"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Tipo de reactor nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano inca (1493-1525), fillo de Túpac Inca Yupanqui. Dominou as tribos no N do Imperio ata Chapapoyas e Mayopampa (NL do Perú). Trala súa morte, os seus fillos Atahualpa e Huáscar dividiron o seu imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Grenoble (1080). Na iconografía represéntase como bispo ou co hábito branco dos cartuxos e leva como atributos un cisne e un estandarte con sete estrelas. A súa festividade celébrase o 1 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis empíricas que regulan a composición das fases estruturalmente análogas nas aliaxes metálicas. Fundaméntanse nas dimensións atómicas relativas, na electronegatividade dos compoñentes, na valencia e no número de electróns de valencia por átomo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regra segundo a que todos os orbitais dun mesmo nivel enerxético deben ser ocupados por un electrón, antes de que un deles poida ser ocupado por un dobrete electrónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa Central, situado na chaira Panónica. Limita ao N con Eslovaquia, ao NL con Ucraína, ao O con Austria, ao SO con Eslovenia, ao S con Croacia e Serbia e ao L con Romanía (93.030 km2; 10.198.315 h [2001]). Esténdese entre os 46° e os 49° de latitude N e os 16° e os 23° de lonxitude L. A súa capital é Budapest.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Hungría ocupa a maior parte da chaira Panónica, atravesada polo curso medio do Danubio. Esta superficie formouse polos dobramentos alpinos e carpáticos no Neoxeno. Preto das tres cuartas partes do territorio atópanse por baixo dos 200 m de altitude e só o 2% supera os 400 m; incluso os cumios máis elevados apenas pasan dos 1.000 m. A diversidade de materiais que cobren a chaira (areas, arxilas e loess) provoca que a calidade dos solos sexa moi heteroxénea. A zona de montaña constitúe unha dorsal que se prolonga, atravesada perpendicularmente polo Danubio, en dirección...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das higroforáceas, que presenta láminas grosas, basidios longos sen veo parcial e con esporada branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos pertencente á familia das higroforopsidáceas. Caracterízase por presentar láminas de color moi alaranxada na madureza, ás veces o sombreiro presenta forma de funil. A especie presente en Galicia é H. aurantiaca, coñecida por falsa cantarela, que se caracteriza por ter carpóforos moi delgadiños, laminiñas verdadeiras, delgadas, co pé case amarelo ou pardo escuro. Habita os bosques de coníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos basidiomicetos da familia das higroporáceas con láminas espesas, espaciadas, de aspecto ceroso e con sombreiro xeralmente viscoso de 3 a 5 cm de diámetro. Habitualmernte crecen sobre colchóns de mofo; algunhas especies asócianse mediante ectomicorrizas con raíces de piñeiros e ameneiros. Algunhas especies son comestibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Delineación sobre un papel da sección horizontal dun edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á icnografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización non gobernamental fundada en Londres en 1963 coa finalidade de velar polos intereses dos profesionais do deseño gráfico, promulgar os seus dereitos e deberes e coordinar as accións das diversas asociacións ao redor do mundo. En 1999 creou a Fundación ICOGRADA.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia auxiliar da Historia da Arte que serve para descrifrar a temática dunha obra. A análise iconográfica permite atopar as fontes, a orixe e a definición dun tema determinado e estudar a súa evolución. No Renacemento comezaron a estudiarse as representacións das divindades clásicas, dos temas simbólicos e alegóricos, e a arte das catacumbas. No s XIX iniciáronse os estudios da iconografía medieval. No s XX destacaron as achegas de L. Réau e E. Mâle e a evolución da iconografía a partir de Aby Warburg.

    2. Colección ou clasificación de retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á iconografía.

    2. Conxunto de temas vinculados entre si de forma narrativa ou que conteñen significados simbólicos relativos, en xeral, a dogmas ou conceptos doutrinais básicos.

    3. Ideación previa e determinada dun conxunto de temas figurativos, seleccionados e ordenados segundo unha intención significativa concreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en iconografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritura ideográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ideograma.

    2. Aplícase á escritura que utiliza ideogramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos signos empregados na escritura ideográfica, que representa directamente unha idea abstracta mediante un obxecto ao cal é facilmente atribuíble (por exemplo, unha frecha para expresar a idea de recto ou xusto).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica do cariotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Comunidade dos seguidores de Xesús Cristo. A tradición cristiá antiga afirma que a Igrexa naceu no momento mesmo da morte de Xesús Cristo na cruz, como unha nova Eva xurdida do costado aberto de Cristo, que se manifestou por vez primeira o día de Pentecoste polo Espírito Santo enviado do Pai. A Igrexa, entendida deste xeito, constitúe un misterio, é dicir, unha obra divina na historia. A pesar de constituírse en herdeira de todos os elementos da tradición do pobo de Israel e a pesar de vivir na consciencia de ser o pobo de Deus dos derradeiros tempos, a comunidade dos discípulos de Xesús Cristo portaba o xermolo dunha nova constitución respecto da comunidade xudía a carón da cal vivía: a Eucaristía, que actualiza e renova o memorial da Pascua xudía, a elección dos doce apóstolos enviados a evanxelizar todas as nacións, e o anuncio salvífico de que Xesús Cristo é o Señor e que regresará na fin dos tempos, como principio de toda confesión de fe. Malia que Xesús Cristo anunciara a chegada...

      2. Comunidade local de cristiáns, presidida por un bispo.

      3. Porción da Igrexa universal definida por un concepto étnico ou xeográfico, pola súa doutrina, por un personaxe que a dirixiu ou organizou doutrinalmente, por un rito litúrxico especial ou por calquera outro criterio.

      4. Conxunto de todos os ministros, do goberno, dunha Igrexa.

    1. Lugar de reunión dos cristiáns para a celebración dos actos litúrxicos. A primeira comunidade cristiá, de formación xudea, continuou asistindo á pregaria das sinagogas, pero pronto comezou a reunirse en casas particulares para a celebración da Eucaristía. Do s III coñécese Dura Europos, aínda que ata despois da paz de Constantino I (313) non se comezaron a construír edificios de culto. Estas construcións respondían arquitectonicamente a edificios civís. No Imperio Romano adoptouse a forma da basílica, pero en Mesopotamia e Persia os modelos foron os palacios sasánidas. Un tipo de igrexa especial foi o martyrium, do que deriva a igrexa de planta central. No interior, o espazo destinado ao altar e aos fieis depende do tipo de igrexa e, sobre todo, das diversas tradicións cristiáns. A igrexa inaugúrase cunha festa especial, a dedicación, cuns ritos propios de consagración.

    2. Figura heráldica que se representa con dous campanarios.

    3. A comunidade cristiá dos tempos apostólicos.

    4. Os benaventurados do paraíso celestial.

    VER O DETALLE DO TERMO