P. Togliatti preconizou a teoría do policentrismo entre os diferentes partidos comunistas. Despois da súa morte (1964), o partido foi dirixido por Luigi Longo (1964-1972) e Enrico Berlinguer (1972-1984), que impulsou a adaptación ao eurocomunismo e se esforzou pola realización do compromesso storico, programa que planeaba a participación dos comunistas no goberno cos demócrata-cristiáns, que sempre foi rexeitado polo Partito Democrazia Cristiana. Achille Occhetto, máis próximo á socialdemocracia ca os seus predecesores,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano creado polos antigos militantes do Partito Popolare Italiano durante a resistencia antifascista. Co triunfo e a maioría absoluta en 1948, gobernou baixo a presidencia primeiro de Alcide de Gasperi e despois doutros democratacristiáns ata 1962, e realizou unha importante reforma agraria que puxo fin ao latifundismo. Baixo a inspiración de Amintore Fanfani iniciou daquela a apertura á sinistra, que durou ata a crise económica da década de 1970, en que formou gobernos minoritarios. Durante estes anos ocupou tamén a presidencia da república, agás no período do presidente socialdemócrata Giuseppe Saragat. A partir de 1976 a súa forza baixou e viuse obrigada a compartir o poder cos partidos laicos. En 1978 perdeu a presidencia da república, que recuperou en 1985 con Francesco Cossiga, e en 1981 a do goberno, que recuperou brevemente entre 1982 e 1983 con A. Fanfani e, a partir de 1987, con Amintore Fanfani, Giovanni Goria, Ciriaco de Mita e Giulio Andreotti....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano precedente do Partito Democrazia Cristiana. Foi fundado en 1919 por Luigi Sturzo e baseábase na doutrina social da Igrexa, a descentralización rexional, a reforma agraria e outras reformas políticas. Nas eleccións de 1919 e en 1921 obtivo un cento de escanos parlamentarios e tamén conseguiu un notable éxito nas municipais de 1920. Os asasinatos do líder socialista Giacomo Matteotti e Minzoni e a desaparición das liberdades constitucionais conduciron ao partido a retirarse do Parlamento. A partir de entón os seus dirixentes foron perseguidos e o derradeiro secretario xeral, Alcide de Gasperi, refuxiouse na Cidade do Vaticano ata a caída do fascismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política italiana fundada en 1892, co nome de Partito dei Lavoratori Italiani, por Filippo Turati, Andrea Costa e Gregorio Agnini. Dominou o sector sindicalista entre 1904 e 1908. A gran crise produciuse coa cuestión da adhesión á Terceira Internacional no congreso de Livorno (1921), onde se produciu a escisión principal, a dos leninistas, que fundaron o Partito Comunista Italiano. O secretario do PSI, Giacomo Matteotti, foi asasinado (1924) e os socialistas reagrupáronse no exilio e asinaron en 1934 un pacto de acción cos comunistas para unha colaboración coa Resistenza. En 1947 escindiuse en dúas ramas: o PSI, guiado por Pietro Nenni, e o PSDI (Partito Socialista Democratico Italiano), guiado por Giuseppe Saragat. O afastamento entre o PSI e os comunistas permitiu a súa entrada nos gobernos de coalición dirixidos pola democracia cristiá. No período de 1978-1985, con Alessandro Pertini, acadou a presidencia da república, e o seu secretario xeral, Bettino Craxi, encabezou entre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen manifesta pouca intelixencia ou pouca agudeza ou enxeño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Afganistán (9.399 km2; 528.000 h [estim 1982]). A súa capital é Chārīkār (25.117 h [estim 1982]).
-
PERSOEIRO
Alpinista. Comezou a súa carreira acompañando os seus pais en pequenas subidas como montañeira, ás que seguiron expedicións de maior importancia aos Pireneos e Os Alpes. Foi a primeira muller española en coroar seis cumes de 8.000 m: Everest, Makalu, Cho Oyu, Lothse, Gasherbrum II e Gasherbrum I.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado ao L da parroquia de Veigas de Camba (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.095 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
No día seguinte a mañá.
-
-
Barra longa de madeira, de corda, de pedra ou de metal, ou de calquera outro material, disposta na parte superior dunha varanda, ou suxeita a unha parede, pola que se se pode pasar a man, ao subir unha escaleira. OBS: Nesta acepción adoita empregarse coa forma pasamáns.
-
Tecido en forma de cinta ou cordón que serve para adornar vestidos, mobles ou calquera outro obxecto.
-
-
-
Arte de elaborar pasamán.
-
Conxunto de adornos elaborados con pasamán. Nos traxes tradicionais de gala, tanto masculinos como femininos, consiste nun entramado de pequenas boliñas de acibeche furadas, inseridas nunha rede de fío que reproduce deseños vexetais ou xeométricos.
-
Obradoiro ou tenda de pasamán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fabrica ou vende obxectos suntuarios de pequenas dimensións, como adornos, pasamáns, botóns, galóns, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pasamanaría
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de vestir que serve para defenderse do frío, coa que se cobre a cabeza, o pescozo e a cara, e que só deixa descubertos os ollos e o nariz.
-
-
Que pasa.
-
Aplícase ao cuadrúpede en actitude de camiñar. Cando se trata dun león, a pata anterior dereita está levantada.
-
Persoa que axuda a alguén como auxiliar no exercicio dunha profesión para adquirir práctica.
-
Profesor que pasa as leccións aos estudantes, con quen van estudar os que están a piques de se examinar.
-