"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Que ten forma de rama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Emigrou a Cuba onde se dedicou ao comercio en Matanzas. Ingresou no batallón de Cazadores de Matanzas e rematada a guerra volveu a Galicia. Foi alcalde de Baiona e presidiu o Casino Recreativo da vila. Escribiu Recuerdos de antaño. Crónicas históricas de la villa de Bayona (1925). Foi correspondente da Real Academia Galega. En Cuba recibiu a Cruz de Plata del Mérito Militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Ocupou diversos cargos en calidade de asesor de organismos de defensa en EE UU e na OTAN. Escribiu Molecular Beams (1956 e 1985) e Quick Calculus (1965 e 1985). En 1989 recibiu o Premio Nobel de Física polo desenvolvemento da técnica coñecida como método de separación por campos oscilatorios, que permiten desprazar os átomos dun nivel de enerxía a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe, fillo dun secretario de María de Medici. Afillado do cardeal Richelieu, foi un neno precoz, abade comendatario de cinco abadías e presbítero, e experimentou unha conversión radical despois dunha mocidade disipada. Viviu cos oradores e logo profesou a vida cisterciense en Notre-Dame de La Trappe, de onde pasou a ser abade efectivo, e iniciou a reforma do Císter da máis estrita observancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión formal que dá a densidade de enerxía dunha radiación por unidade de enerxía e de intervalo de frecuencias a partir da teoría do corpo negro. Foi emitida por J. Rayleigh e J. Jeans, a principios do s XX, no ámbito da mecánica clásica. É a expresión asintótica da fórmula de Planck na rexión das frecuencias baixas. Tamén se coñece como fórmula de Rayleigh-Jeans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección caracterizada pola aparición de crises vasomotoras nas mans e nos pés, desencadeadas habitualmente polo frío. Cómpre distinguir entre a síndrome de Raynaud, que pode aparecer no decurso de diversas enfermidades, e o fenómeno de Raynaud, que acompaña a outros trastornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de estado que tivo lugar o 9 de termidor do ano II (27 de xullo de 1794) na Francia revolucionaria. Os moderados provocaron a caída de Maximilien de Robespierre, feito que significou a fin do Terror (1793-1794) e do dominio xacobino na Convención Nacional e puxo o proceso revolucionario en mans dos elementos moderados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reafirmar ou reafirmarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver afirmar.

    2. Manter unha afirmación. OBS: Emprégase seguido da preposición en.

    3. Facer máis firme unha posición demostrando os propios méritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada por Filipe V pola Pragmática de 1737, co nome de Real Colegio de Farmacéuticos coa finalidade de dedicarse ao cultivo e adiantamento da farmacia, química, botánica e historia natural. Ten a súa orixe na Congregación y Colegio de Boticarios de Madrid, baixo a advocación de san Lucas e de Nosa Señora da Purificación, documentado no s XVI e en 1939 tomou o seu nome actual. As súas institucións separáronse e o Real Colegio de Farmacéuticos comezou en 1751 as primeiras leccións de botánica, xerme da facultade de farmacia. Utilizando o seu local e laboratorio, Fernando VII creou en 1804 o Colegio de Farmacia de San Fernando. Dedícase ao estudo da farmacia fomentando diversas publicacións. Concede a Medalla Carracido para premiar servizos excepcionais á farmacia. Está dividida nas seccións de Química y Física, Biología, Tecnología y Farmacogenómica, Tecnología Farmacéutica; Farmacología y Farmacoterapia, Salud Pública, Alimentación y Medio Ambiente, Historia e Legislación y...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto filharmónico que se creou en Santiago de Compostela o 29 de febreiro de 1996. No seu inicio foi dirixida polo mestre alemán Helmuth Rilling e como segundo director por Maximino Zumalave, aínda que contou con numerosos directores convidados como Enrique García Asensio, sir Peter Maxwell Davies ou sir Neville Marriner. Está composta por un número variable de instrumentistas de corda, vento e percusión e ten a súa sede no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Nas súas actuacións contou con importantes solistas como o violoncellista M. Rostropovič, a mezzosoprano Teresa Berganza, a pianista Alicia de Larrocha ou o frautista Jean-Claude Gérard. En 1998 realizou unha serie de concertos por toda Europa e participou no Grosse Festspielhaus de Salzburgo, dentro da Semana Mozart. Ese mesmo ano comezou a gravación das sinfonías completas de Franz Schubert para a discográfica Hänssler Classic e inaugurou a primeira edición do Compostela Millenium Festival. En 1999 levou a cabo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de rearmar ou rearmarse.

    2. Reconstitución da forza militar dun estado que estivera total ou parcialmente desfeita. Entre outras destacan a restauración do servizo militar obrigatorio por Hitler en 1935, o rearmamento de Xapón entre 1954 e 1955, e a creación do exército federal alemán, o Bundeswehr, en 1956. Durante a Guerra Fría (1947-1990) produciuse un rearmamento constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olver(se) armar un exército ou unha nación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. neurofibromatose.

