"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • ariante gráfica do nome persoal Bertomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista italiano. Profesor nas universidades de Càller e de Nápoles, orientou a súa investigación cara á lingüística histórica. Destacan os seus estudios sobre historias de palabras, especialmente de Botánica; tamén se ocupou do substrato e da metodoloxía dialectal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse nas escolas de Arquitectura de Madrid e Barcelona, onde reside. As diversas obras realizadas en Galicia reflicten o seu interese pola introdución de propostas arquitectónicas mediterráneas: o consultorio do Doutor Bertólez (A Pobra de Trives, 1982). Xunto a Anna Martínez Durán é autor da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Ourense e da Oficina de Turismo e Servicios Sociais de Pobra de Trives (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico, óptico e farmacéutico. Fundou a adega Arriana en 1992 (Denominación de Orixe Rías Baixas) situada no Condado de Tea, na fronteira entre Galicia e Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Constructor italiano de violíns, tamén chamado Gasparo de Saló. Instalou o seu obradoiro en Brescia. Está considerado un dos creadores da forma actual do instrumento. Deste creador son famosas, sobre todo, as violas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista e realizador cinematográfico. Foi o introdutor dun estilo visual caracterizado polos movementos de masas perfectamente coordinados e coreografados, acompañado de complexas rodaxes coa cámara e unha montaxe estilizada. Entre as súas películas destacan: La commare seca (A severa colleita, 1962), Partner (1968), Il conformista (O conformista, 1970), Last tango in París (O último tango en París, 1972), con Marlon Brando, un filme erótico que resultou polémico por algunha das súas escenas, e Novecento (1975-1976), con música de Ennio Morricone e fotografía de Vittorio Storaro. En 1987 dirixiu The last emperor (O derradeiro emperador), filme gañador de nove Oscar; este éxito permitiulle rodar no Sáhara The sheltering sky (O ceo que nos protexe, 1990), adaptación da autobiografía do escritor Paul Bowles. En 1993 realizou Little Buddha (O pequeno Buda) e en 1995 Stealing beauty (O marabilloso roubo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino procedente, a través do latín eclesiástico Bartholomaeus e do grego Bartholomáios (Bαρτο ϴ ολομάιος), do arameo Bar Talmai, forma composta por bar ‘fillo’ e Talmai, nome propio que algúns estudiosos identificaron co grego Ptolomeo. Outras variantes deste nome son Bartolo, Bartolomeu, Bertolameu; tamén se escoita Mertolameu, inda que se considera unha forma non etimolóxica. A forma hipocorística correspondente é Bértolo. San Bertomeu foi un dos doce apóstolos de cristo que posúe gran culto en galicia, onde é titular de 36 parroquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • , san Apóstolo de Cristo, de vida bastante descoñecida e contraditoria segundo as fontes. Nos evanxeos sinópticos aparece citado con este nome, pero no de san Xoán atéstase co de Natanael. Seica predicou en Palestina, India, Mesopotamia, Etiopia, Arabia, Persia ou Armenia; neste último país, o Rei pagán Astiaxe, furioso trala conversión da súa propia irmá, ordenou o seu martirio. Segundo o martiroloxio romano, foi esfolado vivo, mentres que para a tradición oriental, morreu crucificado e decapitado. Como taumaturgo de posesos curou demos agochados nas imaxes de ídolos e nos corpos dos entarangañados. En Galicia   é titular de 36 parroquias. Con santo Antón é avogoso do gando bovino, protexéndoo de enfermidades, e dos ataques dos lobos; con santa Bárbara é protector do raio, da faísca, da treboada e dos incendios. Protexe, tamén, os partos e os meniños, sobre todo os que choran asustados sen poderen durmir polas noites, así como os rebeldes e rebuldeiros: “Onde san Bertomeu for mentado /...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. No conservatorio de Madrid formouse como director de orquestra con Pérez Casas e en 1955 ingresou no corpo de bandas de música da Armada. Dirixiu a orquestra de cámara de Xuventudes Musicais de Palma de Mallorca, a banda de música da Escola Naval (1968) e a Coral Polifónica de Pontevedra, cargo no que permaneceu ata 1976. A súa achega á música galega é notoriamente importante como compositor e como harmonizador de melodías. Acadou numerosos premios musicais dentro e fóra de España, e as súas obras son interpretadas por agrupacións sinfónico-polifónicas de varios países. Entre a súa produción coral destacan: Tres cantigas de Pontevedra, Estando cosendo, Aquel que saleu agora e Canta ti. Tamén harmonizou a melodía popular Ábreme a portiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Renovo da col ou do nabo.