    2. Enfermidade ósea debida a un adenoma da paratiroide e caracterizada clinicamente por unha síndrome de hiperparatiroidismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección caracterizada pola aparición nos peitos dunha mastite crónica con formación de múltiples quistes. Denomínase tamén enfermidade cística da mama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de leis aprobadas polo Parlamento británico (1832-1884), relativas á reforma do sistema electoral para a Cámara dos Comúns. A Reform Act de 1832 redistribuíu os escanos parlamentarios a favor das cidades e áreas industriais e duplicou o corpo electoral ampliando o dereito a voto aos propietarios de inmobles. A de 1867 ampliouno máis ao conceder o dereito de voto aos artesáns e aos obreiros máis acomodados. A de 1884 concedeullo aos obreiros industriais e aos agricultores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reformar ou reformarse.

      1. Mitigación dunha regra relixiosa excesivamente ríxida.

      2. Restablecemento da antiga ou primitiva observancia.

    2. Conxunto de innovacións ou de cambios profundos, na vida da sociedade, da Igrexa, debidos normalmente á acción lexítima dos poderes constituídos, do papa ou dos concilios, pero que responden a unha necesidade de cambio orixinada antes na base.

    3. Contrarreforma.

    4. Expresión aplicada ao proceso polo que os estados excomunistas de Europa, cunha economía de planificación central de tipo soviética e de integración no COMECON, pasaron a outra de mercado concorrencial.

    5. Modificación profunda do sistema impositivo estatal ou local, é dicir, do marco e o contido, máis ou menos total, das leis tributarias. Preténdese subir o nivel de suficiencia tributaria, é dicir, de recadación; mellorar a distribución da carga impositiva para facela máis xusta, conseguindo efectos económicos positivos; e avanzar en claridade, simplicidade e economía de recadación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia do cristianismo occidental que, iniciado no s XV, perdurou ata o XVII e que foi a orixe das Igrexas protestantes, dun lado, e da Contrarreforma, por outro. No s XV a Reforma era necesaria. O estamento eclesiástico centrouse na fundación de novas ordes relixiosas coa figura do clérigo regular (teatinos, barnabitas, somascos, xesuítas) e de novas ordes femininas (anxélicas, ursulinas) sen clausura, menos contemplativas e máis activas. As antigas ordes monásticas e mendicantes animaban no seu interior á formación de congregacións observantes ou de reforma que, como no caso dos capuchinos, chegaron a constituír unha orde nova. Apareceron tamén bispos preocupados pola reforma, vinculados a miúdo ás irmandades ou compañías de laicos, en Italia, ou vinculados á obra reformadora dos Reis Católicos na Península Ibérica. Outros movementos de reforma anteriores ao Concilio de Trento foron o de Jean Standonck, ao redor do colexio de Montaigu en París; o evanxelismo do grupo de J....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei fundamental promulgada o 4 de xaneiro de 1977 que regulou a transformación do réxime franquista nunha democracia. Foi elaborada polo goberno de Adolfo Suárez e o primeiro artigo afirmaba que a democracia española se baseaba na supremacía da lei, expresión da vontade soberana do pobo, que os dereitos das persoas son inviolables e vinculan a todos os órganos do Estado, e que a potestade de elaborar e redactar as leis correspondía ás Cortes e a súa sanción e promulgación ao rei. O artigo segundo referíase ás Cortes, compostas de Congreso e Senado, e o terceiro á reforma constitucional. As disposicións transitorias refírense ás primeiras eleccións a Cortes, reguladas polo goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito armado que estalou en México en 1858, tras a promulgación da Constitución de Querétaro (1857) e que supuxo unha guerra civil. Enfrontou os grupos conservadores, liderados por Félix María Zuloaga e contrarios á nova constitución, e os liberais, que a defendían e que estaban representados por Benito Juárez, quen asumiu a presidencia da república en 1858. Ao mesmo tempo, os conservadores nomearon como presidente da república a Zuloaga -substituído desde 1859 por Miguel Miramón-, de xeito que o conflito armado se tornou inevitable. Mentres que Zuloaga derrogaba desde Ciudad de México a lexislación anterior, Juárez radicalizou o programa de reformas que emprendera en 1856 e que comprendía as Leyes de la Reforma, de marcado carácter anticlerical e laico. En 1859 obtivo o recoñecemento estadounidense do seu goberno e a partir dese ano a guerra virou ao seu favor. En 1860, o xeneral liberal Jesús González Ortega derrotou as tropas de Miramón en Guanajuato e Tlaxcala, logrando entrar en...

    VER O DETALLE DO TERMO