    2. Corazón do repolo ou da verza empregado como base dun dos pratos senlleiros da cociña nos pazos: os bertóns recheos de carne picada de vacún. Tamén se usan como gornición e noutros usos culinarios propios dos corazóns das verduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Allariz. As súas armas levan, en campo de azul, unha col de sinople con bertóns. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bertós.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo románico e crítico literario. Foi discípulo en Turín de Rodolfo Renier e Arturo Graf; logo estudiou en Florencia baixo a orientación de Pio Rajna e en Paris con P. Meyer, A. Jeanroy, J. Gilliéron e A. Thomas. Profesor nas universidades de Friburgo, Turín e Roma, fundou e dirixiu a revista Archivum Romanicum (1917-1941) e Cultura Neolatina (1941), e codirixiu o Giornale storico della letteratura italiana (1922). Estudiou a lingua como un medio de comunicación (lingua) e de expresión estilística (linguaggio). Colaborou con Matteo Bertoli, con quen asinou o Breviario di Neolingüistica (Breviario de Neolingüística, 1925), que contén os principios básicos da linguística espacial. En 1936 fundou o Instituto de Filologia Romanza, centro de estudios de prestixio e de moita actividade investigadora. Por iniciativa súa instituíuse o primeiro lectorado de Lingua e Literatura portuguesas en Italia. Desde 1952 foi académico da lingua...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe mariño de corpo alongado do xénero Phycis, que pertence á familia dos gádidos. Ten a boca grande, unha pequena barbela no queixo, dúas aletas dorsais, unha anal e as aletas pélvicas reducidas a un filamento bífido. É de cor gris acastañada no dorso e abrancazada nos lados e o ventre. Distínguense dúas especies: P. blennoides, de ata 75 cm de lonxitude, co terceiro e cuarto radio da primeira aleta dorsal moi alongados, que vive en fondos lamacentos entre 150 e 300 m de profundidade; e P. phycis, de ata 60 cm de lonxitude, que vive en fondos rochosos entre 100 e 200 m de profundidade. Consómese cocida con allada ou fritida. É unha das especies apropiadas para a caldeirada. É menos apreciado ca a pescada, pero en sazón son facilmente confundibles.

    2. Peixe mariño de corpo pesado e alongado de ata 30 cm de lonxitude. Ten a cabeza grande, case tan ancha coma longa, co fociño arredondado e unha pequena barbela no queixo. Presenta dúas aletas dorsais, a primeira reducida a tres radios curtos, e os primeiros radios das aletas pélvicas máis longos ca o resto. É de cor cincenta ou azulada no lombo e prateada no ventre. É un peixe solitario que vive na zona bentónica, a pouca profundidade, entre algas e rochas, onde se alimenta de crustáceos, moluscos e vermes. Distribúese no Atlántico, dende o Golfo de Bizkaia ata Noruega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Ribadeo. As súas armas levan, entre ondas de azul e prata, unha bertorella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de fabricación do aceiro pola oxidación do ferro fundido, nun convertedor (chamado Bessemer ou de Bessemer), mediante unha corrente de aire. O convertedor ten forma de bota cuns orificios na parte inferior polos que se inxecta o aire a presión que, ao pasar a través da fundición, permite a combustión das impurezas, que son eliminadas en forma de gases ou de escoura. Moi empregado durante o s XIX, cedeu despois importancia ao procedemento de Siemens-Martin, dando lugar ao procedemento LD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor. Cun repertorio moi extenso (dende o Barroco ata os autores contemporáneos), actuou por toda Europa. Como compositor destaca a súa obra para piano Seguit (Serie, 1972) e o Concerto para piano e orquestra. Exerceu tamén como director de orquestra e recibiu o primeiro premio de dirección en Anveres no ano 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñecen os receptores β ( receptor adrenérxico).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación farmaceútica do salicilato de 2-naftil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta do xénero Stachys, da familia das lamiáceas, anual ou perenne, con flores de cálice tubular e corola con dous labios; o superior plano e o inferior trilobado. En Galicia son comúns as especies S. arvensis, en terras cultivadas e S. officinalis e S. sylvatica, en bosques.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos cravos grandes que suxeitan a lamia no carro do país e ao mesmo tempo axustan a roda.

    2. Cravo de cabeza grande empregado para fixar as madeiras dos portelos.

    VER O DETALLE DO TERMO